Estimada 25/04/2023 · 54 días en resolverse

Reclamación por acceso a la copia íntegra de la Relación de Postos de Traballo del Concello de Monforte de Lemos y la Unidade de Drogodependencias, resuelta con estimación

El solicitante pidió al Concello de Monforte de Lemos la copia íntegra de la Relación de Postos de Traballo (RPT). El Ayuntamiento remitió únicamente a la versión publicada en el portal de transparencia. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al Ayuntamiento a entregar el expediente completo y no solo el documento aprobado.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública implica recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
2 La solicitud de copia íntegra de la RPT debe entenderse como el acceso al expediente completo, incluyendo introducción, estructura organizativa, inventario y descripción de puestos, y no solo al documento final aprobado.
3 La remisión exclusiva a la información ya publicada en el portal de transparencia es insuficiente cuando se solicita la copia íntegra de un expediente administrativo.
4 La reclamación fue admitida por haber sido interpuesta dentro del plazo de un mes posterior a la notificación del acto impugnado.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 2 de marzo de 2023 de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de abril de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 2 de febreiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do Concello de Monforte de Lemos de data 9 de febreiro de 2023, pola que se resolve a súa solicitude de data 20 de xaneiro de 2023, pola que interesaba a remisión de copia íntegra da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monforte de Lemos e da Unidade de Drogodependencias, aprobada polo Pleno do Concello de Monforte de Lemos o día 26 de decembro de 2022. XXX indicaba que solicitou copia da RPT definitiva aprobada polo Pleno do Concello de Monforte de Lemos e o que se lle indica é que pode acceder a través do Portal de Transparencia da devandita institución a versión aprobada inicialmente, cando dita versión definitiva aprobada sufriu unha corrección de erros levada a Pleno o día 30 de xaneiro de 2023. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 7 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Monforte de Lemos para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 22 de marzo de 2023 o Concello de Monforte de Lemos contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que da solicitude déuselle traslado á Xunta de Goberno, que en data 30 de xaneiro de 2023, acordou comunicarlle ao solicitante que a obrigatoriedade é da publicación da RPT, e non da documentación complementaria, y que está publicada no portal de transparencia onde a poden consultar. O concello de Monforte de Lemos procedeu á publicación da RPT no Boletín oficial da provincia de data 30 de decembro de 2022 e con data do 4 de novembro de 2022 inseriuse no Portal de transparencia a RPT aprobada inicialmente. Indica que a RPT non foi modificada na aprobación definitiva. Vista a solicitude da Comisión da Transparencia, procedeuse á remisión ao reclamante da Relación de postos de traballo do Concello e da Relación de postos de traballo do Instituto municipal de Drogodependencias. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A resolución impugnada ditouse con data do 9 de febreiro de 2023 e o interesado presentou a reclamación ante esta Comisión con data do 2 de marzo de 2023, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso á copia íntegra da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monforte de Lemos e da Unidade de Drogodependencias, e na resolución da súa solicitude, unicamente se lle indica que pode acceder a través do Portal de Transparencia do Concello á versión aprobada inicialmente. Como consecuencia da solicitude de informe ao Concello por esta Comisión, o Concello remite a Relación de postos de traballo do Concello, na que indica que non sufriu modificacións respecto da aprobada inicialmente, e a do Instituto municipal de Drogodependencias. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso, debe entenderse que se solicitou copia do expediente completo da Relación de Postos de Traballo, e non se lle remitiu toda a documentación que figura nel e que o Concello enumera no seu informe (Introdución, estrutura organizativa, Inventario dos postos de traballo, descrición dos postos de traballo, manual valoración dos complementos dos postos de traballo, valoración dos postos de traballo, documento final RPT persoal laboral), senón unicamente o documento de RPT aprobado e que figura na páxina web do Concello. De acordo co anterior, debe proporcionarse XXX a copia completa do expediente tramitado para a aprobación da Relación de Postos de Traballo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 2 de marzo de 2023, contra a Resolución do Concello de Monforte de Lemos de data 9 de febreiro de 2023, pola que se resolve a súa solicitude de data 20 de xaneiro de 2023, pola que interesaba a remisión de copia íntegra da Relación de Postos de Traballo do Concello de Monforte de Lemos e da Unidade de Drogodependencias Segundo: Instar ao Concello de Monforte de Lemos a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Monforte de Lemos a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.