Estimada 25/04/2023 · 54 días en resolverse

Reclamación de acceso a expediente de liquidación del Impuesto sobre Transmisiones Patrimoniales y Actos Jurídicos Documentados estimada por la Comisión da Transparencia

Se solicitó a la Agencia Tributaria de Galicia copia anonimizada de un expediente de liquidación del Impuesto sobre Transmisiones Patrimoniales. La Administración denegó el acceso por silencio administrativo alegando la reserva de datos tributarios. La Comisión da Transparencia estima la reclamación al considerar que la normativa tributaria no prevalece sobre la ley de transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 El Tribunal Supremo (Sentencia 822/2021) establece que no existe una regulación específica y exhaustiva del acceso a la información tributaria que excluya la aplicación de la Ley 19/2013.
2 Los artículos 95 y 95 bis de la Ley General Tributaria no contienen una reserva absoluta de los datos tributarios frente al derecho de acceso a la información pública.
3 La Administración debe ponderar razonablemente si la reserva de datos tributarios cede ante el derecho de acceso, evaluando si la información es necesaria para que los ciudadanos hagan valer sus derechos.
4 Al poder afectar el acceso a derechos de terceros, es preceptivo abrir un trámite de audiencia específica según el artículo 19 de la Ley 19/2013 antes de resolver.
5 La Comisión insta a la Agencia Tributaria a dictar una resolución expresa respetando los límites legales de acceso y confidencialidad.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vistas ás reclamacións presentadas por XXX, mediante escrito do 2 de marzo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de abril de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, presentou, con data do 2 de marzo de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Delegación da Axencia Tributaria de Galicia en Pontevedra con data 9 de xaneiro de 2023, na que solicitaba que se lle facilitase copia completa e anonimizada, dos documentos que obran no expediente instruído con respecto á solicitude de liquidación do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados XXX. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data 8 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Axencia Tributaria de Galicia para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de abril de 2023. Terceiro. Con data do 13 de abril de 2023 a Axencia Tributaria de Galicia contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que de conformidade coa disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013, a información en materia tributaria ten un réxime específico de acceso pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que establece expresamente o carácter reservado dos datos con transcendencia tributaria e contén unha lista concreta dos casos nos que a cesión de datos pode producirse. En base ao establecido no artigo 34 da mesma Lei, os datos, informes ou antecedentes obtidos pola Administración Tributaria, so poderán ser utilizados para a aplicación dos tributos ou recursos cuxa xestión teña encomendada e para a imposición de sancións, sen que poidan ser cedidos ou comunicados a terceiros salvo nos supostos establecidos por Lei. En base ao anterior, considera que non existe un dereito de acceso xeneralizado pola cidadanía á información tributaria ao tratarse de información reservada a suxeita a un réxime específico. No presente caso XXX é un terceiro alleo á relación xurídico-tributaria e non se atopa en ningún dos supostos que amparan a cesión ou copia de datos de acordo co artigo 95 citado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Axencia Tributaria de Galicia non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso á copia completa e anonimizada, dos documentos que obran no expediente instruído con respecto á solicitude de liquidación do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados XXX, sen obter resposta. A Axencia Tributaria de Galicia considera no seu informe que a información tributaria ten un réxime específico de acceso que debe rexerse polo disposto na Lei Xeral Tributaria que establece expresamente o carácter reservado dos datos con transcendencia tributaria e contén unha lista concreta dos casos nos que a cesión de datos pode producirse, entre os que non está a presente solicitude, polo que considera que non existe un dereito de acceso xeneralizado pola cidadanía á información tributaria e en concreto neste caso XXX é un terceiro alleo á relación xurídico-tributaria, e por tanto, non procede o seu acceso. A Lei 19/2013 recoñece no seu artigo 12 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendendo por tal, segundo dispón no artigo 13, os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que figuren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación deste título e que haxan sido elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións. Deste xeito, a Lei 19/2013 delimita o ámbito material do dereito a partir dun concepto amplo de información, que abarca tanto documentos como contidos específicos e esténdese a todo tipo de formato ou soporte. Ao mesmo tempo, acouta o seu alcance, esixindo a concorrencia de dous requisitos que determinan a natureza pública das informacións, que son que se atopen en poder dalgún dos suxeitos obrigados pola Lei, e que fosen elaborados ou obtidos no exercicio das súas funcións. Cando se dan estes presupostos, o órgano competente debe conceder o acceso á información solicitada, agás que xustifique de maneira clara e suficiente a concorrencia dunha causa de inadmisión (artigo 18 da Lei 19/2013) ou dalgún límite legal (artigo 14 da Lei 19/2013). No presente caso a Administración, que non resolveu expresamente sobre a solicitude, considera que non procede o acceso, alegando que o acceso á información en materia tributaria réxese pola súa normativa específica, Lei 58/2003, que no seu artigo 95 establece o carácter reservado dos datos con transcendencia tributaria. En relación con esta argumentación débese lembrar que o acceso á información tributaria, en contra do manifestado pola Administración, non se rexe pola súa normativa específica, segundo ditaminou o Tribunal Supremo, na súa Sentenza 822/2021, do 24 de febreiro de 2021, que establece que non cabe concluír que exista unha regulación específica propia e exhaustiva do sistema de acceso á información por parte dos cidadáns neste ámbito, polo que non procede a aplicación do parágrafo segundo da disposición adicional primeira da Lei 19/2013, debendo aplicarse a norma básica en materia de acceso á información pública, é dicir, a citada Lei 19/2013. Dado que segundo afirma a referida sentenza, os artigos 95 e 95 bis da LXT, como consecuencia da entrada en vigor da Lei 19/2013, non conteñen unha reserva absoluta dos datos tributarios, deben identificarse polo órgano que debe resolver, neste caso a Axencia Tributaria de Galicia, as circunstancias que concorren no presente caso, ponderando razoablemente se a reserva dos datos con relevancia tributaria, debe ou non ceder ante o exercicio do dereito de acceso á información pública, en concreto se os datos tributarios solicitados son necesarios para que os cidadáns poidan facer valer os seus dereitos ou para que poidan estar informados da actuación pública, aplicando, se procede, os límites previstos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013. Dado que no presente caso o acceso á información solicitada pode afectar os dereitos de terceiros, procede, de acordo co artigo 19 da Lei 19/2013 a apertura dun trámite de audiencia específica co fin de que o órgano que ha de resolver poida coñecer as alegacións dos afectados e realizar a oportuna ponderación entre os dereitos e intereses concorrentes. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 2 de marzo de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Delegación da Axencia Tributaria de Galicia en Pontevedra con data 9 de xaneiro de 2023, de acceso á copia completa e anonimizada, dos documentos que obran no expediente instruído con respecto á solicitude de liquidación do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados XXX. Segundo: Instar á Axencia Tributaria de Galicia a que, tras a finalización do trámite de audiencia, no prazo máximo de 10 días hábiles, dite resolución expresa sobre a solicitude, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Axencia Tributaria de Galicia a que tras ditar resolución, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da mesma. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.