Se solicitó al Concello de O Porriño el acceso al expediente de una adenda al inventario municipal de un camino catastrado. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la interesada reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento facilitar la información solicitada.
Puntos clave de la argumentación
1
El expediente del inventario municipal se considera información pública según el artículo 13 de la Ley 19/2013.
2
La reclamación es admitida por presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
3
El derecho de acceso implica la obligación de recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
4
Se estima la reclamación debido a que el Ayuntamiento remitió el expediente a la Comisión pero no acreditó haberlo facilitado a la interesada.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 7 de novembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de novembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7
de novembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional
quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada, perante o Concello
de O Porriño con data 15 de setembro de 2022, de acceso ao expediente de Adenda XXX ao
inventario municipal do camiño catastrado como XXX, sito en a Levada-Mosende
A reclamante indicou que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 9 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación
achegada pola reclamante ao Concello do Porriño para que, en cumprimento da normativa
de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A solicitude recibiuse pola Administración con data do 10 de novembro de 2022.
Terceiro. Con data do 17 de novembro de 2022, o Concello do Porriño contesta a petición,
remitido oficio ao que acompaña copia do expediente solicitado pola interesada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter
potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na
súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no
artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das
Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no
seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades
Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións
corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao
Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a
competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento
fronte a actos que non sexan expresos.
Non consta que o Concello do Porriño resolvese expresamente a solicitude de acceso á
información, polo que tendo transcorrido o prazo que establece o artigo 20 da Lei 19/2013,
debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou ante o Concello, o acceso a un expediente do inventario municipal que
identifica coa súa denominación, expediente que débese considerar información pública de
acordo co disposto no artigo 13 da Lei 19/2013.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública.
O Concello remitiu a esta Comisión, copia do expediente solicitado, sen que conste que o
mesmo se lle remitise á interesada ou se lle dera acceso en formato electrónico ou en
calquera outro formato.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo o
Concello dar á interesada, acceso ao expediente solicitado.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 7 de novembro de 2022,
contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada, perante o
Concello de O Porriño con data 15 de setembro de 2022, de acceso ao expediente de XXX ao
inventario municipal do camiño catastrado como parcela XXX sito en a Levada-Mosende
Segundo: Instar ao Concello de O Porriño, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de O Porriño, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.