Estimada 20/12/2022 · 46 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante la AMTEGA sobre el sistema de reservas del parque nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas y estimación de la misma

El solicitante pidió a la AMTEGA información sobre las entidades operadoras del sistema de reservas del parque nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación e insta a la AMTEGA a responder en 10 días, ya que no justificó la denegación ni respondió al requerimiento del órgano.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es de amplio ámbito objetivo y subjetivo, no obligando al solicitante a motivar su petición.
2 La falta de respuesta expresa de la AMTEGA permite la admisión de la reclamación, ya que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento.
3 La administración tiene la obligación de proporcionar una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
4 La AMTEGA debe resolver expresamente, evaluando si la información está sujeta a límites legales y procediendo a la disociación de datos personales si fuera necesario.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX , mediante escrito do 4 de novembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de decembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 4 de novembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, fronte a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) con data 5 de setembro de 2022, de acceso á información pública sobre os requisitos, condicións de acceso e número e denominación das entidades operadoras autorizadas como usuarias do sistema de xestión de reservas de acceso ao parque nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada. Consta na documentación remitida, o certificado dixital de XXX. Segundo. Con data do 8 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente, sen que se remitise o informe e copia do expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou da AMTEGA o acceso aos requisitos, condicións de acceso e número e denominación das entidades operadoras autorizadas como usuarias do sistema de xestión de reservas de acceso ao parque nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas. Pola Comisión da Transparencia solicitouse á Axencia a achega do seu criterio respecto da solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública no que o posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra, é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. Debe por tanto a Axencia, resolver expresamente sobre o acceso, dando audiencia se procede aos terceiros que podan resultar afectados pola resolución que se dite, de conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, e examinando previamente se a información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei). A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse á AMTEGA que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse á Axencia, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 4 de novembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) con data 5 de setembro de 2022, de acceso á información pública sobre os requisitos, condicións de acceso e número e denominación das entidades operadoras autorizadas como usuarias do sistema de xestión de reservas de acceso ao parque nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas. Segundo: Instar á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.