Desestimada 28/03/2023 · 61 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Gondomar para acceder a expediente de titularidad de bien municipal, desestimada por ser solicitud repetitiva

Se solicitó al Concello de Gondomar el acceso a un expediente sobre la renuncia de titularidad de una franja de terreno municipal. El reclamante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque ya se había facilitado el acceso a la información solicitada, considerándola una solicitud repetitiva.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, ante la ausencia de resolución expresa, los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2 El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición, conforme al artículo 26.4 de la Ley 1/2016.
3 Según el Criterio 3/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, una solicitud es inadmisible por repetitiva si ya se ha ofrecido la información previamente sin que haya habido modificaciones reales o legales de los datos.
4 Se constata que el Ayuntamiento ya había comunicado al interesado la posibilidad de acudir a la oficina de urbanismo para acceder a la documentación del expediente solicitado.
5 La solicitud se considera repetitiva al haber obtenido ya el acceso a la información, lo que justifica la desestimación de la reclamación.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, en representación de XXX, mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 26 de xaneiro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, en representación de XXX presentou, con data do 26 de xaneiro de 2023, unha reclamación ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Gondomar con data 20 de setembro de 2022, na que interesaba que se lle facilitase a identificación e o acceso ao expediente no que figura a renuncia expresada por un veciño sobre a titularidade da franxa inventariada como ben municipal que consta no expediente XXX inscrita no Plano XXX Camiño Fontenla. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. Segundo. Con data do 1 de febreiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Gondomar para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 2 de febreiro de 2023. Terceiro:-Con data do 1 de febreiro de 2023, o Concello remite informe no que en resumo indica que con data do 1 de outubro de 2020, XXX presentou escrito no que indica que hai unha franxa de terreo inventariada como ben municipal que é de titularidade privada e solicita a revisión da situación, así como múltiples escritos nos que solicita acceso ó expediente XXX, copia do mesmo e información da pavimentación do camiño público. Ante a presentación das súas solicitudes, comunicáselle que pola remisión de documentación debe abonar unha taxa, sen que sexan abonadas polo solicitante. Na solicitude do plano do inventario de camiños públicos (en data 13.09.2022) tras o pago da taxa, consta remitida documentación con data do 1 de decembro de 2022. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. No consta que o Concello resolvese expresamente a solicitude de acceso á información presentada con data do 20 de setembro de 2022, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou en representación dunha terceira persoa, que se lle facilitase a identificación e o acceso a un expediente eu identifica perfectamente co seu número de expediente. O Concello fai constar que nos múltiples escritos presentados polo recorrente nos que solicita acceso ao dito expediente XXX, comunicóuselle que pola remisión de documentación debe abonar unha taxa, concedéndolle o acceso naqueles casos nos que o interesado efectivamente a abonou. Esta Comisión tramitou o expediente RSCTG 171/2022, no que figura, aportado polo propio reclamante, un oficio que o Concello lle remitiu, con data do 20 de setembro de 2022, e no que expresamente se lle comunica que pode acudir a oficina de urbanismo de luns a venres dende ás 8:30 a 14:00 horas para que lle sexa facilitada a documentación obrante no expediente XXX. O Criterio 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno sobre as causas de inadmisión de solicitudes de información repetitiva ou abusiva, sinala que para inadmitir unha solicitude por esta causa, tería que coincidir con outra ou outras presentadas anteriormente polo mesmo ou mesmos solicitantes sen que fose rexeitada, e a resposta adquirise firmeza, ou que xa se lle tivese ofrecido a información e non houbese modificación real ou legal dos datos ofrecidos no seu momento. No presente caso, tal e como consta na documentación remitida polo reclamante no expediente citado tramitado por esta Comisión, ao interesado xa se lle deu acceso ao expediente solicitado, polo que debese considerar a solicitude como repetitiva e por tanto procede e desestimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar, a reclamación presentada por XXX, en representación de XXX con data do 26 de xaneiro de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Gondomar con data 20 de setembro de 2022, na que interesaba que se lle facilitase a identificación e o acceso ao expediente no que figura a renuncia expresada por D. José Álvarez Domínguez sobre a titularidade da franxa inventariada como ben municipal que consta no expediente XXX inscrita no Plano XXX Camiño Fontenla. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 12.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.