Estimada 31/01/2023 · 53 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante la Deputación Provincial da Coruña sobre informes de personal técnico deportivo, estimada por motivos formales

El Colegio Oficial de Licenciados en Educación Física de Galicia solicitó a la Deputación Provincial da Coruña informes sobre la asignación de funciones a titulaciones para puestos técnicos deportivos. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la entidad respondió fuera de plazo y tras la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se admite por presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
2 Se reconoce que la Deputación Provincial da Coruña no resolvió la solicitud de acceso a la información en el plazo legal establecido.
3 La resolución expresa de la administración fue notificada a la interesada con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
4 La Comisión estima la reclamación por motivos formales debido al incumplimiento de los plazos de respuesta de la administración pública.
5 Se insta a la Deputación Provincial da Coruña a formalizar el acceso a la información solicitada en un plazo máximo de 10 días hábiles.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 9 de decembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, en representación do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 9 de decembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Deputación Provincial da Coruña con data 1 de xullo de 2022, de acceso aos informes emitidos que xustifiquen a asignación de funcións ás titulacións requiridas para o acceso ao posto de persoal técnico deportivo dentro do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte no ano 2022. A entidade reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 15 de decembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Deputación Provincial da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 19 de decembro de 2022. Terceiro. Con data do 11 de xaneiro de 2023 a Deputación Provincial da Coruña contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, indícase que con data do 30 de decembro de 2022, o Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, remitiu á interesada copia numerada con todos os informes emitidos na tramitación da convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes no ano 2022, documentación que foi recepcionada pola interesada con data do 31 de decembro de 2022. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Deputación Provincial da Coruña resolveu a solicitude con data do 16 de decembro de 2022, unha vez que a interesada tiña presentada a reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente Polo Colexio reclamante solicitouse da Deputación Provincial acceso a determinados informes xustificativos de asignación de funcións ás titulacións requiridas para o acceso ao posto de persoal técnico deportivo dentro dun programa de subvencións para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte, no que a Deputación Provincial se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou resolución expresa que notificou á interesada con posterioridade a que este presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, e sen prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX, en representación do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia con data do 9 de decembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Deputación Provincial da Coruña con data 1 de xullo de 2022, de acceso aos informes emitidos que xustifiquen a asignación de funcións ás titulacións requiridas para o acceso ao posto de persoal técnico deportivo dentro do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte no ano 2022. Segundo: Instar a Deputación Provincial da Coruña a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Deputación Provincial da Coruña a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.