El solicitante pidió a la Xunta de Galicia el informe de valoración para la sede de la AESIA en Galicia y documentos del NODO Galicia. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al considerar que es información pública y ordena a la AMTEGA responder al interesado en 10 días hábiles.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada se considera información pública al ser documentos elaborados o adquiridos en el ejercicio de funciones públicas.
2
Se admite la reclamación por presentada en plazo, ya que contra resoluciones presuntas (silencio administrativo) los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
3
La AMTEGA incurrió en una falta de colaboración al no remitir el expediente ni el informe solicitado por la Comisión da Transparencia, incumpliendo el artículo 35 de la Ley 1/2016.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
5
La administración debe resolver el acceso respetando los límites de protección de datos personales y examinando si prevalece el interés público sobre el privado.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 6 de marzo de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de abril de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 6 de
marzo de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación con data 27 de
xaneiro de 2023, de acceso a copia do informe de valoración da situación da sede da Axencia
Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) en Galicia, incluíndo os valores de todos
os indicadores das tres localidades que manifestaron o seu interese para acoller a sede da
AESIA, no marco da candidatura promovida polo Nodo Galego de Intelixencia Artificial (NODO
Galicia) e, no seu caso, de calquera outro documento elaborado polo NODO Galicia neste
proceso de selección encargado pola Xunta de Galicia.
XXX indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada na que consta a súa sinatura
dixital.
Segundo. Con data do 10 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
A Vicepresidencia remite oficio con data do 13 de marzo de 2023, no co que devolve a
solicitude, por non ser competencia da Vicepresidencia Primeira, senón da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) .
Con data do 13 de marzo de 2023, dáse traslado da documentación achegada polo reclamante
á AMTEGA para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegue informe e
copia completa e ordenada do expediente, sen que pola dita Axencia se remitise copia do
expediente e informe sobre a reclamación presentada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) non resolveu a solicitude
de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou acceso ao informe de valoración da situación da sede da Axencia Estatal de
Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) en Galicia e calquera outro documento elaborado
polo Nodo Galego de Intelixencia Artificial (NODO Galicia) nese proceso de selección, sen
obter resposta.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse á AMTEGA a achega do seu criterio respecto da
solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente
que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus
argumentos.
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
De acordo co anterior, débese entender que a información solicitada é información pública,
polo que debe a Axencia resolver expresamente sobre o acceso, dando audiencia se procede
aos terceiros que podan resultar afectados pola resolución que se dite, de conformidade co
disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, e examinando previamente se a información solicitada
esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en cuxo caso deberá, de
forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os
contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos
(artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista,
se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera
caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
A AMTEGA non resolveu a solicitude de acceso á información XXX, polo que debe lembrárselle
que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da
obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da
aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa
reguladora.
Así mesmo, a AMTEGA non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta Comisión,
polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga
de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas
funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 6 de marzo de 2023, contra
a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría
Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
con data 27 de xaneiro de 2023, de acceso a copia do informe de valoración da situación da
sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) en Galicia, incluíndo os
valores de todos os indicadores das tres localidades que manifestaron o seu interese para
acoller a sede da AESIA, no marco da candidatura promovida polo Nodo Galego de Intelixencia
Artificial (NODO Galicia) e, no seu caso, de calquera outro documento elaborado polo NODO
Galicia neste proceso de selección encargado pola Xunta de Galicia.
Segundo: Instar á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a que, no
prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada,
respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da
mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a que, no
prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao
reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.