El interesado solicitó al Concello de Val de Dubra el expediente sobre el cambio de ubicación de unos contenedores de basura o los motivos de dicho cambio. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder al ciudadano en 10 días hábiles.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública comprende cualquier contenido o documento elaborado o adquirido por los sujetos obligados en el ejercicio de sus funciones.
2
El derecho de acceso es de amplio ámbito objetivo y subjetivo, no obligando al solicitante a motivar su petición.
3
La administración tiene la obligación de proporcionar una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
4
El hecho de que el interesado se dirigiera inicialmente de forma verbal al Ayuntamiento no exime a la administración de responder a la solicitud formal presentada por escrito.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver las solicitudes de acceso en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 31 de xaneiro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 31
de xaneiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Val de Dubra con data 21
de outubro de 2022, de acceso ao expediente tramitado para xestionar o cambio de
localización duns contedores de lixo ou, no caso de non terse tramitado o dito expediente, se
proporcione información sobre as causas que xustificaron o cambio e a súa colocación nun
lugar diferente.
XXXX indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 7 de febreiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Val de Dubra para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 9 de febreiro de 2023.
Terceiro. Con data do 8 de marzo de 2023 o Concello de Val de Dubra contesta a petición
remitindo informe, sen remitir a copia do expediente de acceso á información solicitado.
Neste informe, en resumo, indícase que XXX púxose en contacto verbal co Alcalde para
manifestar a desconformidade pola localización dos contedores de lixo que se atopan no
fronte da súa finca, solicitando o cambio dos mesmos e por parte da alcaldía informóuselle
que os contedores tratan de ubicarse sempre onde menos molestias causen, e tentando
buscar un consenso veciñal.
Analizada a situación cos veciños, non existe un consenso para ubicar os contedores. Os
contedores en ningún caso usurpan a propiedade do reclamante, senón que se sitúan na vía
pública, non tendo o reclamante nesa zona ningún acceso á súa finca que puidese verse
afectado.
Para tentar evitar conflitos veciñais, o concello moveu algún dos contedores, de xeito que as
supostas afeccións negativas que alega se visen minorizadas.
Informa que respecto da existencia dun expediente no concello relativo a dito caso, non se
creou dito expediente posto que inicialmente o reclamante se dirixiu o concello de xeito verbal
polo cal non procede a apertura do mesmo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Val de Dubra non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente,
polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX presentou reclamación por non obter resposta á súa solicitude de acceso ao expediente
tramitado para xestionar o cambio de localización duns contedores de lixo ou as causas que
xustificaron o cambio e a súa colocación nun lugar diferente.
O Concello remite unha explicación sobre os motivos polos que os contedores teñen esa
ubicación, e informa que non creou un expediente da solicitude de acceso á información posto
que inicialmente o reclamante se dirixiu ao concello de xeito verbal.
Se ben XXX puido dirixirse ao Concello de forma verbal, o certo é que coa súa reclamación,
remite copia dun escrito que ten rexistro de entrada no Concello do 21 de outubro de 2022,
no que expresamente solicita que se lle dea acceso ao expediente tramitado para xestionar o
cambio de ubicación dos contedores, e no caso de que non se houbera tramitado, que se lle
informe dos motivos que xustificaron o cambio, e do que non obtivo contestación.
O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito
obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública no que o posible
obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra, é todo contido ou documento
que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou elaborado no exercicio
das súas funcións.
O obxectivo final da Lei é o escrutinio da acción pública, mediante o coñecemento do proceso
de toma de decisións como medio de rendición de contas dos responsables públicos.
Os Tribunais de Xustiza pronunciáronse no senso de que o acceso á información debe
recoñecerse con carácter amplo, e así, o Xulgado Central do Contencioso-Administrativo nº 4
de Madrid, en sentenza nº 93/2017, do 17 de xullo de 2017, establece que o artigo 12 da Lei
19/2013 recoñece do dereito de acceso á información pública a todas as persoas, sen
distinción.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública, resposta que neste caso non se deu.
O Concello de Val de Dubra non resolveu de forma expresa a solicitude de acceso á
información do interesado, polo que procede a estimación da reclamación presentada,
lembrando ao dito Concello que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 31 de xaneiro de 2023,
contra a denegación desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada
perante o Concello de Val de Dubra con data 21 de outubro de 2022, de acceso ao expediente
tramitado para xestionar o cambio de localización duns contedores de lixo ou, no caso de non
terse tramitado o dito expediente, se proporcione información sobre as causas que
xustificaron o cambio e a súa colocación nun lugar diferente.
Segundo: Instar ao Concello de Val de Dubra a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Val de Dubra a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.