El solicitante pidió al Concello de Ourense el expediente de una intervención policial en un local de ocio. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento acabó facilitando la información tras interponerse el recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
El Concello de Ourense no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 20.1 de la Ley 19/2013.
3
La administración procedió a la remisión de la información solicitada al interesado el 27 de febrero de 2023, previa disociación de datos personales.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que el acceso a la información se materializó con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 30 de xaneiro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 30
de xaneiro de 2023, unha reclamación contra a desestimación por silencio administrativo, da
súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data 29 de outubro de 2022, na
que interesaba obter a copia do expediente da intervención feito pola policía local o día
29/10/22 con respecto a un establecemento de ocio.
XXX indica que non recibiu contestación á súa solicitude.
Coa reclamación achega copia da solicitudes presentadas e do seu DNI .
Segundo. Con data do 7 de febreiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Ourense para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 15 de febreiro de 2023.
Terceiro. Con data do 1 de marzo de 2023 o Concello de Ourense contesta a petición remitindo
o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que dos escritos presentados polo reclamante ante o
Concello, unicamente existe unha solicitude de acceso á información no que solicita a copia
do informe da intervención realizada pola Policía Local o 28 de outubro de 2022, no que
solicita a data na que se notificou ao titular do establecemento o Decreto polo que se
suspendeu a actividade do local e no que solicita información sobre se o local solucionou as
deficiencias que tiña e en que data presentou por rexistro de entrada a documentación que
así o acredita e se transcorreron os preceptivos 5 días antes de poder abrir o local. Indica o
Concello que non consta que se atenderan esas solicitudes e que procedeuse á remisión
directa da dita información ao interesado con data 27 de febreiro de 2023, previa a disociación
dos datos de carácter persoal.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 106 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Ourense non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que
establece o artigo 20.1 da Lei 19/2013, senón que o resolveu con posterioridade a que o
interesado presentase a reclamación nesta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación
por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado presentou unha reclamación contra a desestimación por silencio administrativo,
da súa solicitude de acceso ante o Concello de Ourense, a determinada documentación dun
local de ocio.
O Concello, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, dita resolución
expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentara reclamación
ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar a presente reclamación por motivos formais, e sen
prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello
de Ourense, sobre determinada documentación dun local de ocio.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 106 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.