El solicitante pidió a la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acceso al expediente de designación de un perito judicial. Tras no obtener respuesta (silencio administrativo), presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no resolvió en plazo y lo hizo tras la interposición del recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible por haber sido presentada en plazo tras producirse los efectos del silencio administrativo, ya que la administración no resolvió dentro del término establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2
El derecho de acceso a la información pública es amplio y no obliga al solicitante a motivar su petición, conforme al artículo 26.4 de la Ley 1/2016.
3
La Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dictó resolución expresa permitiendo el acceso a la información solo después de que el interesado hubiera interpuesto la reclamación ante la Comisión.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido al incumplimiento de los plazos de respuesta de la administración, sin perjuicio de que el interesado pueda recurrir la resolución expresa si no está conforme con el contenido.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 16 de novembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 16
de novembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade con data 8 de outubro de 2022, de acceso ao
expediente administrativo que culminou co oficio con referencia XXX, polo que se
comunicou a designación como perito xudicial de XXX.
O reclamante, en resumo, indica que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 24 de novembro de 2022 déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
Terceiro.- Con data do 15 de decembro de 2022, a Consellería de Infraestruturas e
Mobilidade contesta á petición remitindo informe e copia do expediente solicitado.
No informe indícase que con data do 30 de novembro de 2022 o secretario xeral técnico da
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade resolveu permitir o acceso ao interesado á
información solicitada, resolución que se lle comunicou coa mesma data.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter
potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na
súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no
artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das
Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no
seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades
Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade non resolveu a solicitude dentro do prazo que
establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón que emitiu resolución unha vez que o
interesado tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante solicitou acceso a un expediente de designación dun perito, sen ter obtido
resposta á súa solicitude.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade non resolveu en prazo a solicitude de acceso á
información, pero ditou resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a
que este presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á mesma tras
o abono das correspondentes taxas.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen
prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante
esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan
ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 16 de
novembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude
presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
con data 8 de outubro de 2022, de acceso ao expediente administrativo que culminou co
oficio con referencia XXX, polo que se comunicou a designación como perito xudicial de XXX.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.