Inadmitida 25/04/2023 · 43 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por extemporaneidad sobre solicitud de licencia de actividad al Concello de Ourense

La Asociación O Cimborrio solicitó al Concello de Ourense la licencia de actividad del pub Aqua. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación debido a que ya existía una resolución expresa notificada al solicitante antes de la interposición del recurso.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se interpuso contra una presunta desestimación por silencio administrativo, omitiendo que el Concello ya había emitido una respuesta expresa el 30 de enero de 2023.
2 El recurrente recibió la notificación de la administración el 1 de febrero de 2023, rompiendo así la situación de silencio administrativo.
3 El plazo para interponer la reclamación es de un mes desde la notificación del acto impugnado o desde que se produzcan los efectos del silencio administrativo.
4 La reclamación presentada el 13 de marzo de 2023 resulta extemporánea al haber transcurrido el plazo legal desde la recepción de la resolución expresa.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da Asociación O Cimborrio, mediante escrito do 13 de marzo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de abril de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, en representación da Asociación O Cimborrio presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 13 de marzo de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data 16 de novembro de 2022 na que interesaba se lle remitise copia da licenza de actividade do pub denominado Aqua, sito na rúa Pena Corneira, 6 baixo. XXX indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI, acta fundacional da Asociación. Segundo. Con data do 15 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Ourense para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 24 de marzo de 2023 o Concello de Ourense contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data 30 de xaneiro de 2023 a Xefatura do Servizo de Licenzas Urbanísticas, de Actividade e Apertura e Disciplina Urbanística emitiu notificación á entidade solicitante, na que se lle comunicaba que podía obter a información solicitada, previa cita nas oficinas do servizo, notificación que foi recibida pola entidade interesada o día 1 de febreiro de 2023. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. No presente caso, o 13 de marzo de 2023, data na que se presentou a reclamación contra a desestimación por silencio administrativo, xa se tiña ditada resolución expresa polo Concello e xa estaba recibida a mesma pola entidade reclamante o 1 de febreiro de 2023, polo que procede a inadmisión da reclamación por carecer o recurso manifestamente de fundamento. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada pola Asociación O Cimborrio contra desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data 16 de novembro de 2022 na que interesaba se lle remitise copia da licenza de actividade do pub denominado Aqua. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 92 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.