Archivada 25/04/2023 · 77 días en resolverse

Reclamación por falta de respuesta a solicitudes de acceso a la información pública y archivo por desistencia

El interesado reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia la falta de respuesta a solicitudes de acceso a la información dirigidas al Concello de Bande y a la Consellería de Cultura. Tras requerir al solicitante que identificara dichas solicitudes y no obtener respuesta, el organismo decidió archivar la reclamación por desistencia.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se fundamenta en el artículo 28 de la Ley 1/2016 de transparencia y buen gobierno de Galicia.
2 El procedimiento de reclamación se ajusta a la legislación de procedimiento administrativo común en materia de recursos, según el artículo 24 de la Ley 19/2013.
3 El artículo 68.1 de la Ley 39/2015 obliga a requerir al interesado para que subsane la falta de requisitos o acompañe documentos preceptivos en un plazo de diez días.
4 La falta de aportación de la documentación requerida para identificar las solicitudes originales conlleva el archivo de la reclamación por desistencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 18 de abril de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de abril de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de febreiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falla de contestación a unha solicitude de acceso á información ante o Concello de Bande e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Segundo. Con data do 6 de marzo de 2022, remitíuselle XXX un oficio no que, dado que no seu escrito de reclamación, non se identifica a solicitude/es de acceso á información presentadas sobre a/as que non obtivo resposta, requiríaselle para que identifique a/as solicitudes de acceso á información presentadas ante o Concello de Bande e ante a da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre as que non obtivo resposta, nun prazo de dez días, coa advertencia de que de non achegar a documentación requirida, teríaselle por desistido da petición, previa resolución ditada nos termos previstos na norma correspondente. Transcorrido o dito prazo, XXX non achegou documentación algunha. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Análise do expediente O artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece que se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos esixidos pola lexislación aplicable, requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21. De acordo co anterior, dado que o interesado non achegou en prazo a documentación que se lle requiriu, procede o arquivo da reclamación por desistencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 28 de setembro de 2018 (DOG nº 193 do 9 de outubro), a Presidenta da Comisión da Transparencia ACORDA Único: Arquivar, por inactividade XXX, a reclamación presentada por XXX con data do 17 de febreiro de 2023. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 49/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.