Inadmitida 30/05/2017

Solicitud de información sobre el coste económico de los docentes de Religión y resultado de inadmisión por extemporaneidad

El ciudadano solicitó a la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades el coste económico de los docentes de Religión desde 2015, alegando que solo se le facilitó el número de profesores y alumnos. La Comisión de Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por haber sido presentada fuera del plazo legal de un mes.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se considera extemporánea ya que la resolución impugnada fue notificada el 22 de noviembre de 2022 y la reclamación se presentó el 24 de enero de 2023.
2 El plazo para interponer la reclamación es de un mes a contar desde el día siguiente a la notificación del acto impugnado según la Ley 1/2016.
3 De acuerdo con el artículo 116 d) de la Ley 39/2015, el transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 24 de xaneiro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de febreiro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 24 de xaneiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Contra a Resolución do 24 de novembro de 2022, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se resolve a súa solicitude de acceso ao número de docentes que dan clase de Relixión de todas as confesións en educación infantil, primaria, secundaria e Bacharelato e o seu custo económico dende o ano 2015. XXX indica que unicamente se lle deu acceso ao número de profesores e de alumnos, pero ao financiamento público que se destina a abonar o soldo destes profesores. O escrito viña acompañado da copia da resolución impugnada. . FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, reclamación que debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que a notificación da resolución reclamada practicouse o 22 de novembro de 2022, segundo consta na documentación presentada pola interesada, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 24 de xaneiro de 2023, é dicir, fora do prazo previsto. Pola súa banda, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece no seu artigo 30.4, ao regular os termos e prazos, que se o prazo se fixa en meses, estes computaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación do acto de que se trate, ou desde o seguinte a aquel en que se produza a estimación ou desestimación por silencio administrativo. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a notificación ou silencio administrativo no mes de vencemento. Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de procedemento administrativo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017), ACORDO Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data 24 de xaneiro de 2023, contra a Resolución do 24 de novembro de 2022, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. Mª Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia