Estimada 31/01/2023 · 68 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo contra el SERGAS para acceder a acuerdos e instrucciones de 1998, estimada por motivos formales

Un sindicato solicitó al SERGAS el acceso a un acuerdo de la Mesa Sectorial y a unas instrucciones conjuntas de 1998. Ante el silencio administrativo, interpuso reclamación. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración resolvió la solicitud solo después de presentada la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante motive su petición.
2 Las reclamaciones contra resoluciones presuntas por silencio administrativo pueden interponerse en cualquier momento, siguiendo la doctrina de los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
3 La Consellería de Sanidade no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
4 Se admite la reclamación por estar presentada en plazo, dado que la resolución expresa del SERGAS fue posterior a la interposición de la misma ante la Comisión.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, da Federación de Sanidade e sectores sociosanitarios de CCOO de Galicia, mediante escrito do 24 de novembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX da Federación de Sanidade e sectores sociosanitarios de CCOO de Galicia presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 24 de novembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), de acceso ao acordo aprobado na Mesa Sectorial de Sanidade de 22 de xaneiro de 1998 entre a Administración e Sindicatos e ás Instrucións conxuntas do 10 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Dirección xeral de Asistencia Sanitaria. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa petición, o que supón a vulneración por parte do Servizo Galego de Saúde do dereito fundamental ao exercicio polos sindicatos das funcións que lle son propias. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, acreditando o interesado a requirimento da Secretaría da Comisión da Transparencia de Galicia, con data do 26 de decembro de 2022 a representación que ostenta no sindicato. Segundo. Con data do 2 de xaneiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 27 de xaneiro de 2023 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe. Neste informe, indícase que con data do 26 de xaneiro de 2023 a directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde ditou resolución parcialmente estimatoria da solicitude presentada, coa que achegouse ao solicitante a Instrución do 10 de outubro de 1998 e Orde do día da reunión da Mesa Sectorial de Negociación, celebrada o 22/01/1998, así como copia do certificado emitido pola Subdirección Xeral de Relacións Laborais do 11/09/2003. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón unha vez que o sindicato solicitante tiña presentada a súa reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O sindicato solicitou ao Servizo Galego de Saúde acceso a un acordo da Mesa Sectorial de Sanidade e unhas instrucións conxuntas de dúas Direccións Xerais do SERGAS que identifica perfectamente coas súas datas. A Consellería de Sanidade non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX, da Federación de Sanidade e sectores sociosanitarios de CCOO de Galicia con data do 24 de novembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) con data 2 de xuño de 2022, de acceso ao acordo aprobado na Mesa Sectorial de Sanidade de 22 de xaneiro de 1998 entre a Administración e Sindicatos e ás Instrucións conxuntas do 10 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Dirección xeral de Asistencia Sanitaria. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/2008, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.