La Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio solicitó al Concello de Lourenzá acceso a documentación sobre la usurpación de vías públicas y una denuncia de ADEGA. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder en 10 días, ya que la información es pública y no hubo alegaciones del ente local.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
La información solicitada se define como pública al ser documentos elaborados o adquiridos por la administración en ejercicio de sus funciones.
3
El Concello de Lourenzá incurrió en una omisión doble al no resolver la solicitud inicial y no remitir el informe ni el expediente requeridos por la Comisión de Transparencia.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
5
El acceso a la información debe formalizarse respetando los límites de protección de datos personales y los límites legales previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vistas ás reclamacións presentadas por XXX, en representación de Asociación Sociocultural
Mariña Patrimonio, mediante escrito do 24 de xaneiro de 2023, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2023, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX en representación de Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio presentou,
mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 24 de xaneiro de 2023,
unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a desestimación, por silencio administrativo,
da súa solicitude presentada perante o Concello de Lourenzá con data 13 de decembro de
2022, de acceso á documentación relacionada coa posible usurpación de dous treitos da vía
pública resultantes da concentración parcelaria denominada "Lourenzá Sur" e coa denuncia
presentada o 30.03.2022 pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).
A Asociación reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á
información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada con sinatura electrónica de
asociación, e do DNI do representante.
Segundo. Con data 1 de febreiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Lourenzá para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente, sen que polo
concello se dese contestación.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación interesada solicitou acceso á documentación relacionada coa posible usurpación
de dous treitos da vía pública resultantes da concentración parcelaria denominada "Lourenzá
Sur" e coa denuncia presentada o 30.03.2022 pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de
Galiza (ADEGA).
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao concello a achega do seu criterio respecto da
solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente
que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus
argumentos.
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
De acordo co anterior, débese entender que a información solicitada é información pública,
polo que o concello debe resolver expresamente sobre o acceso, dando audiencia se procede
aos terceiros que podan resultar afectados pola resolución que se dite, de conformidade co
disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, e examinando previamente se a información solicitada
está afectada por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en cuxo caso deberá, de
forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os
contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos
(artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista,
se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera
caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
O Concello de Lourenzá non resolveu a solicitude de acceso á información do interesado, polo
que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, o Concello de Lourenzá non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta
Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX, en representación de Asociación
Sociocultural Mariña Patrimonio con data do 24 de xaneiro de 2023, contra a desestimación,
por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Lourenzá con
data 13 de decembro de 2022, de acceso á documentación relacionada coa posible usurpación
de dous treitos da vía pública resultantes da concentración parcelaria denominada "Lourenzá
Sur" e coa denuncia presentada o 30.03.2022 pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de
Galiza (ADEGA).
Segundo: Instar ao Concello de Lourenzá a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda
ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15
da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Lourenzá, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.