Estimada 31/01/2023 · 63 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Sobrado dos Monxes sobre licencias de obra de la mercantil Aldea de Barrio S.L. con resultado estimatorio

El solicitante pidió al Concello de Sobrado dos Monxes información sobre licencias de obra y actividad de la empresa Aldea de Barrio S.L. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación e insta al Ayuntamiento a responder formalmente en un plazo de 10 días hábiles.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no obliga al solicitante a motivar su petición.
2 Las reclamaciones contra resoluciones presuntas por silencio administrativo pueden interponerse en cualquier momento, siguiendo la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
3 El Ayuntamiento no resolvió expresamente la solicitud, incurriendo en una omisión que debe subsanarse mediante una resolución formal.
4 Al afectar la información a intereses de terceros, el Ayuntamiento debe abrir un periodo de audiencia previo y, si procede, disociar los datos según los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 29 de novembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. D. Luis Alberto Lamas Novo presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 29 de novembro de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Sobrado do Monxes con data 30 de agosto de 2022, de acceso á información pública sobre as licenzas de obra ou actividade coas que conta a mercantil Aldea de Barrio S.L. e, en particular, sobre a existencia ou non dalgunha licenza de ampliación das instalacións. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 15 de decembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Concello de Sobrado dos Monxes para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 19 de decembro de 2022. Terceiro. Con data do 5 de xaneiro de 2023 o Concello de Sobrado dos Monxes contesta a petición remitindo informe sobre a solicitude. Neste informe, en resumo, indícase que a entidade mercantil Aldea de Barrio, S.L. é titular dunha explotación porcina extensiva ubicada na actual parcela con referencia catastral XXX e na que atópanse a maioría das edificacións integrantes dunha explotación agropecuaria, que foi obxecto de recoñecemento administrativo por resolución da alcaldía de Sobrado do 27 de xuño de 2005. Consta Resolución de alcaldía do 3 decembro de 2013, na que se resolve conceder á mercantil licenza para a execución de obras de peche dun conxunto de parcelas, na que se incluiría a referida parcela. Con data 26.12.2016, polo representación da empresa, presentouse comunicación previa para realización de obras de acondicionamento exterior de fachadas de edificación agrícola existente para a instalación dunha explotación de porcino de cebo na parcela con referencia catastral XXX). Con data do 18 de abril de 2017, resolveuse tomar coñecemento da comunicación previa de obras e con data do 18 de abril de 2017, presentouse pola propiedade, comunicación previa de inicio de actividade de explotación de porcino de cebo extensivo, da que se tomou coñecemento por Resolución de alcaldía, do 25 de maio de 2017. Con data do 26 de decembro de 2016, presentouse pola propiedade comunicación previa para realización de obras de acondicionamento interior en edificación existente para destinala a sala de elaboración de embutidos e acondicionamento exterior de fachadas. No expediente consta resolución da Dirección Xeral de ordenación do territorio e urbanismo, de data 28 de setembro de 2017, na que se outorga á mercantil, a autorización da Comunidade Autónoma en solo rústico prevista no artigo 38 da LSG, para a implantación da actividade de elaboración de embutidos e salgaduras nunha explotación porcina existente. Consta Resolución de alcaldía do 10 de outubro de 2017, de toma de coñecemento da citada anteriormente comunicación previa de obras. En relación coa ampliación da que fai referencia no seu escrito o reclamante, non consta que se tramitara título habilitante para a execución da ampliación das instalacións, nin da actividade, e o Concello non ten constancia da ampliación das instalacións polo que non iniciou ningún expediente sancionador ou de reposición da legalidade en materia urbanística en relación coas obras que menciona no seu escrito. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Sobrado dos Monxes non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O reclamante solicitou acceso a licenzas de obra ou actividade coas que conta unha determinada empresa e, en particular, sobre a existencia ou non dalgunha licenza de ampliación d e instalacións, sen obter resposta. O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública no que o posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra, é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. O obxectivo final da Lei é o escrutinio da acción pública, mediante o coñecemento do proceso de toma de decisións como medio de rendición de contas dos responsables públicos. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso, se ben o Concello remite a información solicitada polo reclamante á Comisión da Transparencia, non consta que resolvese expresamente a solicitude de acceso á información presentada, polo que debe ditarse resolución expresa, previa apertura de período de audiencia de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, por afectar a información solicitada a dereitos e intereses de terceiros, e finalizado o tramite, de forma motivada se procede, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei). A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 29 de novembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Sobrado do Monxes con data 30 de agosto de 2022, de acceso á información pública sobre as licenzas de obra ou actividade coas que conta a mercantil Aldea de Barrio S.L. e, en particular, sobre a existencia ou non dalgunha licenza de ampliación das instalacións Segundo: Instar ao Concello de Sobrado dos Monxes, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Sobrado dos Monxes, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.