La Asociación ADEGA solicitó a la Consellería de Economía, Empresa e Innovación el acceso al expediente del parque eólico do Picato. Alegó que solo se le facilitó la addenda de una modificación y no el expediente completo. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque el solicitante pidió específicamente la documentación de la addenda, que fue la entregada.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible al haberse interpuesto el 10 de enero de 2023, dentro del plazo de un mes posterior a la resolución del 29 de diciembre de 2022.
2
La Comisión no tiene competencia para pronunciarse sobre la parte de la información que tiene carácter estrictamente ambiental, la cual se rige por la Ley 27/2006.
3
La solicitud original hacía referencia explícita a la resolución de autorización de la addenda de la modificación número 1 del proyecto (expediente 116EOL/996 EOL).
4
No es posible ampliar el objeto de la solicitud original al expediente completo del parque eólico a través de la vía de reclamación.
5
Cualquier solicitud de documentación adicional o distinta a la ya requerida debe ser objeto de una nueva solicitud de acceso a la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación para a Defensa
Ecolóxica de Galiza (ADEGA) mediante escrito do 10 de xaneiro de 2023, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2023, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de xaneiro de
2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro,
de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 29 de decembro de 2022, da Dirección
Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se resolve a súa solicitude de
acceso ao expediente do Parque eólico do Picato (expediente 996 EOL).
A Asociación reclamante indica que solicitou ante a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería
de Economía Empresa e Innovación, acceso ao expediente do parque eólico do Picato,
instalación que conta a día de hoxe con autorización previa e de construción.
A pesar de que a nosa solicitude se indicaba claramente que se solicitaba acceso ao expediente
completo do Parque eólico do Picato co número de expediente 116EOL, na resposta recibida
o 30 de decembro do 2022, unicamente lle deron acceso a unha addenda da modificación, e
non ao expediente completo tal e como se solicitaba.
Coa reclamación achega copia da solicitude presentada, asinada con certificado dixital de
representante de asociación e copia do seu DNI.
Segundo. Con data do 8 de marzo de 2023, déuselle traslado da documentación achegada
pola entidade reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e
Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e
copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 20 de marzo de 2023, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Economía, Industria e Innovación remite informe e copia do expediente tramitado.
No informe, en resumo indícase que a Asociación solicitante expuña na súa solicitude que foi
coñecedora da resolución da DX de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se
outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción da addenda da modificación
número 1 do proxecto de execución do parque eólico Picato, sito nos Concellos de Guntín e
Lugo (expte. 116EOL) polo que solicitaba o acceso ao devandito expediente, ao abeiro das
Leis 27/2006 e 19/2013.
Pola Administración, deuse traslado da solicitude ao promotor do parque eólico Picato,
Naturgy Renovables, SLU, sen que conste que o promotor presentase escrito algún de
alegacións con respecto a solicitude de acceso á información.
Con data do 29 de decembro de 2022, ditouse resolución pola que se concede acceso a
entidade solicitante á información requirida, que lle foi facilitada mediante un enlace na
propia resolución.
A Dirección Xeral indica que a solicitude de información facía referencia explícita a unha
resolución de autorización concreta, nomeadamente a “Resolución do 13 de decembro de
2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan
as autorizacións administrativas previa e de construción da addenda da modificación número
1 do proxecto de execución do parque eólico Picato, sito nos concellos de Guntín e Lugo,
promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente 996 EOL)”, polo que a petición debe
entenderse referida ao expediente que deu lugar a este acto concreto, polo que se autoriza a
addenda dunha modificación dun proxecto, e que se inicia coa presentación da addenda por
parte da promotora e solicitude de autorización e finaliza coa resolución de autorización. Non
era pois, posible, deducir do escrito que os solicitantes pedisen mais documentación da que
lle foi entregada.
Da documentación que se solicitou, unha parte pode considerarse información ambiental e
outra xeral. A única información que se pode considerar estritamente como ambiental, e a
referente ao informe de valoración ambiental da modificación do proxecto executivo do
parque eólico Picato (...) correspondente á addenda do modificado nº1 do seu proxecto e o
seu proxecto de execución e o Informe sobre solicitude de modificación no proxecto do
parque eólico Picato”, non tendo o resto da documentación carácter ambiental.
Considera a Dirección Xeral que á Asociación solicitante lle foi facilitado o acceso exactamente
a información solicitada, e sen prexuízo de que poida iniciar unha nova solicitude para o
acceso ao outra documentación.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación resolveu a
solicitude o 29 de decembro de 2022, e a reclamación presentouse con data do 10 de xaneiro
de 2023, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A asociación interesada solicitou, como figura na súa solicitude na copia do expediente
remitido pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais acceso ás
autorizacións administrativas previa e de construción da addenda da modificación número 1
do proxecto de execución do parque eólico Picato, sito nos Concellos de Guntín e Lugo,
expediente do que indica a súa numeración: expte. 116EOL.
A Consellería, aínda que fora de prazo, resolveu, previa audiencia á entidade titular do Parque,
conceder o acceso ao dito expediente 116EOL, no que indica que parte da documentación ten
carácter ambiental, e debe rexerse o acceso polo disposto na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola
que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e
xustiza en materia de medio ambiente, e o resto da documentación que forma parte do
expediente debe considerarse información xeral e por tanto rexerse pola Lei 19/2013.
Como xa se indicou en anteriores resolucións desta Comisión, non cabe pronunciarse sobre a
parte da información solicitada de carácter ambiental, que debe rexerse polo disposto na Lei
27/2006 citada, de conformidade coa disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013.
Respecto do acceso á información que non ten tal carácter, se indica pola Asociación que se
lle deu acceso ao expediente da addenda, expediente 996 EOL, que foi o solicitado. A
reclamación, como indica o informe da Dirección Xeral, parece solicitar en vía de reclamación,
acceso a unha documentación distinta da solicitada, que é o expediente completo do parque.
Non pode por tanto estimarse a reclamación, dado que o que solicitou foi o acceso á
documentación da addenda (expediente 116EOL), e foi esa documentación á que se lle deu
acceso, sen se poida admitir en vía de reclamación, a ampliación da solicitude ao expediente
completo do parque, que de ser o caso, debe ser obxecto dunha nova solicitude.
De acordo co anterior, considérase que a documentación proporcionada é a solicitada polo
que procede a desestimación da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación para
a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) contra a Resolución do 29 de decembro de 2022, da
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se resolve a súa
solicitude de acceso ao expediente do Parque eólico do Picato (expediente 996 EOL).
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/178, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.