Una ciudadana solicitó a la Xunta de Galicia información sobre la compra de libros de texto con fondos públicos en colegios de Boiro. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la solicitud y ordena a la Consellería competente remitir la documentación requerida.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición, basándose en los artículos 26.4 de la Ley 1/2016 y 13 de la Ley 19/2013.
3
La administración tiene la obligación de proporcionar una respuesta documentada, completa y satisfactoria para garantizar el control ciudadano de la actuación pública.
4
Se determina que la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no remitió la información solicitada a la interesada, limitándose a informar a la Comisión sobre la normativa aplicada.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 20 de febreiro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 20
de febreiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral da Presidencia da
Xunta de Galicia con data 20 de setembro de 2022, de acceso á determinada información
relativa á compra, con fondos públicos, de libros de texto polos colexios do Concello de Boiro.
XXX indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 24 de febreiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e
á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
Terceiro. Con data do 8 de marzo de 2023 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Presidencia, Xustiza e Deportes remite oficio no que informa que a solicitude da interesada e
petición de informe da Comisión da Transparencia, foi remitida á Secretaria Xeral Técnica da
Consellería de Cultura, Educación, Formación e Universidades, por ser asunto da súa
competencia.
Con data do 9 de marzo de 2023, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades remite informe no que indica a normativa para a participación no fondo
solidario de libros de texto e a convocatoria das axudas para adquirir libros de texto e material
escolar destinadas ao alumnado para o curso escolar 2022/23 e indica que todos os centros
aos que fai referencia a reclamante no seu escrito axustáronse aos parámetros e límites
establecidos na convocatoria.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou da Administración Autonómica acceso á determinada información relativa á
compra, con fondos públicos, de libros de texto polos colexios do Concello de Boiro, sen obter
resposta.
A Consellería competente en materia de educación, remitiu a esta Comisión un informe no
que indica a normativa aplicable á compra de libros de texto e indica que todos os centros aos
que fai referencia a reclamante no seu escrito axustáronse aos parámetros e límites
establecidos na convocatoria, sen que conste que a dita información fose remitida XXX.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública.
Debe por tanto a Consellería resolver expresamente a solicitude de acceso á información,
remitindo a documentación que proceda XXX.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 20 de febreiro de 2023,
contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á determinada
información relativa á compra, con fondos públicos, de libros de texto polos colexios do
Concello de Boiro.
Segundo: Instar á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a
que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información
solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o
artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a
que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do
envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.