Inadmitida 31/01/2023 · 97 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por falta de acreditación de recepción de solicitud de acceso a información sobre subvenciones al Club Náutico Firrete de Pontedeume

Se solicitó al Ayuntamiento de Pontedeume información sobre subvenciones concedidas al Club Náutico Firrete (2003-2022) a través del Ministerio de Cultura y Deporte. La interesada alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque no se acreditó que la solicitud llegara efectivamente al órgano que posee la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se interpone contra una desestimación por silencio administrativo derivada de una solicitud de acceso a la información pública.
2 El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición, según el art. 26.4 de la Ley 1/2016.
3 Se constata que, aunque el Ministerio de Cultura y Deporte comunicó el traslado de la solicitud, no existe constancia del oficio de remisión efectiva al Ayuntamiento de Pontedeume.
4 El Ayuntamiento informó que, tras revisar su registro de entrada, no consta la recepción de dicha solicitud ni de la remisión mediante SIR.
5 Al no haberse presentado ni remitido la solicitud al órgano en cuyo poder se encuentra la información, procede la inadmisión conforme al artículo 116.e) de la Ley 39/2015.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do remitido polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno con data do 11 de novembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. O Consejo de Transparencia y Buen Gobierno remitiu, con data do 14 de novembro de 2022, reclamación presentada por XXX con data do 26 de outubro de 2022, fronte á desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Ministerio de Cultura y Deporte con data 19 de xullo de 2022 e que foi trasladada por esta ao Concello de Pontedeume con data do 26 de xullo de 2022, de acceso á información sobre as axudas e subvencións que o dito Concello concedeu ao Club Náutico Firrete de Pontedeume dende o ano 2003 ata o ano 2022. A reclamante indicaba que non recibiu contestación á súa solicitude, asinada con certificado electrónico. Segundo. Con data do 21 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á ao Concello de Pontedeume para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 3 de xaneiro de 2023, o Concello de Pontedeume contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que examinado o Rexistro de entrada de documentación do Concello de Pontedeume, dende o día 26 de xullo a 15 de decembro de 2022 e salvo erro ou omisión involuntaria non se atopa a solicitude de acceso á información da reclamante nin remisión mediante SIR polo Ministerio de Cultura e Deporte sobre axudas e subvencións ao referido Club Náutico. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. - Análise do expediente A interesada presentou ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno reclamación na que indica que non recibiu contestación á súa solicitude de acceso ante o Concello de Pontedeume sobre as axudas e subvencións que o dito Concello concedeu a un club náutico dende o ano 2003 ata o ano 2022. Na documentación remitida polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno a esta Comisión, figura comunicación á interesada na que faise constar que con data do 26 de xullo de 2022, remítese a súa solicitude, de conformidade co establecido no artigo 19.1 da Lei 19/2013, ao referido Concello, sen que conste o oficio de remisión a Administración Municipal. No Concello, de acordo co informe emitido, non consta que tivese entrada no seu rexistro a referida solicitude. De acordo co anterior, ao non terse presentada ou remitida a solicitude de acceso á información no órgano en cuxo poder se atopa esta, procede a inadmisión da reclamación presentada, de conformidade co disposto no artigo 116.e) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 14 de novembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Ministerio de Cultura y Deporte con data 19 de xullo de 2022 e que foi trasladada por esta ao Concello de Pontedeume con data do 26 de xullo de 2022, de acceso á información sobre as axudas e subvencións que o dito Concello concedeu ao Club Náutico Firrete de Pontedeume dende o ano 2003 ata o ano 2022. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.