El solicitante pidió al Concello de Vigo información sobre la delegación de competencias de tráfico en la Avda. de Galicia y una licencia de vao. Tras alegar que la documentación recibida era insuficiente o incorrecta, la Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque el Ayuntamiento facilitó la información existente en sus archivos.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se limita a contenidos o documentos ya existentes y disponibles en poder del organismo en el momento de la solicitud.
2
Cuando la información solicitada no existe o no cumple los requisitos normativos, el sujeto obligado cumple su deber indicando claramente la información de la que sí dispone.
3
No corresponde al órgano de transparencia determinar si un acto administrativo, como una licencia de vao, fue otorgado conforme a la normativa aplicable.
4
La vía de reclamación en materia de transparencia no es el cauce adecuado para impugnar la legalidad de la distribución de competencias en materia de tráfico.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 14 de decembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de Febreiro de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 30
de xuño de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, fronte á desestimación, por
silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Vigo con data 10
de novembro de 2022, de acceso á información pública dese concello sobre a delegación de
competencias en materia de tráfico na Avenida de Galicia e a licenza de vao correspondente
ao nº XXX da dita avenida.
A reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
Segundo. Con data do 4 de xullo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada pola
reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de xullo de 2022, sen que polo
Concello se remitise o informe e a copia do expediente solicitado.
Terceiro. Con data do 13 de xaneiro de 2023 o Concello de Vigo contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que consultados os datos obrantes na Área de
Seguridade púidose comprobar que consta no libro rexistro papel existente que con data
XXX se entregou a placa no XXX ao solicitante da entrada sita en Avda. Galicia no XXX e
solicitado informe ao Departamento de Estadística informa que o actual nº XXX de Avda. de
Galicia foi anteriormente o nº 84 da devandita vía. Así mesmo remite copia da acta da
reunión celebrada pola Xunta Local de Seguridade do Municipio de Vigo de data XXX onde se
ratifica o Protocolo de Distribución Territorial Competencial en materia de tráfico asinado en
data XXX entre o Xefe da Policía Local de Vigo e o Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico
de Porriño.
Cuarto.- Con data do 13 de xaneiro de 2023, a reclamante remite escrito no que en síntese
manifesta que recibiu resolución da súa solicitude emitida polo Concello, na que se lle
entrega unha documentación que considera que non é a solicitada, xa que se lle remite un
papel que non cumpre os requisitos que establece a Lei de Procedemento Administrativo
para considerar un documento administrativo e remite copia dunha resolución do
Departamento de Seguridade do Concello de Vigo na que se manifesta que ata o ano 2019 o
Concello de Vigo inadmitía as peticións de autorizacións de vao en viarias titularidade
doutras Administracións por carecer de competencia.
Indica que se lle remite unha simple anotación do ano 1988 para un inmoble con outro
número de policía que considera que se pretende facer pasar por unha autorización ou
licenza de vao.
Respecto ao documento remitido datado en 2007 indica que o mesmo é anterior e
contravén o disposto na vixente Lei de Tráfico, polo que considera que o Concello de Vigo
non resolveu a petición de acceso á información pública.
Quinto.- Con data do 16 de xaneiro de 2023, remítese copia dos escritos presentados pola
interesada ao Concello, a fin de que remitise informe sobre os mesmos, sen que polo
Concello se remitise o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións
corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao
Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a
competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento
fronte a actos que non sexan expresos.
O Concello de Vigo non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que
establece o artigo 20.1 da Lei 19/2013 expresamente, polo que debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou ao Concello acceso á documentación sobre unha delegación de
competencias en materia de tráfico nunha estrada e o expediente dunha licencia de vao
dunha finca que identifica.
O Concello resolveu a solicitude, aínda fora do prazo que a Lei establece, concedendo o
acceso á información que consta no libro rexistro papel correspondente á licencia de vao e a
un informe no que faise constar o cambio de numeración do inmoble sobre o que se
solicitou o acceso á licencia de vao, e á copia da acta da reunión na que se ratifica o
Protocolo de Distribución Territorial Competencial en materia de tráfico asinado entre o
Concello e o Destacamento de Tráfico.
Esta resposta non satisfai á reclamante, que considera que se lle entrega unha
documentación que non cumpre os requisitos que establece a Lei de Procedemento
Administrativo para considerar un documento administrativo, que é unha simple anotación
do ano 1988 e que o documento de tráfico contravén o disposto na vixente Lei de Tráfico.
A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un
órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de
reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28
da mesma Lei. Nas resolución das reclamacións, a Comisión debe determinar si a
información solicitada é ou non información pública, e no caso de que así sexa, determinar si
concorre e está xustificada a aplicación dalgún dos límites que establecen os artigos 14 e 15
da Lei 19/2013, en cuxo caso o acceso á información debe denegarse pola concorrencia do
mesmo ou concederse de forma parcial, previa omisión da información afectada polo límite,
ou se concorre e está xustificada a existencia dalgunha das causas de inadmisión
establecidas no artigo 18 da mesma Lei, en cuxo caso non procede o acceso á mesma.
De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e
dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se
produce a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio
das súas competencias.
No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou
unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose
obrigatorio facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou ben esta información ou
documentación non cumpre os requisitos que establece a normativa que a regula, o suxeito
obrigado, neste caso o Concello, cumpre indicando á persoa solicitante con claridade, a
información solicitada da que se dispón, como fixo neste caso o Concello. Non corresponde
a esta Comisión como parece que pretende a recorrente, determinar si a licencia de vao
outorgouse de acordo coa normativa que lle é de aplicación, ou se a distribución de
competencias en materia de circulación é conforme ou non co disposto na normativa de
tráfico, feitos estes que a reclamante, se o considera oportuno, pode reclamar polo
procedemento administrativo ou xurisdicional que corresponda, non sendo a reclamación en
materia de transparencia, o cauce adecuado para elo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX fronte á desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Vigo con data 10 de
novembro de 2022, de acceso á información pública dese concello sobre a delegación de
competencias en materia de tráfico na Avenida de Galicia e a licenza de vao correspondente
ao nº XXX da dita avenida
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.