Desestimada 28/03/2023 · 77 días en resolverse

Reclamación sobre acceso a información relativa a normativa y procedimiento de licencias de vao en la carretera PO-323 desestimada por requerir elaboración de informe

Una ciudadana solicitó a la Agencia Galega de Infraestruturas información sobre la normativa y tasas para obtener una licencia de vao en Vigo. Alegó que la respuesta fue incompleta al no detallar la norma aplicable. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque la solicitud requería la elaboración de un informe ad hoc y no el acceso a documentos existentes.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se refiere a documentos ya existentes y disponibles, no al derecho a que la Administración produzca información nueva.
2 La solicitud no constituye un ejercicio de transparencia, sino una petición de informe ad hoc sobre normativa estatal, autonómica o municipal para una zona concreta.
3 Según la jurisprudencia de la Audiencia Nacional, el derecho a la información no puede confundirse con el derecho a la confección de un informe a medida por un órgano público.
4 El artículo 18.1.c) de la Ley 19/2013 establece como causa de inadmisión los supuestos en los que la información solicitada requiere de elaboración y confección.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 10 de xaneiro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro: XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de xaneiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Dirección Xeral da Axencia Galega de Infraestruturas de data 30 de novembro de 2022, pola que se lle concede o acceso á información pública solicitada con data 24 de outubro de 2022, relativa á estrada PO-323. A reclamante indicaba que no informe remitido alégase que para conseguir o vao permanente é necesario contar con dúas autorizacións: unha para permitir atravesar a beirarrúa e entrar ao garaxe e outra para aparcar diante do mesmo e que a licenza municipal de vao permanente prohibiría a calquera vehículo estacionar diante da entrada, pero non se informa á solicitante cal é a normativa estatal, autonómica ou municipal que regula a concesión da dita licencia de aparcadoiro, polo que considera que non se deu contestación a un dos extremos solicitados relativos á normativa e procedemento a seguir en relación á obtención do que se denomina placa de vao ou licenza para aparcar e na que se establezan non só os requisitos que deba cumprir o solicitante senón tamén a taxa que se debe abonar ao Concello de Vigo, tendo en conta que tanto a beirarrúa como a calzada da Avenida de Galicia forman parte do dominio público da Comunidade Autónoma e non do dominio público do Concello de Vigo, polo que considera que non resulta de aplicación a Ordenanza Fiscal nº 30 deste Concello que se refire unicamente ao dominio público local. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada da resposta e do seu DNI. Segundo. Con data do 17 de xaneiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Axencia Galega de Infraestruturas para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 20 de xaneiro de 2023. Terceiro. Con data do 8 de febreiro de 2023, a Axencia Galega de Infraestruturas contesta a petición remitindo informe e copia do expediente tramitado. No informe, en síntese se indica que se lle remitiu copia do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas de Pontevedra que era moi detallado. Con anterioridade na solicitude de acceso a información pública 006/2022 xa se lle informara á interesada de que o procedemento para obter o vao era competencia do Concello de Vigo e que polo tanto debería dirixirse ao mesmo para saber a súa tramitación. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A resolución impugnada tentouse notificar con data do 11 de novembro de 2022, sendo rexeitada por non acceder a interesada, e foi finalmente notificada con data do 20 de decembro de 2022, polo que debe admitirse a reclamación presentada con data do 10 de xaneiro de 2023, por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O obxecto da reclamación é a falla de información por parte da Axencia Galega de Infraestruturas á normativa estatal, autonómica ou municipal que regula a concesión dunha licencia de aparcadoiro, é dicir á normativa e procedemento a seguir en relación á obtención do que se denomina placa de vao ou licenza para aparcar e na que se establezan os requisitos que deba cumprir o solicitante senón tamén a taxa que se debe abonar ao Concello de Vigo. A petición non se pode considerar unha solicitude de acceso á información pública, senón que debe considerarse unha solicitude á Axencia de que se emita un informe ad hoc sobre cal é a normativa estatal, autonómica ou municipal que regula a concesión dunha licencia nunha determinada zona. A sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017 establece que o artigo 13 da Lei 19/2013, recoñece o dereito dos cidadáns ao acceso á información, pero á información que existe e que está xa dispoñible, o que é distinto, de recoñecer o dereito a que a Administración produza, aínda que sexa con medios propios, información que antes non tiña, xa que o dereito á información non pode ser confundido co dereito á confección dun informe por un órgano público a instancias dun particular. O artigo 18.1.c) da citada Lei, establece como causa de inadmisión os supostos nos que a información que se solicita require de unha elaboración e confección. Nestes casos, é indiferente que dita información obre en poder da Administración ou de calquera outro suxeito obrigado, debendo interpretarse o artigo 13 da Lei no senso de que o dereito á información pública non pode converterse no dereito a obter un informe a medida do requirido polo solicitante. O dereito de acceso á información non inclúe o dereito a que as entidades públicas deban realizar unha investigacións para o solicitante, deba contestar a preguntas por escrito, crear ou producir información coa que non conten ou non teñan obrigación de contar ao momento de efectuarse a solicitude, ou xerar documentos en forma de listas ou estatísticas para responder a unha solicitude. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX contra a Resolución da Dirección Xeral da Axencia Galega de Infraestruturas de data 30 de novembro de 2022, pola que se lle concede o acceso á información pública solicitada con data 24 de outubro de 2022, relativa á estrada PO-323. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.