El solicitante pidió al Concello de Culleredo el informe de insonorización de un local. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento acabó facilitando la información tras interponerse el recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, frente a resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
El Concello de Culleredo no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 20.1 de la Ley 19/2013.
3
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la administración notificó una resolución expresa facilitando el acceso a la información con posterioridad a la presentación de la reclamación.
4
Se deja a salvo el derecho del reclamante a presentar una nueva reclamación si considera insuficiente la resolución expresa recibida.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 2 de febreiro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 2
de febreiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional
quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello
de Culleredo con data 2 de decembro de 2022, na que interesaba copia do informe emitido
pola empresa VIROCEM S.L. da comprobación da insonorización e do illamento acústico do
establecemento denominado “pub Birras”, situado no baixo nº 1 da Rúa Miramar, cuxos
servizos se contrataron por ese concello.
XXX indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 7 de febreiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Concello de Culleredo para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 9 de febreiro de 2023.
Terceiro. Con data do 14 de marzo de 2023 o Concello de Culleredo contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 17 de febreiro de 2023, dáselle traslado
das actuacións que constan no expediente de licenza de actividade (expediente núm. XXX),
así como dunha copia anonimizada do certificado illamento acústico e certificado de axuste
nivel sonoro limitador do establecemento solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións
corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao
Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a
competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento
fronte a actos que non sexan expresos.
O Concello de Culleredo non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo
que establece o artigo 20.1 da Lei 19/2013, senón que o resolveu con posterioridade a que o
interesado presentase a reclamación nesta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación
por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX presentou unha reclamación contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa
solicitude de acceso á copia dun informe emitido para a comprobación da insonorización e
do illamento acústico dun establecemento de ocio.
O Concello, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou
resolución expresa que notificou á interesado con posterioridade a que este presentara
reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación por
motivos formais, e sen prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida
presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na
tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a
resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 2 de
febreiro de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude
presentada perante o Concello de Culleredo con data 2 de decembro de 2022, na que
interesaba copia do informe emitido por unha empresa sobre a comprobación da
insonorización e do illamento acústico dun establecemento de hostalaría cuxos servizos se
contrataron por ese Concello.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.