Un ciudadano solicitó a la Consellería de Educación de Galicia documentación docente y el programa de pedagogía terapéutica de su hijo. Alegó que la respuesta fue incoherente y que se le denegó el acceso a ciertos documentos. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación al considerar que la información particular debe pedirse al centro y que los horarios docentes afectan a la privacidad del alumnado.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de un programa de intervención de Pedagogía Terapéutica de un alumno constituye información particular y no pública, por lo que debe tramitarse directamente ante el centro educativo.
2
La Administración actuó correctamente al indicar el procedimiento de consulta presencial en la Secretaría del centro, ya que la información pública está a disposición de la comunidad educativa según las normas de organización del CPI.
3
Se deniega el acceso a los horarios lectivos del profesorado basándose en la normativa de protección de datos, debido al riesgo de identificación de otros alumnos con necesidades especiales en una localidad pequeña.
4
Prevalece la protección de datos de terceros alumnos sobre el derecho de acceso a la información cuando esta no tiene relevancia clara para los fines de la normativa de transparencia y no se han aportado motivos que justifiquen lo contrario.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 28 de decembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de febreiro de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 28
de decembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, fronte a Resolución de data 1 de decembro
de 2022, da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade, pola que se
resolve conceder o acceso á súa solicitude de data 14 de outubro de 2022, sobre cuestións
docentes no CPI Plurilingüe Fonte Díaz.
O reclamante indicaba que a contestación é incoherente, pois no curso 21/22 reclamou as
notas do seu fillo, e posteriormente á resolución solicitou copia de toda a documentación
entre a cal se atopaba a programación didáctica de todas as materias de segundo de primaria.
Indica que do segundo escrito presentado non lle foi entregada a documentación e volveu a
insistir en que se lle entregou a do curso 20/21 e non a do curso 21/22 que é a solicitada. No
escrito 3 solicitou a documentación ao centro e denegóuselle o acceso.
Tras o requirimento por parte da secretaria da Comisión, o interesado remitiu copia do seu
DNI.
Segundo. Con data do 2 de xaneiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 5 de xaneiro de 2023.
Terceiro. Con data do 1 de febreiro de 2023 a Consellería de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que dende o curso 2020/2021, o reclamante esta a
desenvolver unha actuación, que considera a Consellería que se pode tildar de acoso ao
persoal do centro educativo, tanto no desenvolvemento da súa función docente como do seu
labor administrativo, a través da presentación de innumerables escritos solicitando probas,
exames, actas de reunións. Estas peticións son repetitivas en numerosas ocasións, e en todo
caso teñen un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia da Lei
19/2013.
Na solicitude de información pública que orixinou a resolución contra a que o reclamante
interpón o presente recurso, este indica que vese obrigado a usar o portal de transparencia,
aínda que sabe que toda a información a podería solicitar no centro educativo, polo que
recoñece que a información que solicita débea requirir ao centro dado que, como se lle
indicou na resolución recorrida, é o órgano que a posúe. Tamén recoñece que todas as
solicitudes que formulou foron atendidas polo CPI.
O reclamante solicitou como información pública a referencia concreta mediante url a
documentación en internet si está disponible para si visualización o reproducción literal, feito
este imposible dado que, como se lle indicou na resolución recorrida, as normas de
Organización e Funcionamento del CPI Fonte Díaz establecen que todos os documentos que
son públicos está a disposición de todos os membros da comunidade educativa para a súa
consulta na Secretaría do centro e se lle indicou o procedemento a seguir, polo que non se lle
denegou a información, senón que se lle indicou o procedemento a seguir para a súa consulta.
Polo que se refire a súa demanda de Programa de intervención de Pedagoxía Terapéutica do
seu fillo no curso 2021/2022 indicóuselle na resolución que estamos ante una solicitude de
acceso ao expediente do seu fillo, é dicir, unha solicitude de información particular á cal non
se lle pode dar acceso a través dunha resolución de información pública. Malia isto cómpre
indicar que tanto esta como todas as solicitudes/escritos presentados polo reclamante, no
centro foron sempre contestados/atendidos polo persoal do CPI.
Finalmente, en canto á súa solicitude do horario lectivo dalgunhas docentes do centro, esta
Consellería denegoullos en aplicación da normativa de protección de datos, polo risco de que
se poida producir unha identificación do alumnado, por exemplo con necesidades de reforzo
educativo ou necesidades educativas especiais, a través das clases que se inclúen no citado
horario, ao tratarse dun centro docente dunha pequena localidade.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución impugnada ditouse con data
do 1 de decembro de 2022 e a reclamación se interpuxo o 18 do mesmo mes, polo que debe
admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante solicitou ante a Consellería competente en materia de educación, diversa
documentación en relación co centro educativo no que cursa estudios o seu fillo. A Consellería
na súa resolución, lle indica que de acordo coas normas de Organización e Funcionamento do
centro educativo, que a información está ao dispor de todos os membros da comunidade
educativa para a súa consulta e lle indica o procedemento para a súa consulta.
Polo que se refire á solicitude do XXX, se lle indica que ao tratarse dunha información
particular, e non por tanto unha información pública debe ser solicitada ao centro educativo.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, que debe ser
proporcionada polo órgano ou unidade que o teña no seu poder, e no presente caso, a
Administración informoulle a forma de solicitar a dita información ao centro educativo que a
ten no seu poder.
Respecto da información referente aos horarios do persoal docente, a Consellería denegoulle
o acceso a dita información, dado que estes horarios poden incluír información sobre outro
alumnado facilmente identificable, sen que exista problema en que se lle facilite o horario
educativo do profesorado en relación ao seu fillo, previa solicitude no centro como se
estableceu nos apartados anteriores. A dita denegación, considérase correcta, dado que debe
prevalecer a protección dos datos dos demais alumnos sobre o acceso a unha información
que en principio non parece de relevancia aos efectos de cumprimento da finalidade da
normativa de Transparencia, e sen que polo reclamante se alegue motivo algún que desvirtúe
a ponderación de intereses realizada polla Administración.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Desestimar a reclamación presentada por XXX con data do 28 de decembro de 2022,
contra a Resolución de data 1 de decembro de 2022, da Consellería de Educación, Formación
Profesional e Universidade, pola que se resolve conceder o acceso á información sobre
determinada documentación dun centro educativo.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.