El solicitante pidió a la Consellería de Cultura, Educación y Universidad de Galicia la contabilidad (2016-2021) del IES Cidade de Antioquía. La Administración alegó que el solicitante realizaba peticiones abusivas por su volumen. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al organismo a dictar una resolución expresa sobre la solicitud.
Puntos clave de la argumentación
1
La Administración no dictó resolución expresa sobre la solicitud de acceso a la información, incurriendo en silencio administrativo.
2
Independientemente del volumen de solicitudes presentadas por el interesado, la Administración tiene la obligación de dictar una resolución expresa.
3
La Comisión declina valorar el carácter abusivo de la solicitud en este estadio, priorizando el derecho a recibir una respuesta formal y motivada.
4
Cualquier denegación o limitación de la información debe basarse en una motivación adecuada y en la disociación de datos según los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 18 de abril de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de xaneiro de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18
de abril de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Cultura, Educación e
Universidade con data 21 de abril de 2022, de acceso á contabilidade dos exercicios
económicos dos anos 2016, a 2021 do IES Cidade de Antioquía, entre outra documentación.
O escrito viña acompañado de copia da resolución contra a que reclama e do seu DNI.
Segundo. Con data do 20 de decembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
Terceiro. Con data do 20 de xaneiro de 2023 a Consellería de Cultura, Educación e
Universidade contesta a petición remitindo informe.
Neste informe, en resumo, indícase que existe unha contradición entre a queixa presentada
polo reclamante a través do correo electrónico da Valedora do Pobo e a solicitude que xunta
á queixa, xa que no primeiro fai mención a unha serie de feitos acontecidos, segundo a súa
versión, na ESAD Antonio Failde (no que na actualidade cursa estudos), mentres que na
solicitude do 21/04/2022 demanda unha serie de documentación relacionada co IES Cidade
de Antioquía, XXX.
Indica que o reclamante dende o 1 de xullo de 2021, ata o 31 de decembro de 2022, presentou
a esta Consellería 126 escritos, máis de 100 correos electrónicos e/ou escritos dirixidos á
Xefatura Territorial da Consellería en Ourense e outros tantos á Secretaría Xeral Técnica, todos
eles facendo peticións diversas en función da normativa de transparencia.
O informe transcribe parte do Criterio Interpretativo 3 do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno que delimita o alcance do concepto de solicitude de información que teña carácter
abusivo, e parte dunha Sentenza ditada pola Audiencia Nacional de 10 de decembro de 2019,
sobre solicitude de información abusiva pola súa extensión, período de tempo, identificación
e medios para instrumentar a petición. Indica que o reclamante realiza unha gran cantidade
de peticións diversas, relacionadas ou non coa normativa de transparencia, que poden ser
considerados como peticións abusivas de información, dado que malia ser respondidas moitas
delas, as contestacións realizadas por esta Consellería derivaban noutra inxente cantidade de
escritos presentados polo reclamante demandando á súa vez información ao non estar de
acordo coa facilitada, todo isto sen esquecer que toda a demanda de información do
reclamante derivaba nunha paralización do resto da xestión dos suxeitos obrigados a
subministrar a información, impedindo a atención xusta e equitativa do seu traballo e o
servizo público que teñen encomendado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades non resolveu a
solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
Se ben é certo que como indica a Consellería no seu informe, existe unha contradición entre
o escrito de reclamación, que contén unha serie de feitos ou consideracións sobre sucesos
acontecidos en centros educativos, e a solicitude que acompaña, na que solicita acceso a
determinada documentación (contabilidade dun centro educativo, facturas, albaráns, unha
acta do servizo de inspección, entre outra documentación), o certo é que sobre a solicitude
de acceso á información non se ditou pola Consellería, resolución expresa.
Por tanto, e con independencia do número de solicitudes presentadas polo reclamante, e sen
que esta Comisión entre a valorar o carácter abusivo ou non da solicitude, debe ditarse
resolución expresa, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e, de forma
motivada, debe realizarse a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse
afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013),
e motivar adecuadamente de ser o seu caso, as causas de inadmisión que, de conformidade
co disposto no artigo 18 da dita Lei, poidan concorrer.
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 12 de decembro de 2022,
contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a
Consellería de Cultura, Educación e Universidade con data 21 de abril de 2022, de acceso á
contabilidade dos exercicios económicos dos anos 2016, a 2021 do Instituto de Educación
Secundaria Cidade de Antioquía, entre outra documentación.
Segundo: Instar á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,
a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, dite resolución expresa sobre a petición de
información solicitada a notifique ao interesado, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a
que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do
envío ao reclamante da resolución ditada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 213/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.