Inadmitida 30/05/2017

Solicitud de información sobre visitas de control y revisión técnica del local Boca do Lobo y resultado de inadmisión

La Asociación O Cimborrio solicitó al Concello de Ourense información sobre visitas de control y el informe técnico del local Boca do Lobo. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por haber sido presentada fuera del plazo legalmente establecido.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se considera extemporánea ya que la notificación de la resolución reclamada se practicó el 24 de noviembre de 2022 y la reclamación se presentó el 27 de febrero de 2023.
2 El transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión según el artículo 116 d) de la Ley 39/2015.
3 La tramitación de las reclamaciones ante la Comisión de Transparencia se ajusta a la normativa de procedimiento administrativo común en materia de recursos.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación O Cimborrio, mediante escrito do 27 de febreiro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de abril de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, en representación da Asociación O Cimborrio presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27 de febreiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data 12 de novembro de 2022 na que interesaba que se lle informe de cando foi a última vez que se fixo unha visita de control ou unha revisión no local denominado Boca do Lobo na Rúa Lúa número 7, no caso de ter existido se lle remita o correspondente informe da visita do técnico (informe do sonógrafo, limitador de potencia, cumprimento dos controis de revisión dos equipamentos, etc.) e de cal era o estado do limitador de potencia. XXX indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI, acta fundacional da Asociación. Segundo. Con data do 7 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Concello de Ourense para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 27 de marzo de 2023 o Concello de Ourense contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude presentada pola Asociación O Cimborrio na que se pedía información sobre a data na que se fixera por última vez unha visita de control ou revisión do local denominado Boca do Lobo, que no caso de ter existido se remitise o correspondente informe da visita do técnico (informe do sonógrafo, limitador de potencia, cumprimento dos controis de revisión dos equipamentos, etc...) e de cal era o estado do limitador de potencia presentouse o 16 de novembro de 2022 e non o 12 como indica a Asociación reclamante. Indica o Concello que deu traslado á Asociación do informe acústico de 6 de xuño de 2022 (que era o último de que se dispuña nese momento) o 24 de novembro de 2022, polo que considera que a reclamación debe ser desestimada, ao terse remitido á Asociación o último informe de que se dispuña (o de 6 de xuño de 2022) que era o que se solicitaba nun dos múltiples escritos presentados. Sen prexuízo do anterior o dito informe foi remitido á entidade interesada na data da emisión do informe polo Concello. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, reclamación que debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que a notificación da resolución reclamada practicouse o 24 de novembro de 2022, segundo consta no informe remitido polo Concello, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 27 de febreiro de 2023, é dicir, fora do prazo previsto. Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de procedemento administrativo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017), ACORDO Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación O Cimborrio, con data 27 de Febreiro de 2023, contra a resolución da súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense sobre visita de control ou unha revisión no local denominado Boca do Lobo. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 92 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.