Una ciudadana solicitó a la Agencia de Turismo de Galicia el importe detallado de patrocinios privados y desgravaciones fiscales del Xacobeo 21-22. Tras recibir solo un enlace web incompleto, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación al considerar que la Administración no remitió la solicitud al órgano competente (Consejo Jacobeo).
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información implica recibir una respuesta documentada y completa, no siendo admisible la remisión de un enlace web que solo contiene parte de lo solicitado.
2
La información pública debe basarse en datos ya existentes y disponibles en poder del organismo en el momento de la solicitud.
3
Según el artículo 19.1 de la Ley 19/2013, si la información no obra en poder del órgano solicitado, este tiene la obligación de remitir la solicitud al órgano que posea dicha información.
4
La Agencia de Turismo de Galicia incumplió su obligación de trasladar la solicitud al Consejo Jacobeo, órgano responsable de la certificación de beneficios fiscales.
5
Se insta a la Agencia a responder a la petición en un plazo de 10 días hábiles siguiendo el procedimiento de remisión al órgano competente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 4 de novembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de decembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 4
de novembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Axencia de Turismo
de Galicia pola que se resolve admitir o acceso á información sobre o Xacobeo 21-22 á que
se refire a súa solicitude de data 26 de setembro de 2022.
XXX indica que solicitou á Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia, coñecer o
importe global das aportacións económicas procedentes de empresas privadas en concepto
de patrocinio que se incorporaron ao fondo do Xacobeo 21-22, o desglose coas empresas e
as aportacións feitas por cada unha delas como patrocinio para ese fondo, se a Xunta ten un
cálculo da cantidade que supoñen as desgravacións fiscais para estas empresas que aportan
fondos a través de patrocinios e o cálculo, de forma individualizada e tamén global, do
importe das desgravacións fiscais para esas empresas.
A resolución admitiu o acceso dándolle a información a través do portal Xacobeo 2021 do
que lle remiten o enlace. Indica a interesada que no enlace figuran os nomes dos
patrocinadores, pero non o resto de información que se solicitou, como as aportacións feitas
por cada un deles e o impacto das desgravacións fiscais.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 8 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante á Axencia Turismo de Galicia para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A solicitude foi recibida pola Axencia con data do 10 de novembro de 2022.
Terceiro. Con data do 29 de novembro de 2022 a Axencia Turismo de Galicia contesta a
petición remitindo o informe no que en resumo indícase que na páxina web á que se remitiu
á XXX hai un apartado concreto dedicado ao patrocinio, no que se fan unha serie de
consideracións xerais, nas que se indica que as formas xurídicas mediante as cales as persoas
físicas e xurídicas poden contribuír á programación do Xacobeo 2021 son o convenio de
colaboración con empresas, contrato de patrocinio e convocatorias públicas e competitivas.
Na páxina hai dous documentos de descarga, un relativo aos beneficios fiscais polo apoio ao
Xacobeo 2021 e un manual de información para empresas patrocinadoras e finalmente
aparece a relación de empresas patrocinadoras.
Indica o informe que no manual de información para empresas patrocinadoras que se pode
descargar, aparece o papel que xoga o Consejo Jacobeo, órgano de cooperación entre a
Administración Xeral do Estado e as CCAA, no procedemento de certificación acreditativa e
recoñecemento dos beneficios fiscais ás empresas patrocinadoras, polo que é este o órgano
que pode dispoñer da información solicitada pola interesada e que esta sinala que Turismo
de Galicia non lle facilitou.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
A resolución recorrida foi notificada á interesada o 29 de outubro de 2022, segundo consta
no expediente, e a reclamación presentouse con data do 4 de novembro de 2022, polo que
debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou coñecer o importe das aportacións económicas de empresas privadas ao fondo
do Xacobeo 21-22, con desglose do aportado por cada empresa e o cálculo das cantidades
que supoñen as desgravacións fiscais para estas empresas e se lle remitiu un enlace á web o
que figuran os nomes dos patrocinadores, pero as aportacións feitas e as desgravacións
fiscais.
A Axencia Turismo de Galicia informa que na dita web, existe un manual de información no
que figuran as funcións que ten atribuídas o Consejo Jacobeo, no procedemento de
certificación acreditativa e recoñecemento dos beneficios fiscais ás empresas
patrocinadoras, e que é este órgano o que pode dispoñer da información solicitada.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública, sen que se poida admitir que se lle remita unicamente un link á
información publicada na web do organismo no que contense unicamente parte da
información solicitada.
De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e
dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se
produce a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio
das súas competencias.
No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou
unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose
obrigatorio facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou ben simplemente porque
non é necesario ou non é posible elaborala porque non se dan as circunstancias para facelo,
o suxeito obrigado cumpre, indicando ao solicitante con claridade, que a información
solicitada non existe.
No caso de que se solicite unha información ou documentación que non obre en poder do
órgano ao que se lle solicita, de conformidade co disposto no artigo 19.1 da Lei 19/2013, ten
este a obriga de remitir a solicitude ao órgano que posúa esa información, debendo informar
desta circunstancia ao solicitante, obriga que neste caso a Axencia non cumpriu.
De acordo co anterior, debe Axencia Turismo de Galicia remitir a solicitude da reclamante a
Consejo Jacobeo para que resolva sobre a mesma, comunicando esta circunstancia á
solicitante.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 4 de novembro de 2022,
contra a Resolución da Axencia de Turismo de Galicia pola que se resolve admitir o acceso á
información sobre o Xacobeo 21-22 á que se refire a súa solicitude de data 26 de setembro
de 2022.
Segundo: Instar á Axencia Turismo de Galicia a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada de acordo co indicado no fundamento xurídico
quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de
decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Axencia Turismo de Galicia, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.