Estimada 20/12/2022 · 27 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Sarria sobre el acceso a información catastral de una parcela municipal

Se solicitó al Concello de Sarria información sobre el año de inscripción y título de una parcela catastral. El solicitante alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque, aunque el Ayuntamiento realizó averiguaciones, no dictó ni notificó una resolución expresa formal.

Puntos clave de la argumentación

1 El acceso a la información sobre el año de inscripción y título de una parcela catastral propiedad del Ayuntamiento constituye información pública según la Ley 1/2016.
2 El derecho de acceso implica la obligación de la Administración de notificar una resolución expresa sobre la solicitud.
3 La ausencia de una resolución expresa notificada conlleva la estimación de la reclamación por silencio administrativo.
4 Se insta al Ayuntamiento a responder a la petición en un plazo de 10 días hábiles, respetando los límites legales de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 23 de novembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de decembro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 23 de novembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Sarria con data 14 de outubro de 2022, de acceso á información pública sobre o ano de inscrición e título da parcela catastral XXX, inscrita no Catastro Inmobiliario a nome do Concello de Sarria. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, de poder de representación e de copia dos DNI de representante e representado. Segundo. Con data do 30 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Sarria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 7 de decembro de 2022 o Concello de Sarria contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que recibida a solicitude de acceso á información, polos servizos administrativos e xurídicos do Concello de Sarria constatouse que a parcela sita na rúa XXX, con referencia catastral XXX, correspóndese coa finca sita na mesma rúa con referencia catastral XXX e figura no catastro con dúas referencias catastrais distintas porque ten unha parte en solo urbano e outra en solo rústico e de acordo co certificado do Catastro, a parcela con referencia catastral XXX, figura como titularidade do Concello de Sarria. Comprobado o inventario municipal, resulta que figura no mesmo a parcela n.° XXX coa súa descrición e na que figura a quen foi adquirida e o seu prezo, formalizada en escritura de compravenda do 16 de outubro de 1989. Ao figurar no catastro con dúas referencias catastrais distintas por ter unha parte en solo rústica e outra en solo urbano, e figurar na escritura de compravenda cunha superficie de 400 m2 aproximadamente e na cartografía catastral cunha superficie de 1.184 m2, resultaba necesario comprobar si a finca descrita na escritura trátase da mesma que consta na cartografía catastral, e si os 400 m2 propiedade do Concello de Sarria corresponden á parte de solo urbano ou á de solo rústico. Na documentación contida nos expedientes relativos ás sesións do pleno do Concello de Sarria celebradas no ano 1.989, permitiu comprobar que no expediente figura un informe do arquitecto técnico municipal relativo á citada finca xunto cun plano da normativa do planeamento urbanístico vixente no momento no Concello de Sarria, no que se situaba claramente a finca adquirida polo Concello de Sarria na parte de solo urbano da finca con referencia catastral: XXX. Acreditada polo tanto a propiedade do Concello de Sarria sobre a citada finca na parte que linda polo leste coa rúa Greco, queda con todo por determinar sobre o terreo o deslinde concreto da parcela polo que, previa a calquera outra actuación administrativa, a asesoría xurídica do Concello de Sarria contactou coa representación da reclamante con data do 23 de novembro de 2022, para informalo sobre as averiguacións realizadas e facilitarlle a documentación obtida. Considera o Concello que non semella ter moito xeito que xusto despois de recibida a información solicitada formulase reclamación por non tela recibido. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. No presente caso, non consta que polo Concello se notificase resolución expresa sobre a solicitude de acceso á información, polo que tendo transcorrido o prazo que establece o artigo 20.2 da Lei 19/2013, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada, a través do seu representante, solicitou do Concello acceso á información sobre o ano de inscrición e título dunha parcela catastral inscrita a nome do Concello, que identifica coa súa referencia. Polo Concello se informa que se fixeron as averiguacións correspondentes e que se contactou co representante da solicitante para comunicarlle o resultado das averiguacións, sen que conste que se ditase e notificase resolución expresa sobre a solicitude de acceso á información presentada. O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública no que o posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra, é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións, polo que o acceso á información sobre o ano de inscrición e título dunha parcela catastral inscrita a nome do Concello debe considerarse información pública. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a que lles sexa notificada resolución expresa sobre a súa solicitude, resolución que no presente caso, non costa que se ditase. De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, lembrando ao Concello a súa obriga de ditar resolución expresa sobre a solicitude proporcionando á solicitante a información da que dispoña, e que non estea afectada por algún dos límites establecidos nos artigos 14 ou 15, nin concorran na mesma causa algunha de inadmisión das establecidas no artigo 18, en cuxo caso debe xustificarse convintemente no expediente. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX, con data do 23 de novembro de 2022, contra a Reclamación contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Sarria con data 14 de outubro de 2022, de acceso á información pública sobre o ano de inscrición e título da parcela catastral XXX, inscrita no Catastro Inmobiliario a nome do Concello de Sarria. Segundo: Instar ao Concello de Sarria a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Sarria a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.