Desestimada 28/03/2023 · 46 días en resolverse

Reclamación contra el Concello de Vigo por denegación de acceso a expedientes de licencia de vao y título urbanístico

El solicitante pidió al Concello de Vigo acceso a los expedientes de licencia de vao y título urbanístico de un lavado de coches. Alegó que la resolución municipal solo abordaba la licencia de vao y no el título urbanístico. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación al considerar correcta la respuesta sobre la inexistencia de la licencia y el traslado del trámite urbanístico al órgano competente.

Puntos clave de la argumentación

1 Cuando se solicita documentación inexistente, el sujeto obligado cumple indicando claramente que la información no existe y aportando la que sí dispone.
2 El traslado de la solicitud a la Gerencia Municipal de Urbanismo es conforme al artículo 19 de la Ley 19/2013, ya que dicho organismo autónomo es quien posee la información solicitada.
3 La reclamación fue admitida a trámite al haberse interpuesto dentro del plazo de un mes posterior a la notificación del acto impugnado.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 14 de decembro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de febreiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Concellería de seguridade, contratación e xestión municipal do Concello de Vigo de data 7 de febreiro de 2023, pola que se inadmite a súa solicitude de información pública formulada con data 12 de xaneiro de 2023, na que interesaba o acceso aos expedientes administrativos tramitados para a concesión de licenza de vao e concesión do título urbanístico habilitante para exercer a actividade de lavado de coches, respecto do inmoble sito no núm. XXX da rúa XXX dese Concello. XXX indicaba que a solicitude refírese a dous expedientes respecto ao mesmo inmoble, un tramitado no Departamento de Seguridade relativo á licenza de vao e outro tramitado en Urbanismo respecto ao título urbanístico para exercer a actividade no inmoble. Na resolución, recoñécese que o órgano competente para resolver a solicitude de acceso á información pública é a Concelleira, pero a resolución unicamente refírese ao acceso ao expediente de licenza de vao pero non resolve o acceso ao expediente urbanístico, senón que se da traslado á Xerencia de Urbanismo para que resolva. Segundo. Con data do 14 de febreiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 1 de marzo de 2023 o Concello de Vigo contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 16 de xaneiro de 2023 solicitouse informe ao Servizo de Seguridade e Mobilidade e co data do 17 do mesmo mes á Xerencia Municipal de Urbanismo, do que se lle deu coñecemento á solicitante con data do 18 de xaneiro de 2023. O Servizo de Seguridade e Mobilidade emite informe no que indica que non constan, salvo erro, datos da concesión de entrada de vehículos no dito enderezo e o Técnico Medio de Servizos Económicos emite informe no que fai constar que figura de alta no Padrón Fiscal de Exaccións Unificadas Industrias, unha entrada de vehículos de sete metros a lavado de vehículos na citada dirección, con nº de inscrición XXX (de alta dende a lo menos o exercicio XXX), e non consta na base de datos da Xestión Tributaria ningún dato nin expediente sobre a licenza de vao. De acordo co anterior, por Resolución da Concelleira de Seguridade, Contratación, e Xestión Municipal inadmitiuse a solicitude formulada e no mesmo acto comunicóuselle que en data 17.01.2023 deuse traslado da solicitude a Xerencia Municipal de Urbanismo aos efectos da resolución do acceso ao expediente de concesión de título urbanístico. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. O Concello de Vigo resolveu a solicitude de acceso á información con data do 7 de febreiro de 2023 e a reclamación presentouse con data do 10 do mesmo mes, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou ao Concello, acceso aos expedientes administrativos tramitados para a concesión de licenza de vao e concesión do título urbanístico habilitante para exercer a unha actividade nun inmoble que identifica. O Concello, emitiu resolución na que lle comunica que non constan datos da concesión de entrada de vehículos no enderezo e que figura de alta no Padrón Fiscal de Exaccións Unificadas Industrias, unha entrada de vehículos de sete metros para lavado de vehículos na citada dirección, facendo constar o seu nº de inscrición e a data da que está de alta. De acordo co informe emitido polo Concello, a resolución da acceso á XXX á información da que dispón en relación co inmoble, sen que lle conste o titulo urbanístico da actividade. No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou unha documentación que non existe, o suxeito obrigado cumpre, indicando ao solicitante con claridade, que a información solicitada non existe e a información da que dispón. De acordo co anterior, considérase axeitada a resposta dada polo Concello respecto da información solicitada. Na mesma data, o Concello comunicou á XXX que remitía a súa solicitude á Xerencia Municipal de Urbanismo aos efectos da resolución do acceso ao expediente de concesión de título urbanístico, en cumprimento do artigo 19 da Lei 19/2013, dado que é este organismo autónomo administrativo con personalidade xurídica pública y patrimonio propios, o que está en poder da información solicitada. O dito trámite, do que se informou á XXX, é conforme co establecido na normativa de Transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX contra á Resolución da Concellería de seguridade, contratación e xestión municipal do Concello de Vigo de data 7 de febreiro de 2023, pola que se inadmite a súa solicitude de información pública formulada con data 12 de xaneiro de 2023, na que interesaba o acceso aos expedientes administrativos tramitados para a concesión de licenza de vao e concesión do título urbanístico habilitante para exercer a actividade de lavado de coches, respecto dun inmoble. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.