Inadmitida 28/02/2023 · 29 días en resolverse

Inadmisión de reclamación de la Asociación O Cimborrio contra el Ayuntamiento de Ourense por falta de actuación administrativa

La Asociación O Cimborrio reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia la inactividad del Ayuntamiento de Ourense respecto a la denuncia de un toldo ilegal en zona protegida. La Comisión inadmitió la reclamación porque no se solicitó acceso a información pública, sino que se impugnó una falta de actuación administrativa.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación no constituye una solicitud de acceso a información pública según los artículos 24 de la Ley 1/2016 y 15 de la Ley 19/2013.
2 El objeto de la demanda es la falta de actuación del Ayuntamiento de Ourense ante la denuncia de un local por la instalación de un toldo ilegal, no la obtención de documentos o contenidos públicos.
3 Se procede a la inadmisión de la reclamación de conformidad con el artículo 116.c) de la Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación O Cimborrio, mediante escrito do 30 de xaneiro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de febreiro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. XXX, en representación da Asociación O Cimborrio presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 30 de xaneiro de 2023, unha reclamación contra a falla de actuación do Concello de Ourense ante a denuncia dun local que instalou un toldo nunha zona protexida por unha normativa municipal sendo ilegal e ilegalizable segundo o informe municipal. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 15 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28 da mesma Lei. Na tramitación das reclamacións, debe analizar se a información solicitada é información pública ou non, e de selo, se á información solicitada lle son aplicables ou non os límites establecidos nos artigos 15 e 15 da Lei 19/2013, ou se concorre na mesma algunha causa de inadmisión das establecidas no artigo 18 da mesma Lei. De acordo coa documentación presentada pola Asociación interesada, debe concluírse que non presenta reclamación contra a falla de contestación ou desconformidade cunha solicitude de acceso á información pública, senón que presenta unha reclamación contra a falla de actuación do Concello de Ourense, ante a denuncia dun local pola instalación dun toldo nunha zona protexida por unha normativa municipal sendo ilegal e ilegalizable segundo o informe municipal. Por tanto, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da reclamación presentada, ao non poder considerarse a solicitude presentada, unha solicitude de acceso á información pública de conformidade co disposto nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 15 da Lei 19/2013. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada pola Asociación O Cimborrio contra a falla de actuación do Concello de Ourense ante a denuncia pola instalación dun toldo nun local situado nunha zona protexida por unha normativa municipal sendo ilegal e ilegalizable segundo o informe municipal. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 15 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.