El solicitante pidió al SERGAS las evaluaciones trimestrales de los acuerdos de gestión de 2022. El SERGAS denegó el acceso alegando que eran documentos internos. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, determinando que el resultado final de una evaluación formal no es información auxiliar, sino un documento oficial de rendición de cuentas.
Puntos clave de la argumentación
1
La denegación basada en la naturaleza de 'documentación auxiliar o de apoyo' (art. 18.1.b Ley 19/2013) debe interpretarse de forma restrictiva y favorable al derecho de acceso.
2
La condición de información auxiliar no depende de la denominación formal del documento, sino de su relevancia real para la rendición de cuentas y el conocimiento de la toma de decisiones públicas.
3
Según el Criterio interpretativo 6/2015, la causa de inadmisión se aplica a borradores, textos preliminares o valoraciones personales, pero no a documentos que manifiesten la posición de un órgano o entidad.
4
Se distingue entre los intercambios preliminares de información (que sí podrían ser internos) y el resultado final de la evaluación formal, el cual sirve para comprobar el grado de cumplimiento de los objetivos.
5
Al ser los resultados de la evaluación una herramienta de dirección para la mejora de los servicios asistenciales, no pueden considerarse información de carácter auxiliar.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 20 de xaneiro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 14
de febreiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) con
data 10 de xaneiro de 2023, de acceso ás avaliacións trimestrais previstas nos acordos de
xestión para o ano 2022 asinadas coas sete áreas sanitarias de Galicia.
XXX indica que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 20 de febreiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo XXX á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 27 de febreiro de 2023 XXX remite escrito no que indica que recibiu
resolución expresa a súa solicitude de acceso ás avaliacións trimestrais previstas nos acordos
de xestión para 2022 asinados polo Sergas coas sete áreas sanitarias, xa que os acordos de
xestión, publicados na web do Sergas, conteñen unha serie de indicadores numéricos dos
obxectivos fixados a cada área sanitaria e establecen a realización de avaliacións trimestrais
para comprobar o seu grao de cumprimento.
O Sergas responde que esas avaliacións son documentos internos, algo que considera
incorrecto xa que forman parte dos propios acordos de xestión como comprobación formal
do seu cumprimento. O Sergas fai referencia a intercambios de información entre os seus
equipos centrais e periféricos con constantes alegacións, modificacións, e polo tanto iso si
podería ser considerado documentación interna ou de traballo, pero non pode ter esa
consideración o resultado final da avaliación formal prevista nos propios acordos de xestión,
xa que serven para comprobar o seu Grao de cumprimento.
Indica XXX que non poden ser considerados informes internos senón o resultado final deses
procesos internos, que acaban configurando un documento oficial en poder da administración
cuxa elaboración vén esixida polos propios acordos de xestión.
Cuarto.- Con data do 28 de febreiro de 2023 remitiuse á Consellería de Sanidade o escrito
presentado polo reclamante e con data do 1 de marzo de 2023, a Consellería de Sanidade
remite oficio co que achega informe da Vicexerente do Servizo Galego de Saúde no que faise
constar que os acordos de xestión son unha ferramenta de dirección para facilitar o
desenvolvemento de actuacións cun fin común na organización para programar unha máis e
mellor asistencia aos pacientes galegos, co fin de avanzar na mellora continua dos servizos
asistenciais que o Servizo Galego de Saúde debe prover á poboación.
Para realizar o seguimento da actividade desenvolvida no exercicio 2022, establécese un
conxunto de indicadores consensuados entre os equipos directivos do Servizo Galego de
Saúde centrais e periféricos e realízase internamente unha monitorización periódica
trimestral que son documentos internos entre os equipos centrais e periféricos, con
constantes alegacións, modificacións e non son obxecto de acceso, ao entrar directamente
nas causas de inadmisión establecidas no artigo 18 b) da Lei 19/2013 .
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 237 da Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 237.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 237.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que segundo consta no expediente, o interesado presentou a reclamación contra a
desestimación por silencio administrativo, ditándose con data posterior resolución expresa
por parte da Consellería de Sanidade, debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou acceso ás avaliacións trimestrais previstas nos acordos de xestión para o ano
2022 asinadas coas sete áreas sanitarias de Galicia, sen obter inicialmente resposta por parte
da Administración sanitaria, dentro do prazo que a Lei establece.
Unha vez interposta a reclamación, a Consellería dita resolución expresa pola que se inadmite
o acceso á información por considerar o Servizo Galego de Saúde que esas avaliacións son
documentos internos, polo que procede a súa inadmisión de acordo co disposto no artigo 18.1
b) da Lei 19/2013, por ser información de carácter auxiliar ou de apoio.
Documentación auxiliar ou de apoio é un concepto xurídico indeterminado que ha de ser
resolto atendendo a criterios de sentido común, en relación co contexto en que se sitúa e ao
que debe dárselle unha interpretación claramente restritiva do ámbito de aplicación do artigo
18.1.b) da Lei, é dicir, unha interpretación abertamente favorable ao exercicio do dereito de
acceso.
É a condición de auxiliar ou de apoio da información e non a denominación formal que a
mesma poida recibir o elemento determinante para a aplicación da causa de inadmisión.
Imponse, pois, o exame, en cada caso, da información cuxo carácter auxiliar alégase, ao
obxecto de decidir si, efectivamente, conta ou non coa devandita natureza.
A enumeración do artigo 18.1.b) é unha mera exemplificación que, en ningún caso, afecta a
todos os conceptos enumerados, senón aos que realmente teñan a condición principal de
auxiliar ou de apoio. Isto é, pode ser que a información contida nalgún dos documentos desa
listaxe –nota, borrador, resumo,- careza, para os efectos do seu acceso, de natureza de auxiliar
ou de apoio, da mesma forma que, no ángulo inverso, non cabe excluír a posibilidade de que
sexa, con todo, información desta clase a plasmada noutros posibles documentos, en soportes
diferentes.
O Criterio interpretativo 6/2015 concreta, con precedentes claros en resolucións anteriores,
que a causa de inadmisión xorde ante información que conteña opinións ou valoracións
persoais do autor que non manifesten a posición dun órgano ou entidade, que se trate dun
texto preliminar ou borrador sen a consideración de final, que se trate de información
preparatoria da actividade do órgano ou entidade que recibe a solicitude, informes non
preceptivos e que non sexan incorporados como motivación dunha decisión final. É a
información preparatoria, non a que presenta a consideración de final; a que expresa opinións
ou valoracións persoais do autor, non a posición dun órgano ou entidade. O criterio
verdadeiramente determinante para a inclusión de determinada información no ámbito de
aplicación da dita causa de Inadmisión ven dado, en conexión coa propia finalidade da Lei
manifestada no seu Preámbulo, pola súa relevancia para a rendición de contas, o
coñecemento da toma de decisións públicas, e a súa aplicación. O propio Criterio declara que
a motivación que esixe a Lei 19/2013, para que operen as causas de inadmisión ten a
finalidade de evitar que se denegue información que teña relevancia na tramitación do
expediente ou na conformación da vontade pública do órgano, información que, en ningún
caso, terá a condición de información de carácter auxiliar ou de apoio que, por definición,
supón unha limitada incidencia ou relevancia nunha decisión pública; liña na que igualmente
apuntan os pronunciamentos xudiciais na materia. Por tanto, a natureza auxiliar ou de apoio
de determinada información non deriva de ningún dato ou elemento cualitativo, das súas
posibles características obxectivas senón que depende, en último termo, da significación que
poida ter para o coñecemento de como se adoptou determinada decisión.
No presente caso, como ben indica XXX os intercambios de información entre os equipos
centrais e periféricos do SERGAS de alegacións e modificacións, pode ser considerado
documentación interna ou de traballo, pero non pode ter esa consideración o resultado final
da avaliación formal prevista nos propios acordos de xestión, xa que serven para comprobar
o seu Grao de cumprimento, e que son, segundo o informe do Servizo Galego de Saúde, unha
ferramenta de dirección para facilitar o desenvolvemento de actuacións cun fin común na
organización das programacións dunha mellor asistencia aos pacientes, co fin de avanzar na
mellora continua dos servizos asistenciais que o Servizo Galego de Saúde debe prover á
poboación.
De acordo co anterior, non pode considerarse que os resultados da avaliación formal prevista
nos acordos de xestión sexa unha información auxiliar ou de apoio, polo que procede estimar
a reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 14 de febreiro de 2023,
contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o
Servizo Galego de Saúde (SERGAS) con data 10 de xaneiro de 2023, de acceso ás avaliacións
trimestrais previstas nos acordos de xestión para o ano 2022 asinadas coas sete áreas
sanitarias de Galicia.
Segundo: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.