Se solicitó a la Deputación Provincial da Coruña información sobre subvenciones concedidas al Club náutico Firrete-Fragas do Eume. La interesada alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por carecer de fundamento, ya que se acreditó que la información fue enviada telemáticamente en plazo.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión da Transparencia es el órgano competente para resolver reclamaciones contra entidades locales de Galicia según la disposición adicional quinta de la Ley 1/2016.
2
El derecho de acceso a la información pública permite a cualquier persona acceder a documentos elaborados o adquiridos en ejercicio de funciones públicas sin necesidad de motivar la solicitud.
3
Se constató que la administración remitió la información solicitada en dos ocasiones: primero vía sede electrónica y posteriormente por correo electrónico a petición de la interesada.
4
La reclamación fue inadmitida basándose en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015, al quedar demostrado que la solicitud fue atendida dentro del plazo legal, careciendo así de fundamento la alegación de silencio administrativo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito remitido polo Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno con data do 11 de novembro de 2022, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 20 de decembro de 2022, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito remitido polo Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 11 de novembro de 2022, unha
reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo
da súa solicitude presentada perante o Ministerio de Cultura y Deporte con data 13 de xullo
de 2022, e trasladada por esta con data do 14 de xullo de 2022 á Deputación Provincial da
Coruña, de información sobre a cantidade e contía das axudas económicas ou subvencións
concedidas pola dita Deputación ao Club náutico Firrete-Fragas do Eume dende o ano 2000.
A reclamante indicaba que non recibiu contestación á súa solicitude, asinada con certificado
electrónico.
Segundo. Con data do 21 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante á Deputación Provincial da Coruña para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 9 de decembro de 2022 a Deputación Provincial da Coruña contesta a
petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que tras a recepción do oficio do Ministerio de Cultura y
remitindo a solicitude de acceso a información pública presentada pola reclamante, o
Servizo De Acción Social, Cultural e Deportes, comprobou a información dispoñible sobre as
subvencións concedidas ao Club Náutico Firrete e, con data do 15 de xullo de 2022, remitiu a
información de xeito telemático ao correo electrónico indicado pola interesada. A interesada
con data do 18 de xullo de 2022 remitiu solicitude na que indica que no dispón de certificado
dixital e que se lle remita por correo electrónico, información que se lle remitiu por este
medio con data do 19 do mesmo mes.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións
corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao
Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a
competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
A interesada solicitou da Deputación Provincial información sobre a cantidade e contía das
axudas económicas ou subvencións concedidas pola dita Deputación a un club Náutico, e
presentou reclamación contra a desestimación, por silencio administrativo da súa solicitude.
De acordo coa copia do expediente remitido pola Deputación, a información lle foi remitida
dentro do prazo que establece a Lei 19/2013 para as solicitudes de acceso á información,
primeiro por sede electrónica e despois no correo electrónico indicado pola interesada.
Por tanto, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da
reclamación presentada, por carecer manifestamente de fundamento.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 11 de novembro de 2022,
contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de información á
Deputación Provincial da Coruña sobre a cantidade e contía das axudas económicas ou
subvencións concedidas pola dita Deputación a un Club náutico.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.