La Asociación O Cimborrio solicitó al Concello de Ourense un informe de disciplina urbanística sobre un toldo. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento acabó facilitando la información tras la intervención del organismo.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, no obligando al solicitante a motivar su petición.
2
Las reclamaciones contra resoluciones presuntas por silencio administrativo pueden interponerse en cualquier momento, siguiendo la doctrina de los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
3
Se admite la reclamación al constatarse que el Concello de Ourense no resolvió la solicitud dentro del plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
4
La estimación es por motivos formales debido a que la administración accedió a facilitar la información solicitada con posterioridad a la interposición de la reclamación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación O Cimborrio,
mediante escrito do 31 de xaneiro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada
o día 28 de febreiro de 2023, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, en representación da Asociación O Cimborrio presentou, mediante escrito con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 31 de xaneiro de 2023, unha reclamación ao amparo
do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude
presentada perante o Concello de Ourense con data 26 de outubro de 2022, de acceso ao
informe de disciplina urbanística sobre a legalidade da instalación do toldo na fachada do
edificio nº 3 da praza do Correxidor dese Concello.
O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI, acta fundacional
da Asociación.
Segundo. Con data do 7 de febreiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Concello de Ourense para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 17 de febreiro de 2023 o Concello de Ourense contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude de información formulada pola Asociación
interesada incorporouse ao expediente n° 2021031352 do Servizo de Licenzas de Apertura e
Disciplina Urbanística ao expediente, no que consta emitido o informe solicitado, pero non
consta que se atendese a solicitude.
Á vista do contido da solicitude, e do informe emitido polos servizos técnicos municipais que
constitúe o seu obxecto, estímase que o solicitante ten dereito ao acceso á información
solicitada, polo que procedeuse sen mais trámite á remisión á entidade interesada do
documento electrónico do informe solicitado, remitíndose mediante correo electrónico polo
Coordinador Xeral da Administración Municipal e posteriormente mediante notificación
electrónica, do que remite copia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Ourense non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que
establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que polo que debe admitirse a reclamación por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación interesada solicitou acceso ante o Concello informe de disciplina urbanística
sobre a legalidade dunha instalación dun toldo nunha fachada dun establecemento.
O Concello non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución
expresa que notificou á Asociación interesada con posterioridade a que esta presentase
reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen
prexuízo de que si a Asociación reclamante o estima conveniente, poida presentar
reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da
mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que
corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada pola Asociación O Cimborrio
contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o
Concello de Ourense con data 26 de outubro de 2022, de acceso ao informe de disciplina
urbanística sobre a legalidade da instalación do toldo na fachada do edificio nº 3 da praza do
Correxidor dese Concello.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 92 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.