El solicitante pidió al Concello da Coruña copia de la licencia de un andamio y medidas de seguridad. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, determinando que la licencia es información pública y ordena al Ayuntamiento dictar una resolución expresa en 10 días.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud de copia de una licencia o autorización de instalación de un andamio constituye información pública al ser un documento elaborado o adquirido en ejercicio de funciones administrativas.
2
Se rechaza el argumento del Ayuntamiento de que la información no es pública por no estar contemplada en los artículos de publicidad activa (información institucional, organizativa o económica).
3
La publicidad activa y el derecho de acceso a la información pública son dos dimensiones distintas de la obligación de transparencia; que un dato no deba publicarse proactivamente no impide el acceso mediante solicitud.
4
El derecho de acceso solo puede denegarse basándose en los límites previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013 o causas de inadmisión del artículo 18, siempre con motivación previa.
5
La solicitud de información sobre las medidas que la administración adoptará para evitar un accidente no encaja en el concepto de información pública regulada por la Ley de Transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 24 de febreiro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de abril de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 24
de febreiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por
silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello da Coruña con data
17 de xaneiro de 2023, de acceso á copia da licenza ou autorización do andamio sito na rúa
XXX núm. XXX, coa indicación do seu prazo de caducidade, así como as medidas a adoptar polo
concello para evitar un accidente.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 28 de febreiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello da Coruña para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 28 de marzo de 2023 o Concello da Coruña contesta a petición remitindo
o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, que ante a solicitude do interesado abriuse o expediente XXX con
data 20 de xaneiro de 2023 aos tres días da presentación da dita solicitude, e o día 15 de marzo
de 2023 emitiuse comunicación mediante notificación telemática ao interesado na que se lle
informa que con data do 29 de xullo de 2021 por unha entidade presentouse solicitude de
autorización de ocupación do dominio público con andamio para obra de rehabilitación na rúa
XXX, XXX, na que non estando completa a solicitude, efectuouse requirimento de emenda que
foi atendido en data. Consta pago de taxas e foi solicitado informe técnico municipal que non
chegou a emitirse, polo que o Concello en ningún caso autorizou a ocupación solicitada.
Realizouse unha visita de comprobación en data 2 de xaneiro de 2023 emitindo informe no
que se fai constar a instalación na vía pública do andamio no dito enderezo, sen autorización,
e con evidentes signos externos de inseguridade e insalubridade e abandono. Con data do 13
de febreiro de 2023 efectuouse un primeiro requirimento de regularización da situación do
andamio, para presentar a documentación que é necesaria para outorgar a autorización, ou
solicitando no seu caso a retirada da instalación da vía pública. O requirimento cursado á
entidade solicitante da autorización foi rexeitado telemáticamente transcorridos 10 días
desde a posta a disposición e reiterouse o 28 de febreiro de 2023, que volve a ser rexeitado
telemáticamente aos 10 días desde a posta a disposición, polo que cursouse o mesmo
requirimento á entidade titular da licenza.
Logo de manifestar por conversación telefónica coa persoa representante da entidade que a
instalación ía ser retirada da vía pública, efectuouse comprobación en data 7 de marzo de
2023 de que o dito andamio foi retirado.
Considera o Concello que o prazo para a contestación e tramitación da solicitude presentada
é de 3 meses, de conformidade co disposto no artigo 21.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,
de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, polo que a
contestación á solicitude de información presentada tivo lugar dentro do prazo legalmente
previsto ao efecto.
Respecto da aplicación da normativa contida na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de
transparencia, acceso á información pública e bo goberno, considera o Concello que a
información solicitada polo interesado non é obxecto de aplicación da dita normativa, a tenor
do disposto nos artigos 6, 7 e 8 da Lei 19/2013, xa que non se trata de información
institucional, organizativa, de planificación, nin de relevancia xurídica, nin económica,
orzamentaria ou estatística, senón que se trata dunha solicitude de información
administrativa en relación a unha autorización de tipo administrativo que debe resolverse
polo procedemento administrativo común establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, que
regula este tipo de procedementos.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello da Coruña non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información, polo
que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX presentou reclamación ante esta Comisión pola falla de resolución da súa solicitude de
acceso á copia da licenza ou autorización do andamio sito na rúa Santiago de la Iglesia núm.
14, coa indicación do seu prazo de caducidade, así como as medidas a adoptar polo concello
para evitar un accidente.
Se ben a solicitude de informe ao Concello sobre as medidas que vai a adoptar para evitar un
accidente non poden encadrarse dentro do concepto de información pública do artigo 13 da
Lei 19/2013, a solicitude de acceso á copia da licencia ou autorización do andamio debe
considerarse unha solicitude de acceso á información pública que deben tramitarse de acordo
co establecido na referida Lei. Non pode compartirse a afirmación feita no informe do
Concello de que non se trata dunha solicitude de acceso á información que deba tramitarse
pola normativa de Transparencia porque non se trata de información institucional,
organizativa, de planificación, nin de relevancia xurídica, nin económica, orzamentaria ou
estatística de acordo co disposto nos artigos 6, 7 e 8 da Lei 19/2013, xa que os ditos artigos
refírense á información que debe ser obxecto de publicidade activa.
Como xa ten explicado esta Comisión noutras resolucións, a publicidade activa e o dereito de
acceso á información pública son dous caras da mesma obriga de transparencia. A publicidade
activa prevista no artigo 5 da Lei básica estatal 19/2013 consiste en que os titulares da
información teñen a obriga de publicar a información, de forma periódica e actualizada, cuxo
coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co
funcionamento e control da actuación pública.
Pola súa banda o dereito de acceso á información pública é o dereito de toda persoa a acceder
á información pública, entendéndose esta como os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta Lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.
Por tanto, o lexislador xa parte da base de que non todo ten porque estar publicado, e a partir
da definición do que é información pública todas as persoas, se así o solicitan, poden ter
acceso aos contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten
en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 19/2013 e que fosen
elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, e a súa solicitude debe resolverse no
prazo dun mes. Non cabe dúbida que un expediente de comunicación previa ou de licencia de
instalación dun andamio, é información pública.
O acceso só pode denegarse nos supostos previstos nos artigos 14 e 15 (limites do acceso á
información) da citada norma ou por algunha das causas de inadmisión establecidas no artigo
18, e en todo caso, previa motivación da existencia do límite ou causa de inadmisión.
No presente caso, o Concello non ditou resolución expresa sobre a solicitude de acceso á
información, que debeu ditar no prazo dun mes de acordo co disposto no artigo 20.1 da Lei
19/2013, senón que remitiu un informe sobre a situación do andamio, polo que procede
estimar a reclamación presentada, instando ao Concello a que dite resolución expresa de
acordo co establecido na normativa de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 24 de febreiro de 2023,
contra desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o
Concello da Coruña con data 17 de xaneiro de 2023, de acceso á copia da licenza ou
autorización do andamio sito na rúa XXX núm. XXX.
Segundo: Instar ao Concello da Coruña a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, dite
resolución expresa sobre a solicitude, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei
19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello da Coruña a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da dita resolución.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.