Estimada 28/02/2023 · 76 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante la solicitud de licencias de vados a la Axencia Galega de Infraestruturas, resuelta con estimación

El solicitante pidió a la Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) acceso a autorizaciones o licencias de vados de un inmueble en Vigo. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación al comprobar que la AXI no dictó resolución expresa, instándola a responder en 10 días.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es de amplio ámbito objetivo y subjetivo, abarcando cualquier contenido o documento elaborado o adquirido en el ejercicio de las funciones públicas.
2 La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
3 El derecho de los ciudadanos a solicitar información implica la obligación de la Administración de proporcionar una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
4 Se estima la reclamación debido a que, aunque la AXI remitió un informe técnico, no consta que se haya dictado una resolución expresa que resuelva formalmente la solicitud de acceso a la información.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 30 de xuño de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de febreiro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 14 de decembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) con data 11 de outubro de 2022, de acceso ás autorizacións administrativas, vaos regulamentarios ou licenzas vixentes concedidas respecto do inmoble sito no nº XXX da Avenida de Galicia, en relación ao vial XXX, ou, de ser o caso, se remita informe relativo á inexistencia de ditas autorizacións. XXX indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. Segundo. Con data do 20 de decembro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Axencia Galega de Infraestruturas para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola Administración foi o 20 de decembro de 2022. Terceiro. Con data do 4 de xaneiro de 2023 a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade contesta a petición remitindo informe da Axencia Galega de Infraestruturas sobre a reclamación presentada. Neste informe, en resumo, indícase que o inmoble sito na avenida de Galicia número XXX do Concello de Vigo (referencia catastral XXX) se corresponde co punto quilométrico XXX, marxe esquerda, da estrada XXX que pertence á Rede de Estradas da Xunta de Galicia. De conformidade co disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o outorgamento das autorizacións de acceso á estrada ou aos seus elementos funcionais afectan directamente as súas calzadas corresponde, en todos os casos, á administración titular da estrada, incluso cando se realicen nos seus treitos urbanos. O órgano encargado de resolver o procedemento é o Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra. Para conseguir un vao permanente é necesario contar coa autorización para o paso de vehículos e cunha concesión de vao, aínda que se trata de dereitos similares, o primeiro so concede o permiso para atravesar a beirarrúa ao entrar ao garaxe, pero non prohibe o aparcamento diante del, algo para o que é necesario o segundo (licenza municipal de vao permanente). A competencia do concello para a concesión da placa de vao permanente estaría comprendida no ámbito material de tráfico e estacionamento, artigo 25.2.g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local (BOE núm. 80, do 3 de abril): Consultada a base de datos, non consta a autorización de acceso outorgada pola Axencia Galega de Infraestruturas para o inmoble sito no número XXX da avenida de Galicia. Non obstante, a estrada P0-323 foi transferida polo Estado á Xunta de Galicia no ano 1982 mediante o Real Decreto 3317/1982, do 24 de xullo, sobre traspasos de funciones e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas (BOE núm. 291, do 4 de decembro) e segundo o Catastro o inmoble sito no número XXX da avenida de Galicia foi construído no ano XXX. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Non consta que a Axencia Galega de Infraestruturas resolvese a solicitude de acceso á información presentada, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou á Axencia acceso ás autorizacións administrativas, vaos regulamentarios ou licenzas vixentes concedidas respecto a un inmoble que identifica ou, de ser o caso, se remita informe relativo á inexistencia de ditas autorizacións. O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública no que o posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra, é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. O obxectivo final da Lei é o escrutinio da acción pública, mediante o coñecemento do proceso de toma de decisións como medio de rendición de contas dos responsables públicos. Os Tribunais de Xustiza pronunciáronse no senso de que o acceso á información debe recoñecerse con carácter amplo, e así, o Xulgado Central do Contencioso-Administrativo nº 4 de Madrid, en sentenza nº 93/2017, do 17 de xullo de 2017, establece que o artigo 12 da Lei 19/2013 recoñece do dereito de acceso á información pública a todas as persoas, sen distinción. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso, se ben a Axencia Galega de Infraestruturas remitiu informe sobre a solicitude, non consta que se resolvese expresamente a solicitude de acceso á información, polo que procede a estimación da reclamación presentada, debendo a Axencia ditar resolución expresa sobre a solicitude. ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) con data 10 de novembro de 2022, de acceso ás autorizacións administrativas, vaos regulamentarios ou licenzas vixentes concedidas respecto do inmoble sito no nº XXX da Avenida de Galicia, en relación ao vial XXX, ou, de ser o caso, se remita informe relativo á inexistencia de ditas autorizacións. Segundo: Instar á Axencia Galega de Infraestruturas a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, tras a finalización dos trámites de audiencia que correspondan, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Axencia Galega de Infraestruturas a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.