El interesado solicitó a la Dirección Xeral de Función Pública acceso a la documentación del tribunal de un proceso selectivo de biología. Alegó que, al haber finalizado el proceso, ya no sería aplicable la exclusión por procedimiento en curso. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por falta de competencia, ya que la solicitud se realizó mientras el proceso estaba activo.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de acceso se realizó el 22 de febrero de 2022, momento en el que el proceso selectivo aún se encontraba en curso.
2
Se aplica la Disposición Adicional primera de la Ley 19/2013, que establece que el acceso a la información de un procedimiento administrativo en curso debe regirse por la normativa propia de dicho procedimiento y no por la de transparencia.
3
El hecho de que el proceso selectivo haya finalizado posteriormente (10 de noviembre de 2022) no altera la naturaleza de la solicitud original ni la competencia del órgano.
4
La Comisión determina que carece de competencias en la materia, debiendo tramitarse la reclamación y los recursos correspondientes según la normativa del proceso selectivo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 23 de novembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de decembro de 2022, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 23
de novembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 6 de abril de 2022,
da Dirección Xeral de Función Pública pola que se desestima a súa solicitude de acceso á
documentación do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola
quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de
ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante Orde do 22 de
novembro de 2019.
O reclamante en resumo indica que se lle notificou a resolución con data do 7 de abril de
2022.
Indica que con data do 24 de abril de 2022, solicitou á Comisión da Transparencia de Galicia
que instase á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración
Pública da Xunta de Galicia a que lle trasladase copia da documentación solicitada con data
do 22 de febreiro de 2022, cuxo acceso lle foi denegado e con data do 6 de xullo de 2022, a
Comisión da Transparencia de Galicia inadmitiu a súa reclamación no expediente RSCTG
63/2022, por tratarse, de acordo coa Disposición Adicional primeira da Lei 19/2013, de
reclamación presentada por interesado nun procedemento administrativo en curso.
Indica que con independencia do seu desacordo coa dita resolución, de acordo coas bases
da convocatoria do proceso selectivo, unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal
publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron. Con data do 21 de
novembro de 2022, publicouse a Resolución do 10 de novembro de 2022, do tribunal
cualificador do proceso selectivo na que se fai pública a relación de aspirantes que
superaron o proceso selectivo, polo que considera que dado que o procedemento non se
atopa en curso, se admita a trámite a reclamación e se inste pola Comisión da Transparencia
á Dirección Xeral de Función Pública a que se lle dea traslado da información solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O interesado presentou reclamación inicialmente contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude de acceso a documentación xerada polo tribunal encargado
dun procedemento selectivo no que participa e no que por tanto ten a condición de
interesado, e posteriormente, unha vez que se ditou resolución pola Dirección Xeral de
Función Pública, presentou reclamación contra a resolución pola que se lle denega o acceso,
reclamación que foi inadmitida por esta Comisión (expediente RSCTG 63/2022), polos
motivos que figuran nela. Non procede que por esta Comisión, se entre a valorar os motivos
polos que o interesado esta desconforme con esa resolución, que unicamente poderían
dirimirse nun procedemento contencioso-administrativo.
Como se indicou nos fundamentos xurídicos da Resolución do expediente RSCTG 63/2022, a
aplicación da disposición adicional primeira 1 procede cando un interesado nun
procedemento administrativo presenta unha solicitude de acceso á información cando o
procedemento está en curso, debéndose rexer este acceso pola normativa propia deste
procedemento (neste caso un procedemento selectivo) tanto na súa fase administrativa
como na súa fase de recurso.
No presente caso, o interesado presentou a súa solicitude de acceso a documentación no
procedemento selectivo no que ten a condición de interesado, con data do 22 de febreiro de
2022, momento no que o procedemento estaba en curso, xa que segundo indica, o dito
procedemento finalizou por Resolución do 10 de novembro de 2022, polo que segue sendo
aplicable á súa solicitude a dita disposición, e debe tramitarse tanto a reclamación, como os
recursos que procedan contra a mesma, non pola normativa de transparencia senón pola
correspondente ao procedemento selectivo, carecendo por tanto esta Comisión de
competencias na materia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 23 de novembro de 2022,
contra a Resolución do 6 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Función Pública pola que se
desestima a súa solicitude de acceso á documentación do tribunal designado para xulgar o
proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo
facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración
especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,
convocado mediante Orde do 22 de novembro de 2019.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.