Estimada 20/12/2022 · 47 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante solicitud de acceso a expediente urbanístico al Concello de Vigo, estimada por motivos formales

El interesado solicitó al Concello de Vigo el acceso a un expediente urbanístico. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), interpuso reclamación alegando la ausencia de contestación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento no resolvió en plazo, aunque posteriormente facilitó la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, ante la falta de resolución expresa en el plazo del artículo 20.1 de la Ley 19/2013, los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no obliga al solicitante a motivar su petición, conforme a los artículos 24 y 26.4 de la Ley 1/2016.
3 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que el Concello de Vigo no respondió la solicitud dentro del plazo legal establecido.
4 La resolución expresa del Ayuntamiento, que notificó la situación del expediente, fue emitida con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 3 de novembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de decembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 3 de novembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Vigo con data 8 de setembro de 2022, de acceso ao expediente XXX. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 8 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 24 de novembro de 2022 o Concello de Vigo contesta a petición remitindo o informe no que en resumo indícase que tal e como xa comunicou o representante da interesada na reclamación enviada á Comisión da Transparencia, a interesada solicitou á Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo vista e copia do Expediente XXX de reposición da legalidade urbanística, que lle foi concedida o día 1 de marzo de 2022. Na dita consulta a interesada puido constatar que a última actuación obrante no dito expediente foi o recurso de reposición interposto o 16 de novembro de 2021 pola propiedade, que esta pendente de resolución. Por tanto, o reclamante xa dispón do expediente completo que precisa desde o pasado 24/02/2022, de xeito que o último documento tramitado neste expediente con data de hoxe sigue sendo o mesmo que cando se lle deu acceso ao mesmo. Sen que se realizasen novas actuacións, tendo o representante da interesada á súa disposición o referido expediente. Esta información xa foi notificada ao representante da interesada con data 16/11/2022. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Vigo non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 20.1 da Lei 19/2013, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou do Concello o acceso a un expediente que identifica adecuadamente coa súa numeración, sen ter obtido resposta dentro do prazo que establece o artigo 20.1 da Lei 19/2013. O Concello ditou resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información, neste caso consistente na comunicación de que o expediente atópase no mesmo estado de tramitación ao que xa se lle deu acceso. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Única: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 3 de novembro de 2022, en relación á súa solicitude de acceso a un expediente urbanístico. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.