Estimada 31/01/2023 · 85 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Ayuntamiento de Touro sobre acceso a expedientes de contratación y subvenciones

Un concejal solicitó al Ayuntamiento de Touro acceso a diversos expedientes de contratación y subvenciones. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación e insta al Ayuntamiento a proporcionar la información solicitada en un plazo de 10 días hábiles.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante motive su petición.
2 Según el artículo 77 de la Ley 7/1985 (LBRL), los concejales, tanto del gobierno como de la oposición, tienen derecho a obtener los antecedentes e informaciones necesarios para el desarrollo de su función de control.
3 La reclamación es admisible ya que los recursos contra resoluciones presuntas por silencio administrativo pueden interponerse en cualquier momento.
4 El Ayuntamiento de Touro incumplió su obligación de informar al no remitir el expediente ni el informe solicitado por la Comisión da Transparencia.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 7 de novembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de novembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, das súas solicitudes presentadas perante o dito Concello con datas do 21 de xullo, 5 de agosto, 9 de setembro e 18 de outubro de 2022, de acceso a determinados expedientes de contratación do Concello. O reclamante en resumo indica que como deber de fiscalización dos órganos de goberno local, que é a función propia e deber como concelleiro da corporación na oposición ao goberno, é necesario o acceso (e consulta) aos expedientes e documentos que deriven en acordos dos órganos de goberno local. Así mesmo, o reclamante indica que solicitou acceso e consulta o 21 de xullo de 2022 aos expedientes de contratación de seguros do ano 2021, con data do 5 de agosto aos documentos/expedientes de contratación e/ou encargo de deseño e impresión das tarxetas- invitación á "Festa da Terceira Idade 2022, con data do 9 de setembro aos expedientes de solicitude de subvención de punto limpo móbil, con data do 18 de outubro ao expediente (incluído informe de Secretaría-Intervención) do contrato do servizo de comida/petiscos no día 12-outubro-2022 servidos na casa cuartel da Garda Civil de Touro e ao expediente de contratación de técnico-informador turístico convocada no ano 2022, sen ter obtido contestación. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución impugnada e do seu DNI. Segundo. Con data do 8 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Touro para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 10 de novembro de 2022, sen que polo Concello se remitise o informe e copia do expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Touro non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O reclamante, na súa condición de concelleiro, solicitou acceso a determinados expedientes que se atopan en poder do Concello, e que identifica de forma concreta. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública no que o posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra, é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. De conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, todos os membros das Corporacións locais, é dicir, tanto os concelleiros/as que formen parte do goberno local como da oposición, teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións figuren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función, debendo resolverse motivadamente a solicitude, no prazo de cinco días naturais seguintes a aquel na que a solicitude se presentou. Ten o concelleiro dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer as súas funcións no control da actuación pública. A Comisión non ten información sobre o contido concreto dos documentos solicitados, pero ao tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercicio das súas funcións, debe o Concello resolver expresamente sobre o acceso. A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse ao Concello de Touro que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Touro, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 7 de novembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Touro con data 21 de xullo de 2022, de acceso a determinados expedientes de contratación do Concello. Segundo: Instar ao Concello de Touro a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada de acordo coa normativa de réxime local, e no non disposto na mesma, pola na Lei 19/2013. Terceiro: Instar ao Concello de Touro a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.