El solicitante pidió a la Consellería do Medio Rural información sobre explotaciones ganaderas activas a fecha de 01/01/2022. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no respondió en plazo, aunque posteriormente facilitó la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
La Consellería do Medio Rural incumplió el plazo de respuesta establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
3
Se estima la reclamación por motivos formales debido a la falta de resolución en tiempo y forma por parte de la administración.
4
La resolución expresa emitida por la Consellería con posterioridad a la reclamación no anula la estimación formal del retraso administrativo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX , mediante escrito do 26 de decembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de febreiro de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 26
de decembro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, desestimación, por silencio administrativo,
da súa solicitude presentada perante a Consellería do Medio Rural con data 5 de maio de
2022, na que interesaba o acceso a determinada información sobre as explotacións gandeiras
de produción e reprodución de porcino, bovino, avícola, ovino e caprino dadas de alta (activas)
no rexistro de explotacións gandeiras o 1 de xaneiro de 2022.
A reclamante indicaba que transcorrido o prazo de resposta, non recibiu contestación á súa
solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 2 de xaneiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 9 de xaneiro de 2023.
Terceiro. Con data do 8 de febreiro de 2023 a Consellería de Medio Rural contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que unha vez recibida a solicitude, pola Consellería
solicitouse á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a extracción da
correspondente información da base de datos oficial da Consellería do Medio Rural, e as
táboas obtidas foron supervisadas por persoal da Subdirección Xeral de Gandería, para
axustarse na medida do posible á información solicitada pola persoa interesada.
Con data do 4 de xaneiro de 2023 ditouse a correspondente resolución concedendo o acceso
á información, na que se lle explicaron as particularidades da información facilitada e que foi
notificada á interesada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Medio Rural non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do
prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que debe admitirse a reclamación por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou acceso ante a Consellería de Medio Rural a determinada información sobre as
explotacións gandeiras de produción e reprodución de porcino, bovino, avícola, ovino e
caprino dadas de alta (activas) no rexistro de explotacións gandeiras nunha data determinada.
A Consellería do Medio Rural non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero
ditou resolución expresa que notificou á persoa interesada con posterioridade a que esta
presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen
prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 26 de
decembro de 2022, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude
presentada perante a Consellería do Medio Rural con data 5 de maio de 2022, na que
interesaba o acceso a determinada información sobre as explotacións gandeiras de produción
e reprodución de porcino, bovino, avícola, ovino e caprino dadas de alta (activas) no rexistro
de explotacións gandeiras o 1 de xaneiro de 2022.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.