Una ciudadana solicitó al Concello de Cangas el acceso a dos expedientes urbanísticos. El Ayuntamiento requirió acreditar la condición de interesada sin resolver la petición. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, ya que el derecho de acceso a la información pública no requiere motivación ni acreditación de interés particular.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se reconoce a todas las personas, siendo insuficiente la acreditación de la identidad del solicitante según el art. 17.2 de la Ley 19/2013.
2
No existe obligación de motivar la solicitud de acceso, y la ausencia de motivación no puede ser causa de rechazo de la petición.
3
Es irrelevante que el solicitante tenga o no relación con la administración, la materia solicitada o su lugar de residencia para ejercer este derecho.
4
El derecho de acceso no está condicionado a la acreditación de la condición de interesado, ya que la transparencia permite a la ciudadanía solicitar cualquier información pública que juzgue oportuna.
5
El Ayuntamiento debe dictar resolución expresa, procediendo a la disociación de datos personales de terceros si fuera necesario, conforme a los límites de los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 17 de outubro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de novembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 17
de outubro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional
quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello
de Cangas con data 10 de agosto de 2022, de acceso á copia completa dos expedientes XXX
e XXX, relativos a unha edificación situada diante da súa vivenda.
A reclamante indica que solicitado ao Concello a copia completa dos expedientes relativos as
comunicacións previas XXX e XXX, en relación a determinadas actividades urbanísticas e
industriais nunha edificación (nave) sita fronte á súa vivenda, pola alcaldía remitíuselle
escritos nos que sen resolver sobre o solicitado, se lle require para que acredite a súa
condición de interesada nos expedientes, extremo que considera que nada ten que ver coa
súa petición de información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do escrito remitido polo
Concello. A interesada achegou copia do seu DNI a requirimento desta Comisión, con data
do 11 de novembro.
Segundo. Con data do 27 de outubro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Concello de Cangas para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 1 de outubro de 2022 o Concello de Cangas contesta a petición
remitindo oficio no que comunica que se remitiu á reclamante un requirimento para que
presentara a condición de interesado o día 12 de agosto de 2022, do que remite copia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 176, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións
corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao
Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a
competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento
fronte a actos que non sexan expresos.
O Concello non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou acceso a determinados expedientes municipais que identifica co seu
numero, referentes a unha edificación, expedientes que de acordo coa definición contida na
normativa de Transparencia, débese considerar que se trata de información pública.
O dereito de acceso á información é un dereito fundamental recoñecido a nivel internacional
como tal, debido á natureza representativa dos gobernos democráticos e é un dereito
esencial para promover a transparencia das institucións públicas e para fomentar a
participación cidadá na toma de decisións. Ademais as Administracións Públicas fináncianse
con fondos procedentes dos contribuíntes e a súa misión principal consiste en servir aos
cidadáns polo que toda a información que xeran e posúen pertence á cidadanía.
O concepto de interesado en materia de transparencia, ten unhas peculiaridades respecto
do concepto de interesado nun procedemento administrativo. De acordo co disposto no
artigo 12 da Lei 19/2013, o dereito de acceso á información pública recoñécese a todas as
persoas, polo que é suficiente con acreditar a identidade do solicitante (artigo 17.2), non
existe obriga de motivar a solicitude (artigo 17.3) e se o interesado o fai, a motivación
poderá ser tida en conta cando se dite a resolución, sen que a ausencia de motivación, por si
soa poida ser causa de rexeitamento da solicitude.
É irrelevante que a solicitante de información pública teña ou non relación coa
administración, coa materia da que solicita información, ou o seu lugar de residencia. O
dereito de acceso á información pública non vén determinado polo feito dun interese
concreto ou específico da solicitante, nin está condicionada á acreditación da súa condición
de interesada, debendo calquera solicitude cuxa materia non estea excluída ou limitada no
seu acceso pola normativa vixente, ser resolta non senso de conceder o acceso á
información, porque a transparencia implanta no ordenamento xurídico o dereito da
cidadanía a solicitar dos seus gobernantes, das súas Administracións e de calquera entidade
que manexe fondos públicos, calquera información pública que xulgue oportuna. O dereito
dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica
e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o
dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta
deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación
pública.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo o
Concello ditar resolución expresa, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma
e, se procede, dar audiencia de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 19/2013, aos
terceiros que poidan resultar afectados pola resolución que de dite, de forma motivada,.
realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma
clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de
que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese
público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei).
Debe lembrarse ao Concello de Cangas que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 17 de outubro de 2022,
contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o
Concello de Cangas con data 10 de agosto de 2022, de acceso á copia completa dos
expedientes XXX e XXX, relativos a unha edificación situada diante da súa vivenda.
Segundo: Instar ao Concello de Cangas, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda
á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei
19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Cangas, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.