Desestimada 31/01/2023 · 55 días en resolverse

Reclamación de acceso a relación certificada de informes técnicos sobre la Canteira Trinidade nº 257 y resultado desestimatorio

La Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio solicitó a la Consellería de Economía, Industria e Innovación una relación certificada de informes técnicos sobre la Canteira Trinidade nº 257. La Asociación alegó que era una simple recopilación de datos. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación porque solicitar un certificado implica crear un documento ad hoc no existente.

Puntos clave de la argumentación

1 La normativa de transparencia define la información pública como contenidos o documentos que ya figuren en poder del sujeto obligado, habiendo sido elaborados o adquiridos en el ejercicio de sus funciones.
2 La emisión de una relación certificada supone la elaboración de un documento ad hoc y una actuación material de la Administración, excediendo el ámbito objetivo de la ley de transparencia.
3 No se consideran amparadas por la normativa de transparencia aquellas peticiones cuyo objetivo sea que la Administración elabore un documento a medida del solicitante.
4 La solicitud fue inadmitida basándose en que la información se encuentra disgregada y no digitalizada, requiriendo una reelaboración previa para obtener el listado solicitado.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vistas ás reclamacións presentadas por XXX, en representación de Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio, mediante escrito do 7 de decembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, en representación de Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de decembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra Resolución da Consellería de Economía, Industria e Innovación de data 25 de novembro de 2022, pola que se denega a súa solicitude de data 14 de novembro de 2022, na que interesaba relación certificada dos informes elaborados polos técnicos da dita Consellería de Santiago de Compostela e da delegación de Lugo nos anos 2021 e 2022, relacionados coa Canteira Trinidade nº 257 (Mondoñedo-Lugo) e coas posibles actividades mineiras realizadas fóra da demarcación da dita canteira. A Asociación reclamante indica que solicitou unha relación certificada da documentación pública relacionados coa canteira Trinidade nQ257 (Mondoñedo-Lugo) e coas posibles actividades mineiras realizadas fóra da demarcación de dita canteira e a Consellería a denega por ter que elaborar ex profeso unha relación certificada da documentación pública, de acordo co disposto no artigo 18.1.c da Lei 19/2013. Indica a Asociación que a relación certificada da documentación pública poden obtela cunha simple recompilación e agregación de datos obtidos dun tratamento informático simple e de uso ordinario nesa consellería e considera que non require un traballo previo específico de reelaboración e que non se lles achegou ningunha proba ou xustificación de que sexa necesaria unha reelaboración da información para poder subministrar un simple listado O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada con sinatura electrónica de asociación, e do DNI do representante. Segundo. Con data 15 de decembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 18 de xaneiro de 2023 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación contesta a petición remitindo informe e copia do expediente Nese informe da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, en resumo se indica que non se está ante unha denegación de información, senón ante a inadmisión da solicitude, con fundamento nos artigos 13.1.b) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, en conexión cos artigos 18.1.c) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, xa que a Asociación solicitou que a administración elabore ex profeso unha relación certificada da documentación pública, polo que procede a súa inadmisión por ser necesaria unha acción previa de reelaboración. Considera a Consellería que a emisión de certificacións respecto da documentación contida nos expedientes, ademais de supoñer un traballo de reelaboración, implica tamén a creación dun documento ad hoc, inexistente no momento da solicitude, sen prexuízo de que ningún precepto legal no ámbito da transparencia ampara a emisión de certificados respecto da documentación que obre en poder ou non dun órgano, tal e como se establece no criterio interpretativo 7/2015 do Consello de Transparencia e Bo Goberno. Os expedientes de explotacións mineiras non están, na súa maior parte, dixitalizados e a información atópase, en moitos casos, disgregada entre os servizos centrais e as xefaturas territoriais, o que resulta en que ese simple listado duns expedientes como se establece na reclamación, non se pode obter de maneira sinxela e unha relación certificada implica a elaboración dunha documentación ex novo e ad hoc, o que excede, con moito, o ámbito obxectivo da Lei 19/2013. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. De acordo coa documentación remitida que figura no expediente, a resolución ditouse con data do 14 de novembro de 2022, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 7 de decembro de 2022, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A Asociación interesada solicitou acceso a unha relación certificada dos informes elaborados polos técnicos da Consellería relacionados con unha Canteira, solicitude que foi inadmitida pola Consellería, por ser necesaria a reelaboración para a obtención da información solicitada e ser necesario crear un documento ad hoc para proporcionar a documentación solicitada. A emisión dunha relación certificada, supón como ben xustifica a Consellería no seu informe, a elaboración dun documento ad hoc, emitido por quen ten atribuída a competencia para a súa emisión e na que se acredita unha situación ou realidade, neste caso a relación de informes emitidos pola Administración respecto dunha explotación mineira. A Lei 1/2016 no seu artigo 24, define a información pública como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que figuren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación (da Lei) e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións. Por tanto, a Lei define o obxecto dunha solicitude de acceso á información en relación con información que xa existe, por canto está en posesión do organismo que recibe a solicitude, ben porque el mesmo a elaborou ou ben porque a obtivo en exercicio das funcións e competencias que ten encomendadas. Tendo en conta o anterior, non poden entenderse amparadas pola normativa de transparencia peticións nas que o obxectivo sexa que a Administración elabore un documento a medida do solicitante, na medida que non supón o acceso a unha información xa elaborada e existente en poder da administración, senón que leva unha actuación material pola súa banda. Este tipo de pretensións quedan fóra do ámbito da transparencia pública e o dereito de acceso á información e, xa que logo, da actuación deste organismo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX, en representación de Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio, con data do 7 de decembro de 2022, contra a Resolución da Consellería de Economía, Industria e Innovación de data 25 de novembro de 2022, pola que se denega a súa solicitude de data 14 de novembro de 2022, na que interesaba relación certificada dos informes elaborados polos técnicos da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Santiago de Compostela e da delegación de Lugo nos anos 2021 e 2022, relacionados coa Canteira Trinidade nº 257 (Mondoñedo-Lugo) e coas posibles actividades mineiras realizadas fóra da demarcación da dita canteira. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.