Estimada 20/12/2022 · 34 días en resolverse

Acceso al expediente administrativo de designación de perito judicial y estimación formal de la reclamación por silencio administrativo

El solicitante pidió acceso al expediente de designación de un perito judicial a la Vicepresidencia Primera y Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no resolvió en plazo y solo lo hizo tras interponerse la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible por haber sido presentada en plazo, dado que la administración no resolvió la solicitud dentro del término establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no obliga al solicitante a motivar su petición, conforme al artículo 26.4 de la Ley 1/2016.
3 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la resolución expresa de la administración fue notificada con posterioridad a la interposición del recurso ante la Comisión.
4 La resolución deja abierta la posibilidad de que el interesado presente una nueva reclamación contra la resolución expresa si considera que el contenido de la misma no es satisfactorio.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 16 de novembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de decembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 16 de novembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación con data 8 de outubro de 2022, de acceso ao expediente administrativo que culminou co oficio con referencia XXX, polo que se comunicou a designación de XXX como perito xudicial. O reclamante, en resumo, indica que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 24 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro.- Con data do 2 de decembro de 2022, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación contesta á petición remitindo informe e copia do expediente solicitado. No informe indícase que con data do 25 de novembro de 2022 o secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación resolveu permitir o acceso ao interesado á información solicitada, previo pago da taxa correspondente polo que unha vez acreditado o pago da dita taxa, o 1 de decembro de 2022 remitíuselle ao interesado a documentación. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación non resolveu a solicitude dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón que emitiu resolución unha vez que o interesado tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O reclamante solicitou acceso a un expediente de designación dun perito, sen ter obtido resposta á súa solicitude. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á mesma tras o abono das correspondentes taxas. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 16 de novembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación con data 8 de outubro de 2022, de acceso ao expediente administrativo de designación dun perito xudicial. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.