El interesado solicitó a la Federación Galega de Tiro con Arco las actas de los cursos de monitor (2020-2022). Tras la denegación basada en protección de datos, el solicitante reclamó alegando que la información es pública. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque las federaciones deportivas son entidades privadas y no sujetos obligados directos.
Puntos clave de la argumentación
1
Las federaciones deportivas gallegas son entidades privadas que, aunque ejercen funciones públicas delegadas, no están incluidas en el ámbito subjetivo de aplicación de la normativa de transparencia al mismo nivel que las entidades públicas.
2
La obligación de publicidad activa de estas entidades se limita a la publicación de contratos, convenios, subvenciones recibidas, presupuestos y cuentas anuales cuando superan ciertos límites.
3
En cuanto a la publicidad pasiva, las personas privadas que ejerzan potestades administrativas deben suministrar la información a la Administración vinculada para satisfacer el derecho de acceso, pero no directamente al ciudadano.
4
El ciudadano debe solicitar la información al órgano competente de la Xunta de Galicia en materia de deporte y no directamente a la federación deportiva.
5
Se procede a la inadmisión de la reclamación conforme al artículo 116.c) de la Ley 39/2015 al haberse dirigido contra un organismo no incluido en el ámbito de aplicación de la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 11 de novembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de decembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 11
de novembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a contestación da Federación
Galega de Tiro con Arco de data 7 de novembro de 2022 sobre a súa solicitude de acceso á
información de data 24 de outubro de 2022, na que solicita copia das actas dos cursos de
monitor celebrados e/ou finalizados durante os anos 2020, 2021 e 2022.
O reclamante indicaba que solicitou á Federación Galega de Tiro con Arco, copia das actas
dos Cursos de Monitor dos anos 2020 a 2022. Indica que a listaxe dos monitores da
Federación xa figuraba en documento público a efectos do Censo Electoral, e que recibiu
contestación da Federación na que se lle indica que a normativa non obriga a publicar as
actas dos cursos de monitores, nin a achegalas a un terceiro.
O reclamante remitiu solicitude á Vicepresidencia de Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia
co fin de que se solicitase dita información ou se lle manifeste á Federación o que considera
que é a súa obrigación remitir a mesma.
A Vicepresidencia remitiu notificación a ambas as partes, lembrando á Federación que é
suxeito obrigado consonte o disposto na normativa de Transparencia, e con data do 24 de
outubro ante a inacción da Federación, o interesado remitiu correo co fin de que se dese
cumprimento á petición.
A Federación remitiulle escrito no que se lle comunica que as actas que puideron recompilar
serán remitidas á Secretaría para o Deporte como órgano superior do que depende a
Federación, e invocando a normativa de protección de datos para denegar a entrega da
documentación.
O interesado comunica á Federación que as limitacións á Lei de Transparencia veñen
reflectidas na propia lei 19/2013, art. 14 e 15 e a Federación en escrito remitido con data do
7 de novembro lle manifesta que como suxeito obrigado pola normativa de Transparencia,
debe dar publicidade activa, pero que esta normativa, en ningún caso, establece que a
información que require deba ser facilitada, e que dende a Federación pódese expedir
certificación das actividades, sen que na mesma detállense datos persoais de persoa
algunha.
Reitera o reclamante que a lista de monitores figura en documento público; que non se trata
de datos especialmente protexidos os que figuran nas actas e que o único obxectivo da
petición realizada é coñecer a data de obtención do título dos participantes nos cursos 2019
a 2022, como figuran na acta publicada na páxina web da Federación de 01/05/2019 da que
achega copia, e na que figuran os nomes, apelidos, número de licencia e cualificación obtida.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI e dos escritos
remitidos pola Federación.
Segundo. Con data do 21 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante á Federación Galega de Tiro con Arco para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
Terceiro. Con data do 7 de decembro de 2022 a Federación Galega de Tiro con Arco
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a Secretaría Xeral de Deporte remitiu á Federación
un comunicación na que se lle indica que a Federación ten a obriga de informar para garantir
a transparencia da súa actividade e actuacións en cumprimento da normativa de
Transparencia.
A Federación con data do 25 de outubro de 2022 remitiu escrito ao interesado no que lle
comunica que é suxeito obrigado pola normativa de Transparencia pero que a
documentación está suxeita á Lei de protección de datos, e pode conter datos sensibles que
non poidan nin deban ser mostrados a terceiros, sen prexuízo de que se emita o
correspondente certificado que acredite que os datos facilitados para a elaboración e
obtención do Censo Inicial, son correctos e todos aqueles que o integran, cumpren cos
requisitos que establece o Regulamento Electoral.
A Federación comunica ao reclamante que as actas que puido recompilar, as remitirá á
Secretaría Xeral para ou Deporte, para que decida sobre a súa remisión, por considerar que
a Comisión Xestora da Federación, non ten a autoridade suficiente para darlle traslado das
mesmas, sen que se arrisque a que se presente unha demanda por divulgación dos datos.
A Federación entende que a documentación solicitada non se atopa dentro dos supostos
que contempla a Lei 1/2016 xa que esta obriga a facilitar información sobe as contas e
comunicacións formalizadas polas circulares oficiais para coñecemento de todos, emprego
público, remuneracións, etc e as actas da Asemblea, pero non as actas dos cursos, prácticas
e demais información solicitada.
Na páxina da WEB da Real Federación Española de Tiro con Arco, tampouco aparecen actas
coas cualificacións dos distintos cursos formativos para xuíces e técnicos que convocan e
realizan desde a propia Federación. Considera que as actas emitidas polos responsables dos
devanditos cursos formativos, son confidenciais por conter datos persoais e protexidos.
Indica a Federación que as actas e documentación cuxa exhibición solicita veñen referidas a
procesos que non foron impugnados e cuxos resultados, debidamente certificados foron
notificados tanto aos interesados como colgados na páxina web da Federación, e os datos
que se pretenden agora ten un contido claramente persoal e, en consecuencia, protexido.
Cita a Federación unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea Asunto C-434/16,
sobre se as respostas escritas proporcionadas por un aspirante durante un exame
profesional e as posibles anotacións do examinador sobre estas son datos de tipo protexido
e na que o tribunal conclúe que as respostas escritas dun aspirante nun exame profesional
son precisamente datos relacionados coa súa persoa.
Indica a Federación que algunhas das persoas mencionadas e que consideran que deberían
contar co seu consentimento, e que son descoñecedoras do presente proceso e poderían
interpoñer a subseguinte denuncia contra a FGTA, agás mandamento xudicial explícito, xa
que non se atopa entre nós, debendo no seu caso, tratar de localizar aos seus familiares,
para obter a consecuente autorización, como herdeiros do seu legado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a
comunicación que impugna con data do 7 de novembro e a reclamación a presentou con
data do 11 do mesmo mes, debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O obxecto da reclamación é a desconformidade coa denegación de acceso dunha Federación
deportiva, ás copias das actas dos cursos de monitor celebrados e/ou finalizados durante os
anos 2020 a 2022.
As federacións deportivas galegas, de acordo co disposto no artigo 51 da Lei 3/2012, do 2 de
abril, do deporte de Galicia, son entidades privadas, sen ánimo de lucro, con personalidade
xurídica propia e plena capacidade de obrar, na que se integran os clubs, as seccións
deportivas, os deportistas, os técnicos, os xuíces, os árbitros e outros colectivos interesados,
co obxectivo de promover, practicar e, en xeral, contribuír ao desenvolvemento dunha
mesma modalidade ou especialidade deportiva.
As federacións deportivas galegas, de acordo co que establece a referida Lei, ademais das
funcións propias do seu ámbito de actuación privada, exercen, as funcións públicas de
carácter administrativo recollidas no artigo 56.4, que se exercen por delegación e nas que as
federacións actúan como axentes colaboradores da Administración e baixo a súa tutela e
coordinación. Entre as ditas funcións públicas atópanse a de representar a Comunidade
Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas, organizar as competicións
oficiais autonómicas federadas, expedir licenzas deportivas, asignar as subvencións e as
axudas de carácter público e controlar que os seus asociados lles dean unha correcta
aplicación, garantir o cumprimento das normas de réxime electoral, exercer a potestade
disciplinaria, entre outras.
Como entidades privadas, non están incluídas no ámbito de aplicación da normativa de
Transparencia ao mesmo nivel que as entidades públicas. O artigo 3.2 da Lei 1/2016 e o
artigo 3 da Lei 19/2013, unicamente lles impón como obriga de publicidade activa, no caso
de recibir subvencións públicas por enriba de determinados límites, publicar información
referente a contratos ou convenios celebrados con algunha Administración pública; as
subvencións recibidas da Administración pública; orzamentos e as contas anuais, e respecto
da publicidade pasiva, as persoas privadas que presten servizos públicos ou exerzan
potestades administrativas estarán obrigadas a subministrar información á Administración á
que se atopen vinculadas para satisfacer o dereito de acceso dos cidadáns (artigo 4), polo
que os cidadáns unicamente poden solicitar información ao órgano competente da Xunta de
Galicia en materia de deporte, pero non directamente ás federacións deportivas.
De acordo co anterior, ao dirixirse a reclamación contra unha resolución de acceso á
información presentada ante un organismo non incluído dentro do ámbito subxectivo do
artigo 3.1 da Lei 1/2016 e 2 da Lei 19/2013, procede a inadmisión da reclamación, de acordo
co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 11 de novembro de 2022,
contra a contestación da Federación Galega de Tiro con Arco á súa solicitude de acceso ás
copias das actas dos cursos de monitor celebrados e/ou finalizados durante os anos 2020 a
2022.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.