El solicitante pidió al Concello de Ponteceso acceso electrónico a dos expedientes de obras. El Ayuntamiento denegó el formato electrónico alegando que el interesado no tenía condición de parte interesada. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando a facilitar la información por vía electrónica ya que el derecho de acceso no requiere acreditar condición de interesado.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se reconoce a todas las personas, siendo irrelevante que el solicitante tenga o no relación con la administración o la materia solicitada.
2
No es exigible acreditar la condición de interesado en un procedimiento administrativo para ejercer el derecho de acceso a la información pública.
3
El acceso a la información debe realizarse preferentemente por vía electrónica, salvo que no sea posible o el interesado solicite otro medio.
4
Cualquier resolución que conceda el acceso en una modalidad distinta a la solicitada debe estar debidamente motivada, no siendo válida la falta de condición de interesado como motivo de denegación del formato electrónico.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 28 de outubro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de decembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 28
de outubro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 27 de
setembro de 2022, da Alcaldía do Concello de Ponteceso, pola que se resolve a súa solicitude
de acceso ao expediente XXX, para a elaboración, aprobación, replanteo e execución do
proxecto obxecto do contrato de obras de reparación, mellora e mantemento de diversos
espazos públicos nese concello, así como do expediente XXX de adxudicación do contrato
menor de obras medidas de seguridade en beirarrúa, camiño e praza pública municipal.
XXX indicaba que solicitou, no procedemento que se seguiu para a elaboración, aprobación,
replanteo e execución, previa adxudicación do proxecto obxecto do contrato de obras de
reparación, mellora e mantemento de diversos espazos públicos no concello de Ponteceso,
acceder a todos os documentos contidos no expedientes administrativos tramitados polo
Concello de Ponteceso posteriores á formalización da solicitude de autorización de Augas de
Galicia (memoria técnicas, proxecto, informes técnicos, xurídicos, de fiscalización,
autorizacións sectoriais etc. ), mediante a súa posta a disposición na sede electrónica do
Concello de Ponteceso. O Concello notificoulle resolución na que se lle concede acceso á
consulta de todos os documentos do expediente XXX, incluído o ditame xurídico emitido con
data 13 de setembro de 2022, o día e no horario que se lle indica. Respecto da copia de todos
os documentos contidos no expediente administrativo do contrato menor de servicios
subscrito co letrado para a elaboración do Informe xurídico, non procede acceder ó solicitado
toda vez que dito Informe foi encargado directamente polo Alcalde.
Os motivos alegados de oposición á dita resolución, a pesares da extensión da reclamación en
52 folios con abundante transcricións literais da súa solicitude, da resolución impugnada e de
artigos de normas administrativas, e alegacións sobre defectos de procedemento na
tramitación dos expedientes de obras e outros expedientes administrativos, ou validez dos
informes emitidos por quen non ten a condición de funcionario, no referente ao acceso á
información, pode resumirse no seguinte:
▪ Motivación errónea da resolución que pretende xustificar que se da a información en
modalidade distinta á solicitada, cunha motivación errónea, consistente en invocar
razóns de salvagarda de intereses de terceiros obxecto de protección, que son os da
súa nai, titular catastral das outras fincas rexistrais afectadas, negando o acceso
electrónico e condicionando o acceso.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 4 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante ao Concello de Ponteceso para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de novembro de 2022
Terceiro. Con data do 18 de novembro de 2022 o Concello de Ponteceso contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que non procede a posta a disposición na Sede electrónica
do Concello porque XXX non ten a condición de interesada no expediente, xa que é un terceiro
que non é promotor nin titular de dereito ou obriga algunha. Considera que procede que se
lle dea acceso a todos os documentos contidos no contrato de obras e de adxudicación do
contrato menor de obras, sempre salvagardando a normativa de protección de datos de
carácter persoal, ben mediante consulta dos expedientes en cuestión nas oficinas da entidade
local ou ben proporcionando copias da mesma nos termos que fixe a entidade local, pero non
por sede electrónica do Concello.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 28 de setembro de 2022 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do
Pobo con data do 28 de outubro de 2022, debe admitirse a reclamación por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou acceso en formato electrónico, a un expediente de obras, e resolveuse de forma
favorable ao acceso, pero non mediante a súa posta a disposición na Sede electrónica como
solicitou, por non ter a condición de interesada no expediente, senón mediante consulta dos
expedientes en cuestión nas oficinas da entidade local ou ben proporcionándolle copias.
O concepto de interesado en materia de transparencia, ten unhas peculiaridades respecto do
concepto de interesado nun procedemento administrativo. De acordo co disposto no artigo
12 da Lei 19/2013, o dereito de acceso á información pública recoñécese a todas as persoas,
polo que é suficiente con acreditar a identidade do solicitante (artigo 17.2), non existe obriga
de motivar a solicitude (artigo 17.3) e se o interesado o fai, a motivación poderá ser tida en
conta cando se dite a resolución, sen que a ausencia de motivación, por si soa poida ser causa
de rexeitamento da solicitude.
En todo caso, a Lei 1/2016, amplía aínda máis os dereitos do interesado, pois no artigo 24
equipara o interesado coa cidadanía en xeral. O dito artigo reforza o dereito da cidadanía ao
establecer que no exercicio do dereito ao acceso á información pública, garantiráselle ao
interesado a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización
previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou doutras Leis. Por tanto, é irrelevante
que o solicitante de información pública teña ou non relación coa administración, coa materia
da que solicita información, ou o seu lugar de residencia. O dereito de acceso á información
pública non vén determinado polo feito dun interese concreto ou específico do solicitante,
nin está condicionada á acreditación da súa condición de interesado, debendo calquera
solicitude cuxa materia non estea excluída ou limitada no seu acceso pola normativa vixente,
ser resolta non senso de conceder o acceso á información, porque a transparencia implanta
no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar dos seus gobernantes, das súas
Administracións e de calquera entidade que manexe fondos públicos, calquera información
pública que xulgue oportuna.
O artigo 22 da Lei 19/2013, establece que o acceso á información realizarase preferentemente
por vía electrónica, salvo que non sexa posible ou que a persoa interesada houbese sinalado
expresamente outro medio, debendo motivarse segundo dispón o artigo 20.2 da mesma Lei,
as resolucións que concedan o acceso nunha modalidade distinta á solicitada. No presente
caso, se ben existe unha motivación para non dar a información no formato solicitado –falla
de consideración da solicitante como interesada no expediente- esta motivación, como xa se
expresou, non pode ser aceptada, dado que non é esixible ter a condición de interesada nunha
solicitude de acceso á información pública.
Procede por tanto a estimación da reclamación presentada, debéndose por tanto dar acceso
á información na modalidade solicitada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 28 de outubro de 2022,
contra a Resolución do 27 de setembro de 2022, da Alcaldía do Concello de Ponteceso, pola
que se resolve a súa solicitude de acceso aos expedientes XXX e XXX no formato solicitado.
Segundo: Instar a Concello de Ponteceso, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda
á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Concello de Ponteceso, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.