Estimada 25/04/2023 · 41 días en resolverse

Reclamación por acceso parcial a expediente administrativo sobre un ramal de calle en el Concello de Vigo y resolución de la Comisión da Transparencia de Galicia

Una ciudadana solicitó al Concello de Vigo el acceso íntegro a un expediente administrativo sobre un ramal de calle. Tras una denegación por silencio y una posterior concesión de acceso parcial, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena el acceso total al expediente, previa anonimización de datos personales.

Puntos clave de la argumentación

1 El acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición, basándose en la configuración amplia de este derecho en la normativa estatal y autonómica.
2 La denegación parcial de acceso basada en la protección de datos personales requiere una ponderación razonada entre el interés público de la divulgación y los derechos de los afectados.
3 No se considera justificado el acceso parcial cuando no se acredita la existencia de datos especialmente protegidos ni se justifica la imposibilidad de disociar los datos personales para permitir el acceso.
4 Es legítimo que la Administración conceda el acceso en modalidad presencial en lugar de electrónica cuando, debido a la antigüedad del expediente, este no se encuentre digitalizado.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 15 de marzo de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de abril de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 15 de marzo de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Vigo con data 21 de xaneiro de 2023, de acceso ao contido íntegro do expediente administrativo XXX, relativo a un ramal da rúa XXX. XXX indicaba que solicitou acceso a un expediente administrativo tramitado polo Concello en relación a un suposto ramal da Rúa XXX lindeira coa súa propiedade a fin de poder realizar alegacións respecto do novo inventario municipal de bens aprobado no Pleno municipal do 25 de xaneiro de 2023, ao que non se lle deu contestación. Segundo. Con data do 20 de marzo de 2023 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 28 de marzo de 2023 o Concello de Vigo contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que solicitouse informe ao Servizo de Patrimonio que o emitiu con data do 27 de febreiro de 2023, no que comunicou que deuse traslado da solicitude á promotora do expediente administrativo XXX, dado que o acceso podería afectar aos seus dereitos ou intereses lexítimos. A promotora do expediente presentou escrito no que se opón á concesión do acceso dado que constan os seus datos persoais e podería afectar aos seus dereitos. Con data do 15 de marzo de 2023 e de acordo co informe emitido polo Servizo de Patrimonio, resolvese permitir o acceso parcial, tendo en conta que o expediente refírese á rectificación do Inventario municipal de bens e dereitos no que acordouse a baixa do tramo final dunha vía municipal, polo que o acceso limitarase á documentación publica que consta no mesmo con exclusión daquela outra referente á interesada, e dada a antigüidade do expediente administrativo, ao non atoparse dixitalizado, concédese o acceso presencial na oficina do Servizo de Patrimonio. Cuarto.- Con data do 28 de marzo de 2023, XXX presenta escrito no que comunica que se lle notificou resolución expresa por parte do Concello e en canto ao acceso parcial do expediente, considera que na resolución de acceso non se xustifican que dereitos da promotora do mesmo veríanse afectados polo acceso á documentación achegada pola mesma e que se refire á titularidade do que o Concello de Vigo cualificaba como un ramal da Rúa XXX, e que discorre polo linde sur da propiedade da reclamante, polo que solicita que se dite resolución na que se ordene ao Concello de Vigo a poñer ao dispor da reclamante o contido íntegro do expediente administrativo solicitado, sen prexuízo da anonimización dos datos de carácter persoal que estimen oportuno. A reclamante fai ademais unha serie de consideracións sobre o contido do novo inventario de bens municipais que son alleas ao dereito de acceso ao expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. O Concello de Vigo resolveu a solicitude de acceso á información con data do 15 de marzo de 2023, na mesma data na que a interesada presentou a reclamación, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou ao Concello, acceso a un expediente administrativo no que o Concello, previa audiencia á persoa promotora do mesmo, acordou conceder o acceso parcial ao mesmo, limitándoo á documentación pública que consta no mesmo con exclusión daquela outra referente á interesada. No relativo á protección de datos de carácter persoal, o artigo 15 da Lei 19/2013, establece que se a información solicitada contén datos persoais cuxo acceso unicamente pode autorizarse se consta consentimento expreso e por escrito da persoa afectada (información que revele ideoloxía, afiliación sindical, relixión ou crenzas), consentimento expreso (se fan referencia á orixe racial, á saúde ou á vida sexual, datos xenéticos ou biométricos ou datos relativos á comisión de infraccións penais ou administrativas), e nos casos nos que a información solicitada non contivese datos especialmente protexidos, concederase o acceso previa ponderación suficientemente razoada do interese público na divulgación e os dereitos dos afectados, en particular o seu dereito fundamental á protección de datos de carácter persoal, debéndose conceder o acceso se previamente se efectúa a disociación dos datos de carácter persoal de modo que se impida a identificación das persoas afectadas. No presente caso, non se indica a existencia de datos especialmente protexidos, e como indica a reclamante, non se xustifican que dereitos da promotora do expediente veríanse afectados polo acceso ao mesmo, que se refire á titularidade dunha franxa dun ramal. Non consta na resolución nin na documentación remitida polo Concello, ponderación algunha entre o interese público na divulgación da información solicitada e os dereitos da persoa afectada, nin se xustifica de xeito algún, que non se poidan disociar os datos de carácter persoal que figuren no expediente para conceder o acceso. De acordo co anterior, non se considera xustificado o aceso parcial concedido, debendo concederse o acceso á totalidade do expediente, previa disociación dos datos de carácter persoal existentes no mesmo. Respecto do acceso á información nunha modalidade distinta á solicitada, neste caso considérase que o acceso en modalidade presencial en vez de a través de acceso electrónico, é conforme co establecido no artigo 20.2 da Lei 19/2013, ao non contar o Concello, dada a súa antigüidade, co expediente solicitado en formato dixital. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 15 de marzo de 2023, contra a desestimación inicial por silencio administrativo e a posterior resolución do 15 de marzo de 2023 do Concello de Vigo, pola que se lle concede acceso parcial ao expediente administrativo XXX. Segundo: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á interesada de acordo co fundamento xurídico quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.