ADEGA solicitó a la Consellería de Economía, Industria e Innovación el acceso al expediente del Parque Eólico do Picato. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración concedió el acceso a la información no ambiental tras la interposición del recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admitida por haber sido presentada en plazo, dado que la administración no resolvió la solicitud dentro del término legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2
Se reconoce que la administración dictó resolución expresa concediendo el acceso a la información con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
3
La resolución distingue entre información ambiental, regulada por la Ley 27/2006, e información general sujeta a la normativa de transparencia.
4
Se estima la reclamación por motivos formales únicamente respecto a la información que no tiene carácter ambiental.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación para a Defensa
Ecolóxica de Galiza (ADEGA) , mediante escrito do 5 de decembro de 2022, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2023, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 5 de decembro de
2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro,
de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa
solicitude presentada perante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria
e Innovación con data 27 de outubro de 2022 de acceso ao expediente do Parque eólico do
Picato.
A reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada asinada con certificado
electrónico de representante de persoa xurídica e do seu DNI.
Segundo. Con data do 15 de decembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 21 de decembro de 2022.
Terceiro. Con data do 4 de xaneiro de 2023 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente
instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 14 de xaneiro de 2022, fíxose o traslado
da solicitude ao terceiro titular de dereitos que poderían verse afectados polo acceso, Naturgy
Renovables, SLU, sen que formulase oposición algunha ao acceso.
Con data do 29 de decembro de 2022, o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos
Naturais ditou resolución pola que se concedía acceso á entidade solicitante á información
requirida.
Indica a Consellería que facilitouse aos peticionarios na resolución, o acceso a parte do
expediente de autorización do Parque Eólico Picato mediante enlace para a súa descarga
electrónica, en concreto á addenda da modificación número 1 do proxecto de execución do
dito parque.
Indica a Consellería que parte da documentación, en concreto a referida ao Informe de
valoración ambiental da modificación do proxecto executivo do parque e o Informe sobre a
solicitude de modificación no proxecto do parque eólico Picato, emitido polo Servizo de
Avaliación Ambiental, é información ambiental que debe tramitarse pola Lei 27/2006, do 18
de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental,
participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, e o resto da documentación
que figuran no expediente pola normativa xeral de Transparencia, xa que non pode
considerarse que teña carácter ambiental.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación non resolveu a
solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016,
resolvendo unha vez que a entidade interesada tiña presentado reclamación ante esta
Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación reclamante solicitou acceso ante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Economía, Industria e Innovación a un expediente dun Parque eólico, sen que pola Consellería
se resolvese en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución expresa que
notificou á Asociación solicitante con posterioridade a que esta presentase reclamación ante
esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
Dentro da información que se remitiu á Asociación, unha parte da documentación que
identifica a Administración, é información ambiental, polo que debe rexerse o acceso á mesma
polo disposto na citada Lei 27/2006, e o resto da información solicitada, debe rexerse pola
normativa xeral de Transparencia.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación no
referente á información que non ten carácter ambiental, e sen prexuízo de que si a Asociación
o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita
resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus
argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX, en representación da
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) con data do 5 de decembro de 2022,
no referente á información que non teña carácter ambiental, contra a desestimación, por
silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Vicepresidencia Primeira e
Consellería de Economía, Industria e Innovación con data 27 de outubro de 2022 de acceso ao
expediente do Parque eólico do Picato.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.