El ciudadano solicitó al Concello de Vigo el expediente de una obra de saneamiento en la Rúa XXX. Ante el silencio administrativo, interpuso reclamación alegando riesgos para la salud pública. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder en 10 días, ya que la información es pública y no hubo oposición motivada.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible al basarse en una resolución presunta por silencio administrativo, permitiendo su interposición en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
2
La información solicitada sobre la ejecución de obras municipales se define como información pública al haber sido elaborada o adquirida en el ejercicio de las funciones del organismo.
3
El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante motive su petición.
4
El Concello de Vigo incurrió en una omisión al no responder ni a la solicitud inicial ni al requerimiento de informe de la Comisión da Transparencia.
5
El organismo insta al Ayuntamiento a resolver respetando los límites de acceso (datos personales) y advierte que el incumplimiento reiterado de los plazos de resolución constituye una infracción grave.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 25 de outubro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de decembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 25
de outubro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional
quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a
Concellería de seguridade, contratación e xestión municipal do Concello de Vigo con data 19
de setembro de 2022, de acceso á información pública sobre a execución da obra realizada o
pasado 9 de setembro de 2022 na Rúa XXX.
A reclamante indicaba que o pasado día 9 de setembro o Concello de Vigo levou a obras na
rede de saneamento da Rúa XXX, XXX, obras que consistiron nun parche no colector de
augas residuais da rúa en cuxa execución se deixou unha abertura directa á rúa que non xera
malos cheiros e supón un risco para a saúde pública de veciños e cidadáns usuarios da rúa,
tanto por contaminación do aire como por posibles pragas de ratos e insectos que proveñan
do devandito colector, e que solicitado acceso ao expediente, non obtivo resposta.
Segundo. Con data do 3 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación
achegada pola reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 4 de novembro de 2022, sen que polo
Concello se remitise o informe e a copia do expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións
corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao
Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a
competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento
fronte a actos que non sexan expresos.
O Concello de Vigo non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo
que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou ao Concello de Vigo o acceso a un expediente de execución dunha obra que
identifica claramente coa súa denominación, sen ter obtido resposta.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da
solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente
que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus
argumentos.
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
De acordo co anterior, débese entender que a información solicitada é información pública,
polo que debe o Concello resolver expresamente sobre o acceso, dando audiencia se
procede aos terceiros que podan resultar afectados pola resolución que se dite, de
conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, e examinando previamente se a
información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en
cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes ou
eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos
límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois
da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou
privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse ao Concello de Vigo que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013,
o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de
infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Vigo, de conformidade co disposto no artigo 35
da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran,
para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Concellería de seguridade,
contratación e xestión municipal do Concello de Vigo con data 19 de setembro de 2022, de
acceso á información pública sobre a execución da obra realizada o pasado 9 de setembro
de 2022 na Rúa XXX.
Segundo: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei
19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.