Estimada 25/04/2023 · 50 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso a un informe relativo a las necesidades del AVE en Galicia, resuelta estimando la solicitud por motivos formales

El solicitante pidió a la Secretaría Xeral Técnica da Presidencia copia de un informe sobre las necesidades del AVE en ciudades gallegas. Tras no obtener respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó entregando la información tras la interposición del recurso.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, según el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG y la Ley 39/2015, los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento.
2 Se confirma que la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no resolvió la solicitud de acceso dentro del plazo legal establecido.
3 La administración procedió a la entrega de la información solicitada con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
4 La Comisión estima la reclamación por motivos formales debido a que la resolución expresa y la entrega de datos fueron posteriores al inicio del procedimiento de reclamación.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 6 de marzo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de abril de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 6 de marzo de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Presidencia con data 27 de xaneiro de 2023, de acceso a copia do informe sobre as necesidades relacionadas coa chegada do AVE ás cidades galegas, unha vez que está operativo en Ourense desde decembro de 2021, mencionado na referencia do Consello da Xunta celebrado o 26 de xaneiro de 2023 e que foi avaliado por esa mesma sesión deste órgano colexiado da Xunta. XXX indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada na que consta a súa sinatura dixital. Segundo. Con data do 10 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A Secretaría Xeral da Presidencia remitiu oficio con data do 13 de marzo de 2023, no que comunica que a solicitude de informe e copia do expediente foi remitida á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade por ser da súa competencia. Terceiro.- Con data do 20 de abril de 2023, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade remitiu informe no que comunica que unha vez analizada a solicitude, procedeuse á entrega da información solicitada para subministrarlle os datos dos que dispoñen relacionados coa petición. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade non resolveu a solicitude de acceso dentro do prazo que establece a Lei, senón unha vez que o interesado tiña presentada a reclamación, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso á copia do informe sobre as necesidades relacionadas coa chegada do AVE ás cidades galegas, unha vez que está operativo en Ourense desde decembro de 2021, mencionado na referencia do Consello da Xunta celebrado o 26 de xaneiro de 2023 e que foi avaliado por esa mesma sesión deste órgano colexiado da Xunta, sen obter resposta. A Consellería, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou resolución expresa que notificou XXX con posterioridade a que este presentara reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX con data do 6 de marzo de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral Técnica da Presidencia con data 27 de xaneiro de 2023, de acceso a copia do informe sobre as necesidades relacionadas coa chegada do AVE ás cidades galegas, unha vez que está operativo en Ourense desde decembro de 2021, mencionado na referencia do Consello da Xunta celebrado o 26 de xaneiro de 2023 e que foi avaliado por esa mesma sesión deste órgano colexiado da Xunta. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.