El interesado solicitó a la Consellería de Facenda e Administración Pública las actas de un tribunal selectivo de biología. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando a entregar la información al considerar que las actas de tribunales públicos son información pública y no documentos internos.
Puntos clave de la argumentación
1
No es aplicable la normativa de procedimiento administrativo común cuando el proceso selectivo ya ha concluido, debiendo regirse la solicitud por la normativa general de transparencia.
2
Los tribunales de selección son órganos administrativos técnicos cuya actividad debe someterse al escrutinio público para controlar la discrecionalidad técnica en el acceso al empleo público.
3
La documentación interna o auxiliar solo puede denegarse mediante resolución motivada que justifique que el contenido consiste en opiniones personales o borradores, no bastando con la mera denominación del documento.
4
Las actas de los tribunales cualificadores tienen la finalidad básica de transparencia para dejar constancia de los acuerdos y deliberaciones, siendo por ello información pública.
5
La denegación basada en que las bases de la convocatoria no preveían el acceso a las actas no es válida frente al derecho de acceso a la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 8 de marzo de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de abril de 2023, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 8 de
marzo de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Facenda e
Administración Pública con data 7 de febreiro de 2023, na que interesaba copia íntegra da
totalidade das actas das sesións do tribunal que cualificou o proceso selectivo para o ingreso,
pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de
ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, dende a súa constitución ata a actualidade.
XXX en resumo indica que transcorreu o prazo establecido na normativa de Transparencia sen
que se tivese ditada resolución á súa solicitude.
Segundo. Con data do 10 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
Terceiro. Con data do 31 de marzo de 2023 a Consellería de Facenda e Administración Pública
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que este asunto xa foi resolto no expediente RSCTG
63/2022 da Comisión de Transparencia a instancias do interesado no que se acordou inadmitir
a solicitude e considera que os argumentos deben ser os mesmos, dado que é de aplicación a
disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013, que establece que a normativa específica
reguladora do acceso á información, será a que terá que aplicarse a aqueles que teñan a
condición de interesados nun procedemento administrativo en curso.
XXX solicitou que se lle dea acceso á copia íntegra da totalidade das actas das sesións do
tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, nomeado mediante
Resolución do 19 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, dende a súa
constitución ata a actualidade.
Indica o informe que os acordos, ditames, informes, son documentos internos de traballo e as
bases da convocatoria do proceso selectivo, recollidas na Orde do 22 de novembro de 2019,
son a lei do proceso selectivo e, polo tanto, constitúen xunto co resto da normativa de
aplicación, o íter ao que se axustará o tribunal de selección en todas as súas actuacións, e non
recolle a previsión de que os aspirantes deban ter acceso á documentación interna do tribunal
cualificador.
Indica que nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección,
de 11 de abril de 2007, no seu artigo 70.1 dispón que por parte dos tribunais de selección
adoptaranse aquelas medidas que se consideren necesarias para fomentar a transparencia
das súas actuacións, entre as que están a de facilitar aos/ás opositores/as os enunciados dos
exercicios escritos, nos exercicios que consistan nun cuestionario de respostas alternativas,
publicaranse, xunto coas cualificacións dos/as aspirantes, tanto o cadro corrector do exercicio
como o nivel mínimo esixido para a súa superación e nos supostos en que os/as aspirantes
formulen reclamación na que amosen a súa desconformidade coa cualificación outorgada,
cando se trate de exames realizados por escrito o tribunal, xunto coa contestación que
elabore, remitirá unha copia do exercicio efectuado polo/a interesado/a.
Entre estas medidas non se atopa, en ningún caso, a entrega de copia das actas e dos
documentos internos de traballo do propio tribunal xa que, como o seu propio nome indica,
tratase de documentos internos e respecto de este tipo de documentos unicamente se poderá
expedir certificación sobre o seu contido, e iso de conformidade ao artigo 17.7 da Lei 40/2015,
do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, polo que considera que non se pode
acceder á solicitude formulada a este respecto polo interesado, e non se lle proporcionará
copia dos documentos internos e de traballo do Tribunal cualificador do proceso selectivo.
XXX solicita ademais a copia das consultas formuladas, consultas recibidas, ou respostas a esas
consultas emitidas polo tribunal, que non é posible darlle acceso, xa que se trata de
documentos que afectan a outros interesados no procedemento.
O dereito dos interesados nos procedementos administrativos a obter copia dos documentos
contidos neles non é absoluto, senón que está suxeito a límites, como ocorre neste caso, xa
que se están a solicitar documentos doutros interesados, de xeito que se está entrando en
conflito co dereito á intimidade e a protección dos datos dos restantes participantes no
proceso selectivo.
Polo que se refire ao acceso á folla de cálculo que conteña en cada cela o número total de
persoas aspirantes (frecuencias absolutas) da quenda de acceso libre que marcaron cada unha
das respostas alternativas para cada unha das 189 preguntas do seu primeiro exercicio da fase
de oposición, configúrase, ao igual que as actas do tribunal, como un documento interno de
traballo, polo que considera que resultan aplicables os mesmos argumentos previstos no
fundamento de dereito terceiro de presente resolución.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Dirección Xeral de Función Pública non resolveu a solicitude de acceso á información
expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX presentou, con data do 7 de febreiro de 2023, unha solicitude de acceso á copia das actas
das sesións do tribunal que cualificou un proceso selectivo, sen obter resolución expresa pola
Dirección Xeral de Función Pública.
No informe emitido pola dita Dirección Xeral, alégase en primeiro lugar que esta solicitude xa
foi resolta pola Comisión da Transparencia no expediente RSCTG 63/2022, no que se acordou
inadmitir a solicitude por aplicación da disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013, ao
tratarse dunha solicitude presentada por un interesado nun expediente administrativo en
curso. Este argumento non pode ser aceptado, porque no expediente RSCTG 63/2022, o
reclamante tiña a condición de interesado nun procedemento administrativo en curso, e no
presente expediente, o reclamante ten a condición de interesado, pero no momento que
presentou a súa solicitude de acceso ás actas (7 de febreiro de 2023), o procedemento xa non
estaba en curso, senón que estaba concluído por Resolución do 10 de novembro de 2022 (DOG
nº 221 do 21 de novembro de 2022), do tribunal cualificador, pola que se fai pública a relación
de aspirantes que superaron o proceso selectivo. Ao non cumprirse o requisito de que o
procedemento se atope en curso, non procede a aplicación da citada disposición adicional,
sendo por tanto de aplicación a normativa xeral de transparencia e non a correspondente ao
procedemento de selección, debendo por tanto admitirse a reclamación, sendo a Comisión
da Transparencia competente para resolver a reclamación.
O acceso á información solicitada, as actas do tribunal, considera o informe da Dirección Xeral,
que son documentos internos e que as bases da convocatoria do proceso selectivo, que son a
lei do procedemento, xunto co resto da normativa de aplicación, non recollen a previsión de
que os aspirantes deban ter acceso á dita documentación que considera que é documentación
interna do tribunal.
Débese ter en conta que dado que o procedemento selectivo está finalizado, ademais da
convocatoria do dito proceso e as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos
tribunais de selección, é de aplicación no referente ao acceso á documentación do proceso, a
normativa de Transparencia.
Os tribunais de selección de empregados públicos son órganos administrativos de carácter
técnico e en consecuencia, a información que se atope no seu poder é información pública, a
teor do disposto polo artigo 24 da Lei 1/2016. O carácter técnico destes órganos non debilita
a súa natureza administrativa, nin os exclúe de formar parte da Administración pública. A
referencia legal ao seu funcionamento segundo criterios de discrecionalidade técnica reforza
a necesidade de someter a súa actividade e as súas decisións ao escrutinio público, pois para
o necesario control desta discrecionalidade (obrigado en toda sociedade democrática,
especialmente en relación cun asunto tan sensible como é o acceso aos empregos públicos) e
para acreditar o seu exercicio obxectivo e ponderado, resultan singularmente esixibles a
existencia e o acceso á información que usan estes órganos para tomar as súas decisións, e
máis se serve para obxectivalas.
Para a aplicación da causa de inadmisión establecida no artigo 18.1.b) da Lei 19/2013, referida
a información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contida en notas, borradores,
opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades
administrativas, debe realizarse conforme ao Criterio Interpretativo Cl/006/2015, do 12 de
novembro, fixado polo Consejo de Transparencia, que a aplicación das causas de inadmisión,
ao ter como consecuencia inmediata a finalización do procedemento, haberán de operar, en
todo caso, mediante resolución motivada.
O carácter auxiliar ou de apoio ou a documentación que se poida considerar como
documentación interna do tribunal, ven determinado non pola denominación que lle dea o
órgano que elabora a información, senón porque conteña opinións ou valoracións persoais do
autor que non manifesten a posición dun órgano ou entidade, que se trate dun texto
preliminar ou borrador sen a consideración de final, de información preparatoria da actividade
do órgano sen a consideración de final, de comunicacións internas que non constitúan
trámites dun procedemento ou informes non preceptivos e que non sexan incorporados como
motivación dunha decisión final.
Debe terse en conta que a motivación que esixe a Lei 19/2013, para que operen as causas de
inadmisión teñen a finalidade de evitar que se denegue información que teña relevancia na
tramitación do expediente ou na conformación da vontade pública do órgano, é dicir, que
sexa relevante para a rendición de contas, o coñecemento da toma de decisións públicas, e a
súa aplicación. Estas en ningún caso terán a condición de informacións de carácter auxiliar, de
apoio ou documentación de carácter interno.
Nos procesos de selección de persoal ao servizo do sector público, na medida que deben servir
para seleccionar aos mellores candidatos, consonte os principios constitucionais de igualdade,
mérito e capacidade, están presididos durante a súa tramitación polos principios de
publicidade e transparencia. En concreto, as actas dos tribunais cualificadores deben ser
elaboradas, precisamente, por unha finalidade básica de transparencia, para que quede
constancia do acordado e poidan ser coñecidos por terceiros (interesados ou cidadáns en
xeral) os aspectos básicos da reunión correspondente, os puntos principais das deliberacións
e os acordos adoptados. Por tanto, toda a información que figura en poder dun tribunal
cualificador dun proceso selectivo para cubrir unha praza de empregado público, é
información pública para os efectos da lexislación de transparencia e, polo tanto, pode ser
obxecto de solicitude de acceso á información en exercicio do dereito recoñecido pola dita
normativa, agás que sexa de aplicación algún dos concretos límites previstos na mesma.
No presente caso, non se motiva no informe emitido o carácter interno da información, nin se
alega ou motiva a existencia de límite algún dos establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei
19/2013, sen que sexa xustificación para a súa denegación, que nin nas bases da convocatoria
do proceso nin nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de
selección, se estableza a posibilidade de acceder ás actas.
Respecto do acceso á copia das consultas formuladas, consultas recibidas, ou respostas a esas
consultas emitidas polo tribunal, e á folla de cálculo que conteña as respostas marcadas, non
procede o análise da procedencia do acceso á dita documentación, xa que non foron obxecto
de solicitude na petición presentada polo interesado o 7 de febreiro de 2023 (que si o foron
en solicitudes anteriores), e por tanto non son obxecto desta reclamación.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 7 de Febreiro de 2023,
contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a
Consellería de Facenda e Administración Pública de acceso á copia das actas das sesións do
tribunal que cualificou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala
de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Segundo: Instar á Consellería de Facenda e Administración Pública, a que, no prazo máximo
de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando
os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei,
no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Facenda e Administración Pública a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.