Naviera Mar De Ons S.L. solicitó a la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade información sobre entidades integradas en el Plan de Transporte Metropolitano. Tras el silencio administrativo, el reclamante acudió a la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación por motivos formales al haberse concedido el acceso a la información con posterioridad.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admitida por haber sido interpuesta en plazo frente a una resolución presunta por silencio administrativo.
2
Se reconoce el derecho general de acceso a la información pública sin necesidad de que el solicitante motive su petición.
3
La administración no resolvió la solicitud dentro del plazo establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
4
La Consellería dictó resolución expresa facilitando la información solicitada después de que el interesado presentara la reclamación ante la Comisión.
5
Se estima la reclamación por motivos formales debido a la falta de respuesta oportuna, sin perjuicio de que el interesado pueda impugnar el contenido de la resolución expresa posterior.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX , mediante escrito do 21 de decembro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de febreiro de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, en representación de Naviera Mar De Ons S.L presentou, mediante escrito
con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 21 de decembro de 2022, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada
perante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade con datas
30 de setembro e 19 de outubro de 2022, de acceso á información pública sobre diversas
cuestións sobre as entidades, navieiras e non navieiras, integradas no Plan de Transporte
Metropolitano.
O reclamante indica que transcorrido o prazo de resposta, non recibiu contestación á súa
solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude asinada con certificado dixital de
representante de persoa xurídica.
Segundo. Con data do 17 de xaneiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 20 de xaneiro de 2023.
Terceiro. Con data do 16 de febreiro de 2023 a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
contesta a petición remitindo o informe e copia do expediente tramitado.
No informe, en síntese, indica que tras a finalización do trámite de audiencia aos terceiros
interesados de conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, na que se considerou
que ao tratarse de información pública non era preciso darlle traslado ás “empresas non
navieiras”, empresas concesionarias do transporte por estrada, dado que os datos son
públicos e de libre acceso para calquera cidadán, con data do 26 de xaneiro de 2023,
resolveuse conceder o acceso á información pública.
Na resolución facilítaselle ao solicitante as entidades que prestan servizos de transporte
marítimo así como as empresas titulares das concesións de servizo público de transporte
regular de viaxeiros de uso xeral por estrada integradas no Plan de Transporte Metropolitano
de Galicia nos corredores indicados.
Con relación aos convenios subscritos coas devanditas entidades e os niveis de compensación
aprobados de cada unha delas diferenciándoos por corredor e anualidade, indícaselle que
unicamente subscribíronse convenios coas entidades navieiras e se lle indica o link para o
acceso á mesma.
Respecto á data de incorporación das concesións de servizo público de transporte regular de
viaxeiros de uso xeral por estrada ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia no corredor
indicado, se lle indica a ligazón onde pode consultar a información.
En canto á información solicitada relativa ás partidas, créditos orzamentarios e aplicacións
orzamentarias correspondes ás anualidades 2015 a 2021, destinadas a financiar os niveis de
compensación ao transporte marítimo de cada un dos corredores integrados no Plan de
Transporte Metropolitano de Galicia, facilítaselle no corpo da resolución o crédito
orzamentario e o gastado por exercicio con cargo á aplicación orzamentaria correspondente.
Respecto das axudas ás empresas integradas no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia
debido á subida dos custos de carburante sufridos no ano 2022, infórmaselle que non se
concederon axudas ou subvencións vinculadas ao transporte metropolitano por ese concepto
e como complemento do anterior, infórmaselle que no exercicio 2022 aprobouse unha
compensación de carácter extraordinario e de natureza contractual, aplicable no marco dos
contratos de concesión da xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de
uso xeral da titularidade da Xunta de Galicia, sen vinculación tampouco co transporte
metropolitano.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade non resolveu a solicitude de acceso á
información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que polo que
debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A entidade interesada solicitou acceso ante a Consellería de determinada información sobre
desestimación, diversas cuestións sobre as entidades, navieiras e non navieiras, integradas no
Plan de Transporte Metropolitano.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade non resolveu en prazo a solicitude de acceso á
información, pero ditou resolución expresa que notificou á persoa interesada con
posterioridade a que esta presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o
acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen
prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX, en representación de
Naviera Mar De Ons S.L con data do 21 de decembro de 2022, contra a desestimación, por
silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade con datas 30 de setembro e 19 de outubro de
2022, de acceso á información pública sobre diversas cuestións sobre as entidades, navieiras
e non navieiras, integradas no Plan de Transporte Metropolitano.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.