La Asociación O Cimborrio solicitó al Concello de Ourense un informe acústico y una inspección de un local. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo inadmitió la reclamación porque la solicitud no era de acceso a información pública, sino una petición de actuación administrativa (inspección y medición).
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión da Transparencia de Galicia es el órgano competente para resolver reclamaciones sobre acceso a la información pública en entidades locales gallegas según la Ley 1/2016.
2
El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos elaborados o adquiridos en ejercicio de las funciones públicas.
3
La solicitud del recurrente no consistía en acceder a un documento existente, sino en requerir la realización de una visita de inspección, una medición acústica y la comprobación del aislamiento de un local.
4
Se determina que la petición constituye una solicitud de actuación administrativa y no una solicitud de información pública conforme a los artículos 24 de la Ley 1/2016 y 92 de la Ley 19/2013.
5
La reclamación es inadmitida basándose en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación O Cimborrio,
mediante escrito do 31 de xaneiro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada
o día 28 de febreiro de 2023, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, en representación da Asociación O Cimborrio presentou, mediante escrito con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 31 de xaneiro de 2023 , unha reclamación ao amparo
do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude
presentada perante o Concello de Ourense con data 26 de agosto de 2022, na que interesaba
a emisión dun informe acústico do local denominado TIME, sito na Praza do Correxidor, núm.
8, de Ourense.
O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI, acta fundacional
da Asociación.
Segundo. Con data do 1 de febreiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Ourense para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 10 de febreiro de 2023 o Concello de Ourense contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que na reclamación presentada pola Asociación ante a
Comisión a información foi solicitada o 26 de outubro de 2022 e o seu obxecto era o acceso a
un informe acústico do local que se nega a facer pese a telo reclamado dende o 2019, así como
que solicita unha inspección acústica do local, unha medición contra as vivendas do edificio e
se lles remita o correspondente informe acústico e accesos a expedientes de anteriores
medicións que nunca no las entregaron.
Indica o Concello que como documento anexo, achegan unha copia dun escrito no que non
consta nin a data da súa sinatura nin a data da súa presentación no Concello, e no que solicitan
que se lles informe de cando foi a última vez que se fixo unha visita de control ou unha revisión
no local , no caso de caso de ter existido, se lles remita o correspondente informe de visita do
técnico (informe do sonógrafo, limitador de potencia, cumprimento de controis de revisión
dos equipamentos, etc...), se lles informe de cal era o estado do limitador de potencia e que
se lles remita o correspondente informe da visita do técnico.
Revisado o rexistro de entrada do Concello do día indicado na reclamación, constan sete
anotacións rexistrais correspondentes a outras tantas solicitudes formuladas nesa data pola
Asociación das que solo unha delas ten relación co establecemento denominado TIME, pero
que ten como contido a solicitude de que se faga unha visita de inspección ao local e que se
lles remita o correspondente informe acústico, que se faga unha medición acústica nunha
vivenda para configurar o sonómetro do local de xeito que as vibracións e son da música “non
se escoite na vivenda, que se comprobe o correcto illamento acústico do local e se cumpre co
proxecto de illamento e, por último, e para o caso de que o local estea a transmitir valores
que superen os permitidos, que se proceda de inmediato ao peche cautelar da actividade.
Indica o Concello que polo seu contido, non é unha solicitude de información pública.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, e como
xa se lle indicou á Asociación en anteriores ocasións, é un órgano colexiado de carácter
independente que ten como función a resolución de reclamacións fronte ás resolucións de
acceso á información pública establecidas no artigo 28 da mesma Lei.
Na tramitación das reclamacións, debe analizar se a información solicitada é información
pública ou non, e de selo, se á información solicitada lle son aplicables ou non os límites
establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, ou se concorre na mesma algunha causa de
inadmisión das establecidas no artigo 18 da mesma Lei.
De acordo co informe remitido polo Concello, debe concluírse que non presenta reclamación
contra a falla de contestación ou desconformidade cunha solicitude de acceso á información
pública, senón que presenta unha reclamación contra a falla de actuación do Concello ante a
súa solicitude de realización dunha unha visita de inspección a un local, realización dunha
medición acústica e se comprobe o correcto illamento acústico do local e se cumpre co
proxecto de illamento.
Por tanto, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da
reclamación presentada, ao non poder considerarse a solicitude presentada, unha solicitude
de acceso á información pública de conformidade co disposto nos artigos 24 da Lei 1/2016 e
92 da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada pola Asociación O Cimborrio contra falla de
contestación á súa solicitude de inspección e emisión de informe sobre un establecemento de
hostalaría.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 92 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.